Ronrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronrón dun gato doméstico.
Gatos relaxados.

O ronrón[1] é unha vocalización emitida por algúns félidos e vivérridos. Este son de baixa frecuencia é producido tanto na expiración como na inspiración e aparece dende os dous días de vida. O mecanismo que produce o ronrón aínda non está ben explicado, pero a teoría dominante é que o son é xerado pola contracción dos músculos da larinxe provocada por unha oscilación neural e que fai vibrar as cordas vocais. A posibilidade de que un félido ronrone ou non tamén é obxecto de debate, especialmente polos grandes felinos da subfamilia dos panterinos. O gato doméstico pode ronronar tanto de pracer como de sufrimento, de xeito que o significado desta vocalización de contacto é pouco evidente. Na natureza, o ronrón acotío se restrinxe ás relacións nai-crías. Algúns autores téñeno comparado co sorriso e o seu rol nas comunicacións con outros gatos ou cos humanos é esencial. Hai unha teoría que defende as capacidades curativas do ronrón; segundo algúns autores, as baixas frecuencias emitidas reforzan os ósos, músculos e tendóns e teñen efectos analxésicos. A terapia de ronróns explota o efecto calmante nos humanos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]