Saltar ao contido

O Berbés, Vigo, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Berbés

Rúa da Ribeira do Berbés
ParroquiaVigo
ConcelloVigo
Coordenadas42°14′14″N 8°43′40″O / 42.2371147, -8.7277782
editar datos en Wikidata ]
Fonte da Ribeira do Berbés, Vigo. Hauser y Menet, 1925.

O Berbés, eclesiasticamente San Francisco do Berbés ou San Francisco de Asís de Vigo[1], é un barrio urbano da cidade de Vigo, no concello de Vigo, na comarca homónima.

É un dos barrios históricos de Vigo. Foi un dos primeiros núcleos do poboamento medieval de Vigo. No século XII documéntase aquí o porto de San Xián. Cando se fortificou a vila, quedou extramuros. A finais do século XV a poboación que se asentaba nel era escasa. Dende entón vai medrando e estendéndose ao longo do litoral. No século XVII acada o outro extremo da praia, xustamente onde se atopaba o convento de San Francisco[2].

Dado que estaba fóra das murallas, a súa defensa realizábase mediante dous baluartes, o do Berbés (na porta da Ribeira) e mais o de San Xián ou das Redes[2].

Tamén era chamado A Ribeira. A súa historia está vinculada á pesca, xa que se ergueu ás beiras da ría de Vigo. Componse de rúas estreitas e empinadas. A súa fachada marítima, conformada por soportais, é un dos seus emblemas. Antigamente servía como lugar auxiliar ás tarefas dos mariñeiros, das atadeiras e das peixeiras. Ergueuse tamén nas súas inmediacións o mercado da Laxe[3].

Nas primeiras décadas do século XX constrúense ensanches e espigóns[3].

En 1921 creouse a parroquia eclesiástica de San Francisco do Berbés, situada na actual rúa de Santa Marta. Tamén integra a capela do convento de San Francisco e mais a igrexa de San Clemente María Hofbauer[4].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Barrios da cidade de Vigo

[editar | editar a fonte]
Barrios da cidade de Vigo no concello de Vigo (Pontevedra)

Balaídos | O Berbés | Beiramar | O Calvario | Os Caños | Casabranca | O Chouso | A Dobrada | Os Esturáns | A Espedrigada | O Espiñeiro | Ferrería | Figueirido | Os Foxos | A Guía | Guixar | Maceiras | A Oliveira | Peniche | Pousafoles | Quintela | O Resío | A Rola | Santa Trega | Seara | O Toural | As Travesas


Parroquias de Vigo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas

  1. "San Francisco de Asís". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-09. 
  2. 2,0 2,1 "O Berbés, construído sobre unha praia, quedará fora das murallas - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-09-10. 
  3. 3,0 3,1 "Barrio do Berbés - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2023-09-09. 
  4. "San Francisco de Asís de Vigo". Galiciana. Consultado o 10/09/2023.