Heródoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heródoto
AGMA Hérodote.jpg
Busto de Heródoto.
Datos persoais
Nacemento c. 484 a. C.
Lugar Halicarnaso, Caria, Anatolia
Falecemento c. 425 a. C.
Lugar Turios, Calabria o Pella, Macedonia
Actividade
Lingua Grego
Xéneros Historiador, xeógrafo

Heródoto, nado no 484 a. C. e finado no 425 a. C. foi un historiador grego, pai da historiografía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixinario de Halicarnaso, actual Bodrum, Turquía. Tras a súa participación dunha revolta contra o tirano Ligdamis tivo que marchar ao exilio na illa de Samos, e dedicouse a viaxar, viaxes que o levaron a Exipto, chegando ata a primeira catarata do Nilo, a Babilonia, a Siria, a Libia, a Italia e a Sicilia. Viviu en Atenas, e aquí recolleu as tradicións orais das principais familias, en especial dos Alcmaeonidae.

Heródoto escribiu a historia da invasión persa de Grecia, coñecida como a As historias de Heródoto, considerada a primeira obra de historia, ata entón rexistrábanse os acontecementos históricos en crónicas e épicas, pero Heródoto foi o primeiro en tratar o pasado como un problema filosófico, que permitía coñecer o comportamento humano. E foi o primeiro en recoller testemuñas presentes nos feitos que describía e preocuparse pola obxectividade, na súa obra dá tamén abondas referencias etnográficas. Aínda que a obra non foi apreciada na antigüídade, Aristóteles califícaa de mitóloga, Aulo Xelio califícao de fabuladora, e tan só a partir do Renacemento comezou a ser valorada.

As historias publicouse entre o 430 a. C. e o 424 a. C., divídense en nove libros, que reciben o nome das musas. Os primeiros seis tratan do medre do Imperio Persa e da súa influencia en Grecia. Os tres últimos describe os intentos do rei Xerxes por vingar a batalla de Maratón e absorber Grecia dentro do Imperio Persa.

Heródoto describe na súa obra os confíns da terra, nese contexto enténdese a primeira referencia ás illas Casitérides no libro terceiro, aínda que só para afirmar que non sabe nada delas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heródoto Modificar a ligazón no Wikidata
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Heródoto