Gato de ollo impar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un gato de ollo impar nunha fotografía de 2007.

O coñecido como gato de ollo impar é un gato que ten un ollo de cor azul e outro de cor amarela, verde ou alaranxada. Esta circunstancia é debida á unha anomalía xenética de heterocromia. Este fenómeno ocorre comumente en gatos de pelaxe branca; porén, pódese atopar, aínda que raramente, en gatos doutras cores .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]