Microsoft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Microsoft Corporation
Microsoft logo (2012).svg
Tipo Sociedade anónima
Fundación 4 de abril de 1975 Albuquerque, Novo México, Estados Unidos de América Estados Unidos
Localización Microsoft Redmond Campus, Redmond, Washington Estados Unidos de América Estados Unidos
Fundador Bill Gates, Paul Allen
Persoas clave Steve Ballmer (CEO) Bill Gates (Director)
Industria Informática
Produtos Microsoft Windows, Windows Phone, Microsoft Office, Microsoft Store, Microsoft Game Studios, Microsoft Visual Studio, Windows Live (antes MSN), Windows Store, Xbox, Xbox 360, Zune, Kinect, Microsoft Security Essentials, Microsoft Forefront, Bing, MSN TV, Skype, Surface
Número de empregados 94.000 (2012)
Páxina web microsoft.com

Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, (Novo México). Ten a súa sede actual en Redmond, (Washington). É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada inicialmente para desenvolver e vender intérpretes de BASIC para o Altair 8800. A mediados dos '80 conseguiu dominar o mercado de ordenadores personais co sistema operativo MS-DOS. A compañía iniciu unha Oferta Pública de Venda no mercado de valores en 1986, a cal, debido a subida de cotización das accións, levou a 4 empregados a convertirse en milmillonarios e a 12.000 en millonarios.

Durante a súa historia, foi obxecto de críticas, como as acusacións de realizar prácticas monopolísticas por parte da Comisión Europea e do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos.

Microsoft afianzou a súa posición noutros mercados como o do sistema operativo e suites de oficina, con recursos como a rede de televisión por cable MSNBC, o portal de Internet MSN, ou a enciclopedia multimedia Microsoft Encarta. A compañía tamén comercializa hardware, como o rato de Microsoft e produtos de entretemento caseiro como Xbox, Xbox 360, Zune ou WebTV. Microsoft deu soporte aos seus usuarios a través de Usenet en grupos de noticias e en Internet, tamén premia coa categoría de Microsoft MVP (Most Valuable Professional) a aqueles voluntarios que demostran ser útiles na asistencia á clientela.

A súa web oficial é unha das páxinas máis visitadas da rede. Segundo Alexa, en maio de 2008 recibía máis de 2,4 millóns de visitas únicas, situándose como a 14ª web con máis visitas do mundo.

Produtos[editar | editar a fonte]

Sistemas operativos: MS-DOS, Windows (Windows 1.0,Windows 3M.X Windows 95, Windows 98, Windows ME, Windows 2000, Windows XP, Windows 2003 Server, Windows Vista, Windows Longhorn Server, Windows 7, Windows 8 e Windows 10).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]