Medula espiñal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A medula espiñal é a continuación do encéfalo desde o foramen magno occipital, ó nivel da decusación das pirámides do bulbo raquídeo, ata a rexión lumbar. Alóxase no conduto vertebral. No ser humano é un cordón nervioso cunha lonxitude que non coincide coa da columna vertebral. No corpo humano adulto a medula espiñal chega aproximadamente ata a vértebra lumbar 'L1', aínda que no nadón pode chegar ata a 'L3' e ten forma case cilíndrica (a medida que a medula se separa do bulbo raquídeo adquire forma máis cilíndrica); a partir dese nivel a medula continúa formando un filamento delgado chamado filum terminale. En realidade é un tanto aplanada, aínda conservando a súa forma cilíndrica, o seu diámetro frontal é superior ao saxital.

A medula espiñal é a encargada de levar os impulsos nerviosos desde as diferentes rexións do corpo cara ó encéfalo, e do encéfalo ós segmentos distais do corpo, aspecto dunha gran importancia clínica. Tamén se encarga de controlar as actividades motoras involuntarias mediante o chamado acto reflexo. Ademais transmite información do sistema nervioso simpático e parasimpático.

Polo nome pode confundirse coa medula ósea aínda que sexan totalmente distintas. Esta última fabrica as células sanguíneas e non ten ningunha función nerviosa. Tampouco se debe confundir coa espiña dorsal, que é outro nome que se lle dá á columna vertebral.

Características xerais[editar | editar a fonte]

  • Ocupa o conduto raquídeo, formado polas vertébras.
  • Vai desde a base do bulbo raquídeo ata a primeira ou segunda vertebra lumbar.
  • Mide 0,45 cm., terminando nun cono.
  • Ten unha parte terminal de onde nacen moitos nervios raquídeos e coñéceselle co nome de "cola de cabalo"

Estrutura[editar | editar a fonte]

Esquema simplificado da medula espiñal en vista posterior, que mostra os engrosamentos e a prolongación final no delgado filum terminale.

A medula espinal considérase o tecido nervioso máis extenso do corpo humano, podendo alcanzar ata un metro de longo. A súa rexión máis interna está composta pola substancia gris, que nun corte transversal obsérvase en forma de "H". A periférica está composta pola substancia branca, que forma feixes de fibras que transportan a información. Está dividida en segmentos; así, os nervios espinais quedan emprazados en oito cervicais, doce torácicos, cinco lumbares, cinco sacros e un coccíxeo. Cada segmento ten dous pares de raíces (dorsais e ventrais) situados de forma simétrica na parte dorsal e ventral.

Presenta dous engrosamentos: 'C3' a 'T2' intumescencia cervical: este engrosamiento débese ás raíces de nervios que van transmitir sensibilidade e acción motora cara a e desde os membros superiores (brazo, antebrazo e man). 'T11' a 'L1' intumescencia lumbosacra: débese ás raíces de nervios que permiten transmitir a sensibilidade e acción motora cara a e desde os membros inferiores (coxa, perna e ).

Configuración interna[editar | editar a fonte]

Nun corte transversal obsérvase unha substancia gris central e unha substancia branca periférica. A substancia gris está composta principalmente por neuronas e células de sostén (neuroglía). Presenta dúas hastas grises anteriores e dúas hastas grises posteriores unidas pola comisura gris. Esta comisura gris ten no seu centro o conduto ependimario ou epéndimo medular, que a divide nunha comisura gris anterior e posterior. A nivel torácico e lumbar tamén aparecen as hastas grises laterais que corresponden ós somas das neuronas que forman o sistema nervioso autónomo simpático ou toracolumbar. Algúns autores denominan a este conduto ependimario o V ventrículo.

Funcións[editar | editar a fonte]

As funcións da medula son basicamente sete:

  1. Conducir aferencias sensitivas do tronco, pescozo e as catro extremidades.
  2. Conducir aferencias motoras do tronco, pescozo e extremidades.
  3. Conducir vías simpáticas do tronco e extremidades.
  4. Control de esfínteres.
  5. Conducir impulsos sensibles ou nerviosos ó encéfalo.
  6. Centro dos actos reflexos.
  7. Conduce impulsos ó encéfalo.

Lesión na medula[editar | editar a fonte]

A lesión da medula causa un ou varios dos seguintes síntomas-signos:

  1. Parálise en músculos do tronco, pescozo e extremidades.
  2. Perda de sensibilidade do tronco, pescozo e extremidades
  3. Trastornos (incontrol) de esfínter vesical, anal ou seminal.
  4. Bloqueo do sistema simpático (hipotensión, bradicardia, distensión abdominal).

O grao de compromiso depende do grao do dano: pode tratarse dunha lesión completa (se se observan todos os síntomas-signos indicados) ou dunha lesión incompleta se só presenta uns dos síntomas ou todos pero en forma parcial (por exemplo, parálise parcial e non total).

Nivel de lesión[editar | editar a fonte]

En clínica é moi importante coñecer o nivel medular afectado. Para poder comprender a relación entre segmento medular afectado e nivel de parálise producida hai que recordar que o óso, a diferenza das células nerviosas, teñen un crecemento posterior ao desenvolvemento do que é o tubo nervioso ou medula.

Referencia clínica[editar | editar a fonte]

O dano das vértebras C4 a C7 provoca parálises que inclúe as catro extremidades, a afectación a nivel do 'D11' provoca parálise das extremidades inferiores. Para comprender o nivel da lesión e o dano ocasionado hai que ter en conta o desacoplamento na velocidade de desenvolvemento entre o Sistema Nervioso e o Sistema Óseo.

Patoloxía[editar | editar a fonte]

As afectacións óseas van comprimir distintas raíces da medula espiñal unha boa hixiene postural é necesaria para evitar complicacións a longo prazo; aínda así, moitas destas alteracións teñen unha base xenética ou son provocadas por accidentes de difícil prevención.

Tratamento[editar | editar a fonte]

A lesión vértebromedular, cando é completa, require fixación cirúrxica de columna realizada por profesional cirúrxico especializado; se a lesión afecta só ó óso, a intervención pode ser exitosa. Se está danado o nervio, ou é danado na intervención, vai ser moi importante a valoración de déficit de autocuidados e o desenvolvemento dun plano integral de coidados deseñado habitualmente por profesionais da enfermaría e que vai abarcar outras disciplinas, tanto sanitarias como sociais.