Saltar ao contido

Prionailurus bengalensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Prionailurus bengalensis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Prionailurus
Especie: P. bengalensis
Nome binomial
Prionailurus bengalensis
(Kerr, 1792)
Área de distribución.
Área de distribución.

Subespecies
Véxase o texto
Prionailurus bengalensis da illa de Tsushima, no zoo de Fukuoka, Xapón.
Prionailurus bengalensis no zoo de Berlín.

Prionailurus bengalensis é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das cinco que integran o xénero Prionailurus.

E o gato asiático máis amplamente distribuído. A súa área de dispersión esténde desde a rexión do Amur, no extremo oriente de Rusia até as illas de Indonesia, abarcando a península de Corea, China, Indochina, o subcontinente indio, e desde o oeste, do norte de Paquistán até as illas Filipinas polo leste.

Encóntrase en áreas utilizadas para a agricultura, pero prefire hábitats boscosos. Vive nas selvas tropicais de árbores perennifolias e en plantacións a nivel do mar, en bosques caducifolios subtropicais e bosques de coníferas no sopé da cordilleira do Himalaia a alturas superiores aos 1 000 msnm.

Características

[editar | editar a fonte]

É aproximadamente do tamaño dun gato doméstico (duns 60 cm de lonxitude), pero máis delgado e coas patas máis longas. A súa pequena cabeza está marcada con dúas raias escuras prominentes que van desde os ollos até as orellas, raias brancas pequenas que van desde os ollos até o nariz. A parte posterior das súas moderadamente longas e arredonadas orellas son de cor negra con manchas brancas centrais. O tronco e as extremidades están marcadas con puntos negros de diferente tamaño e cor, e ao longo do lombo corren de dúas a catro fileiras de manchas alongadas. A cola é aproximadamente da metade do tamaño da lonxitude cabeza-tronco e está salpicada po algúns aneis de cor negra. A coloración xeral do corpo é parda alaranxada co peito e ventre branco. A súa dieta comprende mamíferos medianos e pequenos, aves, réptiles e peixes. É de hábitos nocturnos, manténdose activo desde o solpor até o amanecer, aínda que non é raro velo durante o día. Nada con gran axilidade.

Dimensións

[editar | editar a fonte]

Lonxitude de cabeza e tronco, de 45 a 65 cm; lonxitude da cola, de 20 a 30 cm. Peso de 1,6 a 8 kg.[2]

Lonxevidade

[editar | editar a fonte]

Contra os 13 anos.[2]

De 2 a 3 cachorros.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1792 polo médico e naturalista escocés en Linnaeus, Anim. Kingdom, 1: 151, baixo o nome de Felis bengalensis.[3]

Reclasificación

[editar | editar a fonte]

Foi reclasificado en 1858 dentro do xénero Prionailurus polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, que describiu este novo xénero.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O epíteto específico, bengalensis, débese a que o espécime tipo procedía de Bengala, India.[3]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense dentro da especie as seguintes subespecies:[3]

Aínda que algúns autores engaden unha máis: Prionailurus bengalensis iriomotensis, que vive exclusivamente na pequena illa de Iriomote, nas illas Ryukyu (Xapón), que a maoiria recoñece como especie independente, Prionailurus iriomotensis Imaizumi, 1967.[4] E, para outros, sería un Prionailurus incertae sedis.[5]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que é unha especie mmoi estendida e relativamente común,[6][7] aínda que a subespecie da illa Iriomonte, P. b. iriomotensis, avalíase por separado na súa Lista vermella porque a súa poboación é moi pequena e esta illada.[1]

  1. 1 2 Ross, J., Brodie, J., Cheyne, S., Hearn, A., Izawa, M., Loken, B., Lynam, A., McCarthy, J., Mukherjee, S., Phan, C., Rasphone, A. & Wilting, A. (2015): Prionailurus bengalensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 5 de decembro de 2018.
  2. 1 2 3 Leopard cat. Prionailurus bengalensis Arquivado 06 de decembro de 2018 en Wayback Machine. en Cat Spcialist Group.
  3. 1 2 3 4 Prionailurus bengalensis en MSW.
  4. Imaizumi, Y. (1966–1967). 琉球, 西表島産の山猫 (新属新種) について [Un novo xénero e especie de gato de Iriomote, islas Ryukyu] (pdf). 哺乳動物学雑誌 (en xaponés) (日本哺乳動物学界) 3: 75–105. ISSN 1884-393X. Consultado o 5 de decembro de 2018.
  5. Prionailurus Severtzov, 1858 no ITIS.
  6. Nowell, K. and Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland and Cambridge, UK: IUCN/SSC Cat Specialist Group. ISBN 2-8317-0045-0.
  7. Sunquist, Melvin E. & Sunquist, Fiona (2002): Wild Cats of the World. Chicago and London: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7999-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]