Gato bravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gato bravo
Felis silvestris
Gato montés europeo (Felis silvestris silvestris)
Gato montés europeo (Felis silvestris silvestris)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Felis
Especie: F. silvestris
Nome binomial
Felis silvestris
Schreber, 1775
Distribución de Felis silvestris en Galicia

Distribución de Felis silvestris en Galicia

O gato bravo, ou gato montés[1] (Felis silvestris) é un mamífero placentario da orde dos carnívoros e familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico. Recibe tamén os nomes de gato do monte e gato fero.

A subespecie Felis silvestris silvestris é a que habita en case toda Europa; Felis silvestris cretica está restrixida á illa de Creta, e Felis silvestris libyca é a propia de África.

Descrición[editar | editar a fonte]

Como xa se mencionou, o gato bravo é moi semellante ao gato doméstico, as diferenzas máis características son: o gato bravo é meirande ca o gato común, máis rexo, cunha cola grosa e peluda. A cabeza é máis larga, as orellas son pequenas e os ollos de cor ámbar ou averdada. A pelaxe agrisada, algo parda, con raias escuras por todo o corpo menos no ventre, que é de cor branca pardusca, ás veces con manchas negras.

A lonxitude da cabeza e do corpo está entre os 50 cm e os 80, e o rabo mide sobre os 25 cm e os 35. O seu peso é de 5 a 10 kg.

O gato bravo ten unha media de vida entre os 6 e 12 anos.

Alimentación[editar | editar a fonte]

O gato bravo é un animal nocturno e solitario. Habita nos bosques e montes.

É un animal carnívoro, que se alimenta de roedores, paxaros, anfibios, réptiles e algúns insectos. Estímase que ten unhas necesidades alimenticias duns 500 gramos ao día.

Reprodución[editar | editar a fonte]

O gato bravo aparéase entre febreiro e marzo, é polígamo, polo que unha femia pode ser apareada por varios machos.

A xestación dura entre 63 e 69 días, e en abril ou maio comeza a época de parto, a femia dá a luz no interior do tobo a unha camada de entre 1 a 8 cachorros, aínda que o habitual é de 3 a 4. Os gatiños ao naceren non abren os ollos ata os 10-12 días, e son amamantados durante 4 semanas. Aos 3-4 meses independízanse, aínda que seguen cazando coa nai unha temporada. Aos 10 meses alcanzan a madureza sexual, podéndose reproducir na seguinte temporada de celo.

Ameazas[editar | editar a fonte]

En Europa o gato bravo está considerada unha especie en risco, unha das causas é que se está a mesturar co gato común.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos en Léxico de xeografía, Universidade de Santiago de Compostela, 1996; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]