Saltar ao contido

Gato siamés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gato siamés
 Alcume
   Meezer (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Son producido
Cifras e dimensións
 Prezo
600 $
1.200 $ Editar o valor en Wikidata
 Altura
8 in
10 in Editar o valor en Wikidata
 Masa
   5 macho Editar o valor en Wikidata
 Esperanza de vida
   15 a Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0g_3r Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O gato siamés (en tailandés: แมวสยาม) é unha raza de gato orixinaria de Tailandia (antigamente coñecida como Siam). Caracterízase por ter un corpo elegante e esvelto e unha testa marcadamente triangular.[1] Pode ser confundido coa raza de gatos tai, que ten orixe na raza siamesa mais presenta unha morfoloxía ben distinta. Son aconsellables para familias, e non precisa moitos coidados do seu pelo.

A orixe da raza está no sueste asiático,[2] máis especificamente en Siam (Tailandia),[3] onde eran tidos como o gato da realeza[4] e mantidos en templos sagrados. Son coñecidos nese país, onde é unha das razas nativas, como Wichien-Maat ou Maas (วิเชียรมาศ, "Diamante-Lúa"). Foron levados a Inglaterra en 1884, dende onde se espallaron para outras partes do mundo.[5]

No ano 2007, unha variedade dos gatos siameses coñecida popularmente como Old Style ou Tradicional foi finalmente recoñecida como unha nova raza á parte, a de gatos thai. Os siameses comparten con esa raza a coloración ámbar e castaña, alén dos ollos azuis, pero diferéncianse xenética e morfoloxicamente con varias diferenzas que os volven híbridos individuais. Os gatos siameses existen dende 1330, data na que aparecen mencionados nun manuscrito de Siam.

Gato siamés.
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 13 de marzo de 2017.
  2. Clutterbuck, Martin R. (2004). White Lotus, ed. Siamese Cats: Legends and Reality. Bangkok. ISBN 974-480-053-4.
  3. Encyclopaedia Britannica, verbete Siamese (breed of cat).
  4. About siamese cats Arquivado 09 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2009. Consultado o 13 de marzo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]