Diana
| Diana | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Venerado por
| |
|
Parte de
| |
| Obra | |
| Biografía | |
|
Sexo
| |
| Actividade | |
|
Ocupación
| |
|
Lugar de traballo
| |
| Familia | |
|
Nai
| |
|
Pai
| |
|
Irmá/n
| |
|
Fillo/a
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata C:Commons |

Na mitoloxía romana, Diana é a equivalente á grega Artemisa.
Deusa Virxe da caza, protectora da natureza. É a irmá xemelga do deus Apolo, filla de Xúpiter e Latona. Ao nacer antes có seu irmán, foi testemuña das dores do parto, e pediulle ao seu pai a graza da virxindade eterna xunto coa súa irmá Minerva. O seu propio pai armouna co arco e as frechas e fíxoa raíña dos bosques, dándolle por comitiva un grupo de ninfas que debían garda-lo celibato; elas acompañábana a cazar, xa que era a súa ocupación favorita.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A etimoloxía do seu nome é simplemente a Deusa, sendo pois o seu paralelo grego neste sentido, aínda que non no culto, Dione en Dódona.
Roles e funcións
[editar | editar a fonte]Diana foi orixinalmente unha deusa da caza, relacionada cos animais e as terras salvaxes. Máis adiante pasou a ser unha deusa da Lúa, suplantando a Lúa (deusa latina) e sendo tamén un emblema da castidade. As carballeiras estábanlle especialmente consagradas. Era louvada na poesía pola súa forza, graza atlética, beleza e habilidades na caza.
Na práctica formaba unha trindade coas outras dúas deidades romanas: Exeria, a ninfa acuática, a súa servente e axudante comadroa, e Virbio, o deus dos bosques.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diana |
Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |