Marcelo II, papa
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Marcelo II (latín: Marcellus PP II), nado en Montefano (As Marcas) o 6 de maio de 1501 e finado en Roma o 1 de maio de 1555, foi un relixioso italiano, nomeado en 1555 o papa n.º 222 da Igrexa católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De nome Marcello Cervini de Spannocchi, tras estudar en Siena trasladouse a Roma para continuar a súa formación. En 1539 é nomeado bispo de Nicastro e posteriormente cardeal presbítero de Santa Cruz en Xerusalén. Durante o Concilio de Trento, será un dos legados papais que defendan os intereses papais fronte ao emperador Carlos V.
O seu breve pontificado, de tan só vinte e dous días, impediulle emprender as reformas necesarias para que a Igrexa puidese facer fronte aos problemas luterano e anglicano que dividía o cristianismo.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |