Saltar ao contido

Pupila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pupila
oculus Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Localización anatómica
Códigos e identificadores
Freebase/m/0jy7g Editar o valor en Wikidata
MeSHD011680 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC33429 Editar o valor en Wikidata
TA 98A15.2.03.028
CIE-111783364955 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777394604 e C2987277156 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A pupila ou, coloquialmente, meniña, é un orificio na parte central do iris para o paso da luz. Trátase dunha abertura dilatable e contráctil de cor negra coa función de regular a iluminación que chega á retina, na parte posterior do ollo.

O tamaño da pupila está controlado por dous músculos: o esfínter da pupila péchaa e o dilatador da pupila ábrea.

O reflexo fotomotor da pupila examínase cunha lanterna durante a exploración neurolóxica. Este reflexo, onde participan os nervios craniais II e III, consiste na constrición da pupila como resposta á iluminación. Cando penetra a luz nun ollo, as dúas pupilas se constriñen (reflexo consensual) porque cada retina envía fibras ás pequenas cintas de fibras nerviosas ópticas de ambos os lados. O músculo esfínter da pupila está innervado por fibras parasimpáticas; por iso, a interrupción destas fibras determina unha dilatación da pupila polo efecto desinhibido do músculo dilatador. O primeiro signo de compresión do nervio oculomotor é un reflexo fotomotor lento ipsolateral.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]