Francisco Paz Fornos
Francisco Paz Fornos | |
---|---|
Alcume | Paco |
Nacemento | 1916 |
Lugar de nacemento | Laraxe |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Paz Fornos, coñecido como Paco, nado en Laraxe (Cabanas) cara a 1916, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Francisco Paz e Manuela Fornos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1943.[1] Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 procesado na causa 546/48 xunto con José María Castelo Mosquera, Manuel Ramiro Souto e Emilio Pérez Vilariño.[2][3] Volveu ser reclamado polo xuíz militar da Coruña en xullo de 1949 encartado na causa 201/49 xunto con Francisco Martínez Leira.[4]; e polo de Ferrol en setembro de 1949 encartado na causa 190/49 por atraco a man armada en Monfero o 31 de maio dese ano xunto con Adolfo Allegue Allegue e Francisco Martínez Leira.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOE, 22-2-1943, p. 703.
- ↑ La Noche, 17-11-1948, p. 3.
- ↑ Faro de Vigo, 19-11-1948, p. 4.
- ↑ La Voz de Galicia, 16-11-1949, p. 2.
- ↑ BOE, 2-9-1949, p. 1863.