Gato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Gato
Cat poster 2.jpg
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: 'Felis'
Especie: ''F. catus''
Nome binomial
''Felis catus''
Linnaeus, 1758
Sinonimia

Felis silvestris catus (sinónimo subxectivo)
Felis catus domestica (sinónimo inválido)[1]

O gato (Felis silvestris catus ou Felis catus) é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Crese que o gato salvaxe africano (Felis silvestris lybica) é o seu antergo máis inmediato.[2]

Características[editar | editar a fonte]

O gato doméstico (Felis silvestris domesticus) oscila normalmente entre os 3 e os 8 kg de peso. Algúns gatos, coma os da raza ragdoll, poden pesar máis de 8 kg. Os gatos domésticos viven uns 15 anos se reciben bos coidados. Non obstante, o gato máis lonxevo documentado viviu 34 anos. Na rúa, suxeitos a presións pola comida, o territorio e as enfermidades, os gatos non acostuman vivir máis de dous anos.

Os gatos teñen unha gran variedade de pelaxes e cores, aínda que a grandes trazos adoita facerse a distinción entre razas de pelaxe longa e de pelaxe curta. Como curiosidade, a raza sphinx non ten pelo. A meirande parte de gatos no mundo (99%) son de raza mixta, e o 1% restante son de raza pura [Cómpre referencia]. Algúns destes últimos participan nas innumerábeis exposicións de gatos que se realizan en diversos lugares.

O rabo serve para manter o equilibrio, e pode variar moito en tamaño. Nos gatos da raza manx é inexistente. Os seus dentes e poutas están adaptados ao seu estilo de vida carnívoro.

As femias están preñadas 55 días e paren entre 2 e 6 crías, ás que dan de mamar entre 3 e 4 semanas. Os gatiños nacen cos ollos pechados, e así permanecen os primeiros días de vida.

Conforme ao seu tamaño, os gatos ben poden ser o mellor dos depredadores cunha taxa de éxito que rolda o 90%. O gato ten unha arquitectura corporal que lle dá enorme flexibilidade, resistencia e forza. Pode cazar e comer máis de cen especies distintas, e utiliza as técnicas de depredación dos demais felinos: axexar con paciencia, turrar con rapidez e propinar unha trabada certeira á caluga da presa que lle crebe a medula espiñal ou a asfixie.[3] and roughly 20,000 genes.[4]

Taxonomía e evolución[editar | editar a fonte]

O gato bravo, Felis silvestris, é o predecesor do gato doméstico

Os félidos son unha familia de mamíferos que compartiron un antecesor común hai 10/15 millóns de anos,[5] e ademais dos gatos inclúen os leóns, tigres, pumas e moitos outros. Dentro desta familia os gatos domésticos (Felis catus) forman parte do xénero Felis, que é un grupo de pequenos gatos que engloba aproximadamente sete especies ( o número depende do sistema de clasificación)[6] e conta cunha distribución mundial, entre as especies están o Felis chaus do sur de Asia, o gato bravo (F. silvestris silvestris) propio de Europa , o (Felis silvestris lybica) do norte de África, o Felis bieti, do leste da China e o Felis margarita), que habita en desertos de África e Asia.[7]

Todos os gatos, membros deste xénero, compartiron un antecesor común que viviu hai 6 ou 7 millóns de anos en Asia[8]. Non se coñece exactamente as relacións entre os membros do xénero, aínda que son moi cercanas[9][10], así o Felis bieti, ás veces clasifícase como unha subespecie do gato bravo, co nome de Felis silvestris bieti[2][9]. Os gatos domésticos presentan pouca alteración en relación cos gatos bravos, e poden facilmente cruzarse, esta hibridación presenta o perigo de esluír a integridade xenética das poboacións de gato bravo, especialmente en Escocia e Hungría, e posiblemente tamén na península Ibérica.[11]

O gato doméstico foi primeiro denominado Felis catus por Carolus Linnaeus na décima edición da súa obra Systema Naturae, de 1758[12] Johann Christian Daniel von Schreber chamou Felis silvestris ao gato bravo en 1775. Hoxe sábese, porén, que é unha das subespecies do gato bravo. Johann Christian Polycarp Erxleben chamou Felis domesticus ao gato doméstico nas súas obras Anfangsgründe der Naturlehre (Razóns iniciais para estudar a natureza), de 1772, e Systema regni animalis, de 1777. Este nome, e tamén as súas variantes Felis catus domesticus e Felis silvestris domesticus, son vistos a cotío, pero non son nomes científicos válidos baixo as regras do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica e só en moi raras ocasións teñen uso na literatura científica [13]. Na opinión Nº 2027, publicada no Volume 60 (Parte I) do Bulletin of Zoological Nomenclature (31 de marzo de 2003), a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica confirmou a utilización de F. silvestris para denominar ao gato bravo e F. silvestris catus para as subespecies domésticas[14].

Domesticación[editar | editar a fonte]

Como animal de compañía, é unha das mascotas máis populares en todo o mundo. Debido a que a súa domesticación é relativamente recente, poden vivir en ambientes silvestres formando pequenas colonias. A asociación do gato cos humanos levouno a figurar prominentemente na mitoloxía e en lendas de diferentes culturas, incluíndo ás civilizacións exipcia, xaponesa, chinesa e escandinava.

É un animal instintivamente cazador. Os gatos en liberdade viven de forma semisalvaxe e cazan ratos e ratas, entre outras especies, que doutro xeito comerían importantes cantidades de gran. Os domésticos capturan insectos, ratos e pequenos paxaros instintivamente, aínda que xeralmente non os consumen. Incluso, as presas poden ser utilizadas como obsequio para o dono.

Son preferidos polos seus hábitos de limpeza, polo seu baixo nivel de atención e coidados requiridos para a súa manutención. Segundo un estudio publicado na edición da revista Nature correspondente á cuarta semana do mes de xuño de 2007, os ancestros dos actuais gatos domésticos comezaron a separarse das liñas salvaxes hai entre 130.000 a 100.000 anos; outro publicado na revista Science confirmaba este dato, indicando que os gatos domésticos actuais descenden dun grupo de cinco gatos salvaxes africanos que se asociaron ao home en Oriente Medio hai 131.000 anos.

Os ancestros directos dos gatos domésticos terían abandonando gradualmente a vida silvestre para convivir coa especie humana atraídos polos roedores que parasitaban ás comunidades humanas. Actualmente os gatos domésticos atópanse agrupados en diversos clades (ou grupos xenéticos), atopándose no rastreo do ADN mitocondrial cinco femia ancestrais para todas as subespecies gatunas; os mesmos rastreos xenéticos sinalan unha procedencia directa dos gatos domésticos actuais cos gatos salvaxes do Medio Oriente, non atopándose a mesma proximidade nin cos gatos salvaxes africanos (Felis silvestris lybica), nin cos gatos salvaxes europeos (Felis silvestris silvestris).

As evidencias arqueolóxicas indicarían que un dos primeiros lugares de domesticación dos gatos foi a illa de Chipre hai uns 9.500 anos, e que pouco tempo despois estes felinos eran comúns entre as culturas da Crecente Fértil. Despois, fai quizais uns 3.500 anos, e probablemente a través de comerciantes fenicios, o gato foi introducido en Europa continental dende o Antigo Exipto.

Historia e mitoloxía[editar | editar a fonte]

Non se sabe exactamente cal foi a primeira cultura en domesticalos, aínda que sempre se asociou a súa domesticación aos exipcios, os asirios ou algunha cultura predecesora a partir do gato salvaxe africano. Descubríronse restos de domesticación de F. silvestris en Chipre que datan de hai 9.500 anos. Crese que os exipcios empezaron a domesticalos ao redor do ano 4000 a.C. para manter as ratas e ratos fora dos seus graneiros. Para os exipcios eran animais sagrados e, como tales, o castigo por matar un destes era a morte. A deusa Bastet era representada con cabeza de gato. Cando un morría, as veces era momificado.

Porén, durante a Idade Media, pensábase que eran familiares das bruxas. Ás veces eran queimados vivos o se tiraban dende o cumio de edificios altos durante as festividades. No mundo occidental é común a creza de asociar ao gato negro coa mala sorte (aínda que hai excepcións, por exemplo, no Reino Unido). Para as persoas supersticiosas, que se cruce un gato negro de súpeto é augurio de infortunios. De feito, deuse o caso de culpar aos gatos de transmitir a peste bubónica, co que foron exterminados en masa en pobos e cidades (contribuíndo a que se multiplicara a poboación de ratas, auténticos propagadores da praga).

Nos tempos actuais a Igrexa Católica declarou tamén como santos patróns dos gatos a San Antón Abade, San Francisco de Asís e San Martiño de Porres, incluíndo a este felino cos demais animais domésticos, ao igual que os antigos exipcios sen importar a raza e a cor.

É un dos doce animais do ciclo de 12 anos do zodíaco vietnamita, relacionado co calendario chinés (neste último, o signo zodiacal é o coello ou tamén o gato).

No Tíbet son considerados dende tempos inmemoriais gardiáns de reliquias e templos posiblemente pola robustez ostensible e intelixencia atribuídas á variante siamesa que alí se desenvolve. Animal sagrado, venerado e ás veces mimado excesivamente, no seo do budismo tibetano é considerado acompañante no tránsito obituario, e, nos soños lúcidos, o subconsciente do que soña (ou viaxa) é representado por un gato xigante, obeso, mudo e bonachón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ITIS Standard Report Page: Felis catus domestica". op. cit.. http://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=727487. Consultado o 14 December 2011. 
  2. 2,0 2,1 Driscoll, C. A.; MacDonald, D. W.; O'Brien, Stephen J. (2009). "In the Light of Evolution III: Two Centuries of Darwin Sackler Colloquium: From Wild Animals to Domestic Pets – An Evolutionary View of Domestication". Proceedings of the National Academy of Science of the United States 106 (S1): 9971–9978. Bibcode 2009PNAS..106.9971D. DOI:10.1073/pnas.0901586106. PMC 2702791. PMID 19528637. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2702791. 
  3. Nie, W.; Wang, J.; O'Brien, P. C. (2002). "The Genome Phylogeny of Domestic Cat, Red Panda and Five Mustelid Species Revealed by Comparative Chromosome Painting and G-banding". Chromosome Research 10 (3): 209–222. DOI:10.1023/A:1015292005631. PMID 12067210. 
  4. Pontius, J. U.; Mullikin, J. C.; Smith, D. R.; et. al (2007). "Initial Sequence and Comparative Analysis of the Cat Genome". Genome Research 17 (11): 1675–89. DOI:10.1101/gr.6380007. PMC 2045150. PMID 17975172. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2045150. 
  5. Johnson, Warren e O'Brien, Stephen J. (1997). "Phylogenetic Reconstruction of the Felidae Using 16S rRNA and NADH-5 Mitochondrial Genes". Journal of Molecular Evolution 44 (0): pp. S98–S116. DOI:10.1007/PL00000060. PMID 9071018. 
  6. "ITIS Standard Report Page: Felis". ITIS Online Database. http://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=180586. Consultado o 14 de decembro 2011. 
  7. Stefoff, Rebecca (Novembro de 2003). Cats. Benchmark Books. p. 34. ISBN 0-7614-1577-7. 
  8. Johnson, Warren E., Eizirik, E., Pecon-Slattery, J., Murhpy, W.J., Antunes, A. Teeling, E. e O'Brien, Stephen, J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): pp. 73–77. Bibcode 2006Sci...311...73J. DOI:10.1126/science.1122277. PMID 16400146. 
  9. 9,0 9,1 McLennan, Deborah A. (2000). "Phylogeny and Speciation of Felids". Cladistics 16 (2): pp. 232–253. DOI:10.1111/j.1096-0031.2000.tb00354.x. 
  10. Masuda, R.,Lopez, J. V., Slattery, J. P., Yuhki, N. e O'Brien, Stephen J. (1996). "Molecular Phylogeny of Mitochondrial Cytochrome b and 12S rRNA Sequences in the Felidae: Ocelot and Domestic Cat Lineages". Molecular Phylogenetics and Evolution 6 (3): pp. 351–365. DOI:10.1006/mpev.1996.0085. PMID 8975691. 
  11. Oliveira, R., Godinho, R., Randi, E. e Alves, P. C. (2008). "Hybridization Versus Conservation: Are Domestic Cats Threatening the Genetic Integrity of Wildcats (Felis silvestris silvestris) in Iberian Peninsula?". Philos. Trans. R. Soc. Lond., B, Biol. Sci. 363 (1505): p. 295329861. DOI:10.1098/rstb.2008.0052. PMC 2606743. PMID 18522917. 
  12. Linnaeus, Carolus (1758). Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. 1 (12th ed.). Holmiae (Laurentii Salvii). p. 62. http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k99004c/f62.chemindefer. Consultado o 2 de abril 2008. 
  13. Vella, Carolyn M.e Shelton, Lorraine M., McGonagle, John J. e Stanglein, Terry W. (1999). Robinson's Genetics for Cat Breeders and Veterinarians (4th ed.). Butterworth-Heinemann. p. 3. ISBN 0-7506-4069-3. 
  14. "Opinion 2027". Bulletin of Zoological Nomenclature (International Commission on Zoological Nomenclature (ICZN)) 60. 2003. Arquivado do orixinal o 9 de xuño de 2011. https://web.archive.org/web/20110609014212/http://www.nhm.ac.uk/hosted_sites/iczn/BZNMar2003opinions.htm. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gato
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gato

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Frédéric Vitoux, Dictionnaire amoureux des Chats. Plon/Fayard. París, 2008. ISBN 978-2-259-20686-0.
  • Enciclopedia del gato. Aniwa Publishing. París, 2002.

Outros artigos[editar | editar a fonte]