Gato negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gata negra de 15 anos e unha pelaxe tupida de canas

O gato negro é considerado un animal moi simbólico con interpretacións moi ambiguas.[1] En civilizacións como o Antigo Exipto eran animais sagrados, por estaren relacionados co culto á deusa Bastet. Porén, nas tradicións hebrea e babilónica, os gatos comparábanse coas cobras arroladas nun fogar.[2] Disque a Igrexa Católica considerábaos como vencellados á bruxaría.[3]

Están asociados coa deusa grega Hécate e coa deusa nórdica Freia. Ambas tiñan relación coa bruxaría, polo que na Idade Media o gato negro xa era considerado un símbolo do demo.[4]

Bruxaría e superstición[editar | editar a fonte]

Historicamente, os gatos negros foron símbolo da bruxaría e do mal. Temíase que os gatos negros (e ás veces, outros animais da mesma cor, ou mesmo brancos) fosen familiares de bruxas. No século XVII, comezou a ser asociado á bruxaría en moitas áreas do mundo. O gato negro foi visto xeralmente como un símbolo de boa sorte. Con todo, nos EUA e en zonas de Europa, que mantiveron cazas de bruxas, a asociación con estas fixo que fosen considerados como portadores da mala sorte.

Cartel do cabaré parisiense Le Chat Noir, obra de Steinlen

Anarcosindicalismo[editar | editar a fonte]

O gato negro do Industrial Workers of the World, sindicato de orixe estadounidense, foi adoptado como símbolo do anarcosindicalismo

Xa dende a década de 1880, a cor negra asóciase co anarquismo. O gato negro nunha postura de alerta foi adoptado posteriormente coma símbolo do movemento, máis concretamente do anarcosindicalismo.

En 1918, no xuízo contra os líderes do sindicato estadounidense Industrial Workers of the World ("Traballadores Industriais do Mundo"), Ralph Chaplin, a quen se lle adoita atribuír a creación de dito símbolo, afirmou:

"O gato negro é empregado adoito polos mozos para representar a filosofía e as accións do IWW. Pretendíase asustar ao empresario coa palabra "sabotaxe", ou ben cun gato negro nos arredores [da fábrica]. Se te cruzas cun gato negro, de seres supersticioso, se cadra pensas en que vas ter mala sorte. A idea da sabotaxe era poñer preto do xefe un gatiño negro".[5]

Prevalencia[editar | editar a fonte]

Un estudo de 1977 sobre a prevalencia de distintas cores entre os gatos de Europa e os EUA sinala que había máis gatos negros en Gran Bretaña, ao longo da costa oeste de África, no litoral de España e Francia e nos vales do Ródano e o Sena. Isto suxire que talvez fose distribuído por mercadores gregos ou fenicios.[6] A súa pouca prevalencia en Italia concorda con que non existen imaxes de gatos negros na Arte da Roma antiga.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Werness, Hope B. (en inglés). [[ ]]D2wQ6AEIQDAD#v=onepage&q=black%20cat%20Bastet&f=false The Continuum Encyclopedia of Animal Symbolism in Art, p. 72. A&C Black, 2004. En Google Books. Consultado o 13 de decembro de 2018.
  2. Dugan, Ellen (en inglés). The Enchanted Cat: Feline Fascinations, Spells and Magick. Llewellyn Worldwide, 2012. En Google Books. Consultado o 13 de decembro de 2018.
  3. Garcia, Fran; Rodriguez, Víctor. "Bombay: una pantera en miniatura". Consultado o 16 de maio de 2018. 
  4. Dunwich, Gerina (en inglés). Witch's Halloween: A Complete Guide to the Magick, Incantations, Recipes, Spells, and Lore. Simon and Schuster, 2007. En Google Books. Consultado o 13 de decembro de 2018.
  5. Salerno, Salvatore (1989). Red November, Black November: Culture and Community in the Industrial Workers of the World. Albany, New York: SUNY Press. p. 178. ISBN 0-7914-0089-1.  from U.S. v. W.D. Haywood, et al., testimony of Ralph Chaplin, 19 de xullo de 1918, IWW Collection, Box 112, Folder 7, pp. 7702 & 7711, Labor History Archive, Wayne State University
  6. 6,0 6,1 Lewis, Sian; Lloyd Llewellyn-Jones (en inglés). The Culture of Animals in Antiquity: A Sourcebook with Commentaries. Routledge, 2018. En Google Books. Consultado o 13 de decembro de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]