Belén
| بيت لحم (ar) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| País | Estado de Palestina | |||
| Rexión xeográfica | Cisxordania | |||
| Gobernacións | Gobernación de Belén | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 36.000 (2019) | |||
| Lingua oficial | lingua árabe | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 30 km² | |||
| Altitude | 775 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 2 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Częstochowa (2004–) | |||
| Sitio web | bethlehem-city.org | |||
Belén (en árabe, بيت لحم, Bayt aḥ m) é unha cidade palestina na rexión coñecida como Cisxordania, situada a un 9 km ao sur de Xerusalén e situada nos montes de Xudea. Desde decembro de 1995, atópase administrada pola Autoridade Palestina, que adoptou o nome de Estado de Palestina en 2013. A súa poboación era de 25 266 habitantes en 2007,[1] sendo a metade musulmáns e a outra metade cristiáns, na súa maioría ortodoxos.[2]
A cidade ten gran significado relixioso para os cristiáns ao ser, de acordo coa Biblia, o lugar de nacemento de Xesús de Nazaret segundo os evanxeos de Lucas e Mateu. É tamén un importante lugar de peregrinación para os xudeus, que veneran a tumba de Raquel situada á entrada da cidade e para os que a cidade é lugar de nacemento e de coroación do rei David.
O goberno de Israel rodeou a cidade de murallas e pasos de control para evitar ataques terroristas,[3] impedindo o libre tránsito dos habitantes e limitando os intercambios comerciais. Isto provocou unha gran diminución do turismo, unha das principais fontes de ingreso da cidade.
Poboación
[editar | editar a fonte]A súa poboación era no ano 2014 de 27.000 persoas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Palestinian Central Bureau of Statistics ( PBS). "Community profile - Bethlehem ( Beit Lahm)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2017. Consultado o 2 de agosto de 2013.
- ↑ "Bethlehem city/Xeral information". Bethlehem Municipality. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Saving Lives: Israel's anti-terrorist fence-Answers to Questions" (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belén |
