Vibrisas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raposo
Gato

As vibrisas son un tipo de pelos especializados que posúen algúns animais (especialmente os mamíferos a modo de bigotes) como elemento sensorial táctil; algunhas plantas como as dionea ou atrapamoscas posúen elementos semellantes, que lles axudan a sentir os insectos cando se pousan sobre algún dos seus seis pelos, pechando despois as súas dúas metades para dixerilos unha vez atrapados.

As vibrisas teñen unha raíz moi sensible que lles permite detectar correntes de aire, o que unido ao sentido do olfacto failles percibir a orixe dos cheiros; algunhas destas correntes poden ser xeradas polo movemento do propio animal.

Ao entrar en contacto cos obxectos da contorna, as vibrisas axudan a percibir as distancias dos obstáculos en plena escuridade; no caso dos gatos, teñen unhas terminacións nerviosas que ao máis mínimo movemento do bigote estimúlaas e achega información dos arredores inmediatos do gato. Así mesmo, a londra ten nun fociño ancho poboado de longas vibrisas que lle permiten captar as vibracións producidas polas súas presas ao moverse en augas turbias.

Entre os animais que posúen vibrisas destacan os felinos, cans, focas, golfiños, ratas, furafollas, avenoiteiras e manatís.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]