Miño
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Carreira | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.753 (2023) (188,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 35,9 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Vázquez Faraldo | ||||
Eleccións municipais en Miño | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15048 | ||||
Páxina web | concellodemino.gal | ||||
Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñés[1]».
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]O concello, de 32,97 km² , abrangue oito parroquias que son Bemantes, Callobre, Carantoña, Leiro, Castro, Miño, Perbes e Vilanova. Limita ao norte con Pontedeume, ao leste con Vilarmaior, ao sur con Paderne e Irixoa, e ao oeste coa ría de Betanzos. Está situado a 25 km da capital da provincia, e a 72 km de Santiago de Compostela.
O concello está atravesado pola Vía inglesa do Camiño de Santiago.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]Polo municipio pasan o río Lambre, que tras cruzar a ponte do Porco forma a praia da Alameda, o río Xarío, que atravesa as parroquias de Vilanova e Perbes e desauga a carón da praia Grande, e o río Baxoi, que tamén desauga na praia Grande e recibe este nome polo seu paso pola Ponte Baxoi. Alí se atopa na súa beira unha fonte gótica e un merendeiro para o descanso dos peregrinos que se dirixen a Compostela.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 5.838 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 798 (13.67 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.651 (62.54 %) |
Maiores de 65 anos | 1.389 (23.79 %) |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística INE, 1857-2011
Evolución da poboación de Miño Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.923 | 5.326 | 5.823 | 5.476 | 5.089 | 5.488 | 5.760 | 5.739 | 5.786 | 5.838 | 6.056 | ||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]Os vestixios máis antigos atopados en Miño corresponden á era castrexa e aos restos dun porto romano. En 1916 atopáronse na parroquia de Perbes 1500 moedas romanas, o tesouro de Algara[2]. O concello constituíuse en 1836 como Castro, nome dunha das parroquias do Antigo Réxime que conformaron o municipio, dependentes das xurisdicións de Pontedeume, Callobre, Vilachá, Leiro e mais Perbes, que pertencían á provincia de Betanzos. En 1919, trasladouse o consistorio[3] á parroquia de Miño e con el mudou tamén o nome do concello. Na actualidade segue tendo a sede na mesma parroquia, no núcleo chamado A Carreira.
Nos rexistros medievais en latín e en galego, o topónimo Miño xa ten a forma actual, mais con direrentes grafías. Nos séculos XIII e XIV predomina Myno (ás veces Mino): villa de Myno [...] casal q chaman de Ragel, 1287; sancta Maria de Mino, 1354; santa Maria de Myno, 1388; Myno, 1431. Xa a partir do século XV, a forma predominante é Myño: friglia de santa Maria de Myño, 1434; Alfonso da Vila morador en Myño, 1450. Para Gonzalo Navaza, non existe abonda documentación que permita confirmar que a etimoloxía do río Miño e do concello de Miño son a mesma. Para o río admítese unha orixe prerromana e significado hidronímico, derivado da raíz indoeuropea *mei- ‘camiñar, ir, fluír’, presente no nome doutros ríos de Europa. De teren a mesma orixe, o topónimo da parroquia de Miño viría motivado pola súa situación, na confluencia dos ríos Lambre e Baxoi coa ría de Betanzos[4].
Máis recentemente alá polo 2002 promoveuse unha gran urbanización Costa Anácara/Costa Miño Golf no concello pola inmobiliaria Fadesa e posteriormente Martinsa a cal consistiría en 1200 vivendas e un campo de golf, o goberno municipal de Juan Antonio Maceiras do PPdeG deulle un apoio cego ao proxecto, co tempo coñeceríase que a adquisición dos terreos por parte do concello foi ilegal recibindo este unha sentenza do Tribunal Supremo que lle condenaba a pagar 25 millóns de euros aos 500 veciños afectados pola expropiación, por consecuencia a débeda total do concello de Miño era de 22 millóns de euros.[5]
O concello baixo o mandato de Manuel Vázquez Faraldo chegou a un acordo cos veciños para pagar os xuros de 7 millóns de euros antes do 31 de maio de 2020 mediante un préstamo(que se sumaba aos outros 15 millóns de euros recibidos polo Goberno central) en consecuencia os veciños aceptarían a liquidación de créditos contra a entidade local(recarga de xuros de 8 millóns de euros), con isto evitábase que a débeda creces, Miño con 6000 habitantes tratábase do cuarto concello galego con máis débeda.[6]
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]Da cultura castrexa consérvase o castro de Loios, castro de Ombre, Centroña, Insua, Santa María de Castro, Carantoña e Leiro[2][7]
Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Xoán de Vilanova é de orixe románica. Comezou a construírse no ano 1040, sendo a portada reconstruída no século XVIII. A súa ábsida semicircular foi restaurada. A igrexa de Santa María de Castro é do século XVI.
Sobre os ríos Lambre e Vixoi (hoxe río Baxoi), hai dúas pontes do século XV, mandadas construír por Fernán Peres de Andrade o Boo, señor de Pontedeume. A que cruza o río Lambre, cun só arco de estilo oxival, é coñecida como Ponte do Porco, por ter esculpido un xabaril, símbolo da casa de Andrade. En Bañobre está o pazo dos Condes de Vigo, que conserva na fachada elementos orixinais do século XVIII.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Santa María de Miño
- 27 ou 29 de xuño: Festas en honra a San Pedro. Parte da poboación miñense cre que San Pedro é o patrón, mais en realidade a parroquia de Miño é Sta. María, polo que non ten patrón, senón patroa: a Virxe da Asunción. A festividade de San Pedro débese a unha decisión estratéxica pola condición de municipio turístico de Miño que depende da tempada estival, dado que a festividade da Virxe da Asunción coincide con festas locais noutras vilas (15 de agosto), optouse por festexar San Pedro ao ser o 29 de xuño unha data máis propicia para atraer visitantes no verán. [Cómpre referencia][8]
- 16 de xullo: Festa da Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros. Nesta festividade unha procesión coa imaxe da Virxe parte da igrexa parroquial de Santa María, baixando ata o porto, lugar onde se oficia unha misa cantada, polo xeral, a cargo da Rondalla e Coral da ACRD O´Castro. O alcalde e un membro da confraría de pescadores botan á auga unha gran coroa de loureiro, en memoria dos mariñeiros mortos no mar. Finalizada a cerimonia, a imaxe da Virxe do Carme regresa de novo en procesión ata a igrexa.
- 31 de agosto: Romaría de San Ramón no lugar de Bra.
- 23 de xuño: Festa da noite de San Xoán.
- Primeiro fin de semana de agosto: Feira da Cebola chata de Miño.
Ponte do Porco
- 25 de xullo: Festa de Santiago Apóstolo
Bemantes
- Decembro: Festa de Santo Tomé
- Xuño: Festa do Corpus Christi
- Domingo seguinte ó 16 de agosto: Festa de San Roque
Callobre
- Primeiro domingo despois do 16 de xullo: Festa da Virxe do Carme.
- 24 de xuño: Festa de San Xoán
Carantoña
- Primeiro domingo de xuño: Festa de Santa Isabel
Leiro
- 6 de agosto: Festa do Divino Salvador
- Terceiro domingo de setembro e último venres de Coresma: Festa de Nosa Sra. das Dores
- 25 de novembro: Santa Catalina de Alexandría
Bañobre
- 24 de agosto: Romaría de San Paio
Castro
- 16, 17 e 18 de xaneiro: Festa en honra a San Sebastián
Viadeiro
- 20 de xaneiro: Festa de San Sebastián
Perbes
- xuño: Festa do Corpus Christi
- Principios de agosto: Festa do Turista
San Xoán de Vilanova
- 24 de xuño: Festa de San Xoán
Economía
[editar | editar a fonte]Infraestruturas de transporte
[editar | editar a fonte]O concello está comunicado a través da estrada nacional N-651 que vai de Betanzos a Ferrol e pola autoestrada AP-9 con acceso directo, que conecta coas cidades da franxa atlántica. Está atravesado pola liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos Infesta que liga coa que vai da Coruña a Lugo, conta coa estación de Miño e coa estación de Perbes.
Deporte
[editar | editar a fonte]No concello teñen a súa sede os seguintes clubs deportivos:
- Club Ciclista Miñotauros
- Asociación Deportiva Miño
- Bemantes CF
- Club de Fútbol Sala Alameda-Xarío
- Sociedad Deportiva Miño
- Club Deportivo Comarca Lambre-Mandeo
- Club Deportivo Náutico de Miño
- Judo Club Bemantes
Asociacións
[editar | editar a fonte]No concello teñen a súa sede as seguintes asociacións:
- ACRD O Castro
- Asociación Cultural Ardóbriga
- Asociación Cultural Arruallo
- Asociación A Irmandade
- Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Miño
- Asociación Camiño
- A.VV. Xarío
- A.VV. San Xulián de Carantoña
- A.VV. Anduriña de Callobre
- A.VV. Santa María de Castro
- Asociación de Mulleres Rurais Divino Salvador de Leiro
- Asociación Cultural A Inmaculada de Bañobre
- Asociación Cultural Mulleres de Bemantes
Miño na literatura popular
[editar | editar a fonte]Pasei a ponte do Porco,
paseille a man polo lombo,
meu divino San Andrés
o voso camiño é longo [9].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Miño.
-
Miño dende Sada.
-
Praia da Ribeira.
-
Praia Grande.
-
Praia de Perbes.
-
Igrexa de San Xoán de Vilanova.
-
Camiño inglés de Santiago.
-
Muíño de vento de Boucelo.
-
Escudo de armas na igrexa de Castro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique 1962- (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Vigo: Universidad de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7. OCLC 957756088.
- ↑ 2,0 2,1 PXOM Memoria Xeral. 44 páx. 8 de agosto de 2002, Concello de Miño.
- ↑ "El cambio del ayuntamiento de Castro para Miño", artigo de José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro en Betanzos e a súa Comarca, 1 de xullo de 2000.
- ↑ Galega, Seminario de Onomástica da Real Academia; Navaza, Gonzalo (2021-07-01). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-09-2. doi:10.32766/rag.377.
- ↑ "O acordo do Concello de Miño cos expropiados de Fadesa achega a solución a un conflito xerado por "neglixencias institucionais"". https://praza.gal/=data-acceso=15 de agosto de 2023. Ligazón externa en
|páxina-web=
(Axuda) - ↑ "Miño pecha, grazas a un préstamo de sete millóns, 18 anos de conflito coas 200 familias expropiadas por Fadesa". https://praza.gal/=data-acceso=15 de agosto de 2023. Ligazón externa en
|páxina-web=
(Axuda) - ↑ Miño. O Noso Patrimonio
- ↑ http://www.paxinasgalegas.es/catolica-parroquias-iglesias-mi%C3%B1o-2337ep_49ay.html
- ↑ Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 405. Refírese ó paso dos peregrinos pola Ponte do Porco (Miño) camiño de Santo André de Teixido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- PXOM Memoria Xeral. 44 páx. 8 de agosto de 2002, Concello de Miño.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Parroquias do concello coruñés de Miño | |
---|---|
Bemantes (San Tomé) | Callobre (San Xoán) | Carantoña (San Xulián) | Castro (Santa María) | Leiro (Divino Salvador) | Miño (Santa María) | Perbes (San Pedro) | Vilanova (San Xoán) |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |