Pravda
Pravda Proletarios do mundo unídevos | |
---|---|
Pravda, 16 de marzo de 1917. | |
Formato de páxina | A2 |
Fundación | 5 de maio de 1912 |
Propietario | Partido Comunista da Federación Rusa |
Fundador | Lenin |
Editorial | Pravda e sen etiquetar |
Tendencia | Marxista-leninista |
Lingua | ruso |
Localidade | Moscova |
Ámbito | Unión Soviética Rusia |
Periodicidade | Periódico diario |
ISSN | 0233-4275 |
Na rede | |
http://www.gazeta-pravda.ru | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pravda (en ruso: Правда, a verdade) é o nome dun xornal fundado na antiga Unión Soviética, que foi a publicación oficial do Partido Comunista entre 1918 e 1991. Durante a época soviética converteuse nunha das publicacións máis destacadas, cuxo contido tocaba temas como ciencia, política, cultura e economía.[1] Nos países occidentais fíxose moi famoso polas súas declaracións durante a Guerra fría.
En 1991 o presidente ruso Boris Eltsin vendeu o diario a un grupo empresarial grego, entrando Pravda nun período de decadencia e división da redacción.[1] Con todo, en 1997 o Partido Comunista da Federación Rusa adquiriu o diario e relanzouno como o seu órgano oficial, aínda que cunha tirada sensiblemente menor á da época soviética.[2]
Existen outros cantos xornais e medios de información menores, cuxo nome é tamén Pravda, como o xornal latino francés Pravda Libération París 1871 fundado polo xornalista arxentino Abu Faisal Sergio Tapia, o medio dixital Pravda Estado Español, ou o selo editorial Edicións Pravda.
Período soviético
[editar | editar a fonte]Pravda fora fundado por Trotski en Viena en 1911 e un ano máis tarde, o 22 de abrilxul./ 5 de maio de 1912greg., comezou a publicarse no Imperio ruso.[3] Posteriormente, iniciáronse unha serie de debates para adoptalo como órgano oficial do xornal do POSDR, pero as tentativas fracasaron, e os bolxeviques terminaron apropiándose do nome Pravda para a súa propia publicación periódica, a pesar das protestas de Trotski.[4]
Pravda foi clausurado pola represión das Xornadas de Xullo, polo que durante os últimos meses do goberno provisional o órgano bolxevique era o Rabotchi Put (O Camiño Obreiro), nos primeiros días da Revolución de Outubro, volveu tomar o nome de Pravda.
Tras os seus inicios en Viena e San Petersburgo, as oficinas do diario trasladáronse a Moscova o 3 de marzo de 1918. Pravda converteuse en publicación oficial, órgano do Partido Comunista da Unión Soviética. Pravda foi a canle habitual para anunciar as directrices e cambios políticos até 1991.[5]
Existían outros xornais que actuaban como diarios oficiais de órganos estatais. Por exemplo, Izvestia — no ámbito das relacións internacionais— era o medio de expresión do Soviet Supremo, Dneven Trud o dos sindicatos, Komsomolskaia Pravda para a organización do Komsomol e Pionerskaia Pravda a gaceta dos Mozos Pioneiros.
Trala morte de Lenin en 1924, o diario Pravda foi dirixido por Nikolai Bukharin, un dos dirixentes que loitaban polo control do Partido, que como editor do diario alcanzou unha gran reputación como teórico político.
Período postsoviético
[editar | editar a fonte]O 22 de agosto de 1991, mediante un decreto asinado polo presidente ruso Borís Eltsin, o Partido Comunista quedaba fóra da legalidade e todas as súas propiedades pasaban ao Estado ruso. Isto incluía a Pravda.[1] Os xornalistas do diario non loitaron por el ou pola súa historia, e rexistraron un novo xornal co mesmo título unhas semanas despois.
Semanas despois, o redactor Gennady Seleznyov (agora membro da Duma) vendeu Pravda a unha familia de empresarios gregos, os Yannikosis. O seguinte redactor-xefe, Aleksandr Ilyín, entregou a cabeceira de Pravda — as medallas da orde de Lenin — e o novo certificado de rexistro aos novos propietarios.
Naquel momento produciuse unha importante división na dirección de Pravda. Máis do 90% dos xornalistas que traballaran para Pravda desde 1991 abandonou o seu posto de traballo. Organizaron a súa propia versión do xornal, que foi clausurado despois por presións gobernamentais. Estes mesmos xornalistas, dirixidos polos antigos redactores de Pravda Vadim Gorshenin e Viktor Linnik en xaneiro de 1999, lanzaron Pravda Online, o primeiro xornal en lingua rusa en Internet, do que existen versións en inglés, portugués e francés.[6]
Os novos diarios Pravda e Pravda Online[7] non teñen ningunha relación, aínda que os xornalistas de ambas as publicacións manteñen o contacto. O diario impreso Pravda tende a analizar os acontecementos desde unha perspectiva esquerdista, mentres que o xornal electrónico toma a miúdo un enfoque nacionalista. Actualmente, o diario é propiedade do Partido Comunista da Federación Rusa.
Outros Pravda en Rusia
[editar | editar a fonte]Trala Revolución rusa existiron outros xornais chamados Pravda, aínda que a súa duración foi relativamente breve en relación ao xenuíno Pravda. Lev Trotski publicou o precursor do famoso Pravda en Viena e Xenebra entre o 3 de outubro de 1908 e o 23 de abril de 1912. No período que durou a súa edición, o Pravda de Trotski foi a publicación revolucionaria máis popular. Con posterioridade, Lenin apropiouse do nome e popular estilo do Pravda de Trotski como xornal bolxevique.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Specter, Michael (1996-07-31). "Russia's Purveyor of 'Truth', Pravda, Dies After 84 Years". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 2015-10-19.
- ↑ "Which Pravda did John McCain write about Syria for?". the Guardian. Consultado o 2015-10-19.
- ↑ V. I. Lenin, Collected Works, Progress Publishers Moscow, Volume 17, p.45
- ↑ «En memoria de León Trotsky».
- ↑ Merrill, John C. and Harold A. Fisher. The world's great dailies: profiles of fifty newspapers (1980) pp 242–49
- ↑ "Pradva". Consultado o 5 de febreiro de 2018.
- ↑ "Russia's Purveyor of 'Truth', Pravda, Dies After 84 Years". The New York Times. 31 de xullo 1996.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pravda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pravda Online (en inglés)
- Pravda (en ruso)