Sagrada Familia (cristianismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sagrada Familia, de Murillo

A Sagrada Familia, segundo a Igrexa católica, denomina ao conxunto composto por Xosé, María e o seu fillo Xesús.[1] No calendario de festividades católicas celébrase o domingo que cae entre a Oitava de Nadal. Polo tanto, oscila entre o 26 de decembro e o 31 de decembro.

Devoción[editar | editar a fonte]

Esta advocación fai fincapé na humanización de Xesús e na importancia da súa familia como modelo.[1] O nacemento desta devoción remóntase ao século XVI, tras a aparición da Virxe María e o Neno Xesús nos arredores de Cotignac en 1519, e de San Xosé en 1660 na mesma localidade.[1] O papa Alexandre VII aceptou a advocación canonicamente.[1] A primeira parroquia dedicada á Sagrada Familia foi na illa de Orléans, no Quebec, en 1684, da man de François de Laval.[1] En 1921, o papa Bieito XV estende a súa celebración a toda a Igrexa mundial.[1]

En Galicia, cabe destacar a capela na rúa González Besada en Ponte Caldelas e mais na avenida das Camelias, en Vigo.[1]

A Sagrada Familia na arte[editar | editar a fonte]

Da abundante iconografía, pode destacarse o conxunto con representacións da fuxida a Exipto e o chamado descanso na fuxida a Exipto.

En arquitectura relixiosa pode destacarse o Templo Expiatorio da Sagrada Familia en Barcelona, iniciado por Gaudí.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Abad, Xoán C. (2022). In hac lacrimarum valle. Guía ilustrada para recoñecer os santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra. Instituto de Estudos Vigueses.