Sinonimia (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sinónimo (bioloxía)")

Na nomenclatura científica, a sinonimia ocorre cando un mesmo e único taxon, recibiu dúas denominacións distintas, propostas por dous investigadores diferentes. Nesta situación, a segunda denominación perde a súa validade por mor da "Lei da Prioridade", permanecendo válida a primeira; a segunda é citada coma un sinónimo do taxon válido. O uso e a terminoloxía son diferentes na zooloxía e na botánica e micoloxía.

Sinonimia en botánica[editar | editar a fonte]

Sinonimia en zooloxía[editar | editar a fonte]

Con frecuencia ao mesmo taxon ao longo do tempo asignóuselle máis dun nome, o que pode crear moita confusión entre a comunidade científica. O principio de autoridade utilizado antes da aparición do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica contribuíu á proliferación de nomes e o seu uso interesado por partidarios dun zoólogo ou outro.

Trala aparición do Código, todos os nomes científicos réxense polo principio de prioridade e sinonimia segundo o cal, o nome válido dun taxon é o sinónimo máis antigo. Todos os demais nomes dese taxon considéranse sinónimos máis modernos e non deben usarse.[4]

Neste caso, un mesmo autor describiu o mesmo xénero de lepidópteros árctidos dúas veces con diferente nome; ten prioridade o nome publicado primeiro (Hypercompe), e Ecpantheria é un sinónimo do anterior.

O exemplo a seguir non é exactamente unha sinonimia:

Gmelin describiu unha especie de ave e asignouna ao xénero Pelecanus (Pelecanus minor); máis tarde, outro autor considerou que minor pertencía en realidade ao xénero Fregata, e subordinouna a este: Fregata minor (Gmelin, 1789); o nome do autor entre paréntese quere indicar precisamente que Gmelin describiu en 1789 esta especie, mais asignouna a un xénero diferente; cómpre destacar que Pelecanus non é sinónimo de Fregata; simplemente significa que entre as especies de Pelecanus actualmente non se inclúe minor Gmelin, 1789. Pelecanus minor e Fregata minor son diferentes combinacións do mesmo nome específico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comisión Internacional de Nomenclatura Zoológica (1999-2009). Código internacional de nomenclatura zoológica (PDF) (4ª. ed.). Sociedad de Amigos del Museo Nacional de Ciencias Naturales. p. 122 (glosario). ISBN 84-607-0588-9. 
  2. International Commission on Zoological Nomenclature (1999). International code of zoological nomenclature (4ª. ed.). The International Trust for Zoological Nomenclature. pp. Glossary. ISBN 0-85301-006-4. 
  3. Commission Internationale de Nomenclature Zoologique (1999). Code International de Nomenclature Zoologique (PDF) (4ª. ed.). p. 253 (Glossaire). 
  4. Os termos «sinónimo máis antigo» e «sinónimo máis moderno» son os usados na tradución oficial do Código ao castelán,[1] mentres que nos dous idiomas oficiais do Código, inglés e francés, utilízanse os termos senior synonym e mais synonyme plus ancien respectivamente para «sinónimo máis antigo» e junior synonym e mais synonyme plus récent respectivamente para «sinónimo máis moderno».[2][3]