O Berbés, Vigo, Vigo
O Berbés | |
---|---|
Rúa da Ribeira do Berbés | |
Parroquia | Vigo |
Concello | Vigo |
Coordenadas | 42°14′14″N 8°43′40″O / 42.2371147, -8.7277782 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Berbés, eclesiasticamente San Francisco do Berbés ou San Francisco de Asís de Vigo[1], é un barrio urbano da cidade de Vigo, no concello de Vigo, na comarca homónima.
Historia
[editar | editar a fonte]É un dos barrios históricos de Vigo. Foi un dos primeiros núcleos do poboamento medieval de Vigo. No século XII documéntase aquí o porto de San Xián. Cando se fortificou a vila, quedou extramuros. A finais do século XV a poboación que se asentaba nel era escasa. Dende entón vai medrando e estendéndose ao longo do litoral. No século XVII acada o outro extremo da praia, xustamente onde se atopaba o convento de San Francisco[2].
Dado que estaba fóra das murallas, a súa defensa realizábase mediante dous baluartes, o do Berbés (na porta da Ribeira) e mais o de San Xián ou das Redes[2].
Tamén era chamado A Ribeira. A súa historia está vinculada á pesca, xa que se ergueu ás beiras da ría de Vigo. Componse de rúas estreitas e empinadas. A súa fachada marítima, conformada por soportais, é un dos seus emblemas. Antigamente servía como lugar auxiliar ás tarefas dos mariñeiros, das atadeiras e das peixeiras. Ergueuse tamén nas súas inmediacións o mercado da Laxe[3].
Nas primeiras décadas do século XX constrúense ensanches e espigóns[3].
En 1921 creouse a parroquia eclesiástica de San Francisco do Berbés, situada na actual rúa de Santa Marta. Tamén integra a capela do convento de San Francisco e mais a igrexa de San Clemente María Hofbauer[4].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Barrios da cidade de Vigo
[editar | editar a fonte]Barrios da cidade de Vigo no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Balaídos | O Berbés | Beiramar | O Calvario | Os Caños | Casabranca | O Chouso | A Dobrada | Os Esturáns | A Espedrigada | O Espiñeiro | Ferrería | Figueirido | Os Foxos | A Guía | Guixar | Maceiras | A Oliveira | Peniche | Pousafoles | Quintela | O Resío | A Rola | Santa Trega | Seara | O Toural | As Travesas |
Parroquias de Vigo
[editar | editar a fonte]Notas
- ↑ "San Francisco de Asís". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-09.
- ↑ 2,0 2,1 "O Berbés, construído sobre unha praia, quedará fora das murallas - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ 3,0 3,1 "Barrio do Berbés - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-09-09.
- ↑ "San Francisco de Asís de Vigo". Galiciana. Consultado o 10/09/2023.