Filosofía: Diferenzas entre revisións
m arranxiño |
m →Historia: AP |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
== Historia == |
== Historia == |
||
{{Artigo principal|Historia da filosofía}} |
|||
A principal característica que [[Aristóteles]] ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O ''sophós'' (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha [[ciencia]] específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do ''kosmos'' como os da ''physis'' (a [[natureza]]), como as que din respecto ao [[home]] e á [[sociedade]]. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real. |
A principal característica que [[Aristóteles]] ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O ''sophós'' (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha [[ciencia]] específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do ''kosmos'' como os da ''physis'' (a [[natureza]]), como as que din respecto ao [[home]] e á [[sociedade]]. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real. |
||
Revisión como estaba o 17 de xuño de 2018 ás 10:18
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría") é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.
A filosofía' busca cuestionar a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferenza da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación. Este foi o carácter polo que a filosofía se diferenza e deixa de ser ciencia a partir do século XIX. As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.
Historia
- Artigo principal: Historia da filosofía.
A principal característica que Aristóteles ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O sophós (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha ciencia específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do kosmos como os da physis (a natureza), como as que din respecto ao home e á sociedade. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real.
Para Platón, a primeira actitude do filósofo é admirarse. A partir da admiración faise a reflexión crítica, o que marca a filosofía como busca da verdade. Filosofar é dar sentido á experiencia.
Na actualidade, entre outras múltiples, diferentes e, porén, válidas definicións, pódese afirmar que filosofía é o estudo racional, crítico e obxectivo de todos ou calquera dos achados do pensamento humano. É dicir, a actividade filosófica consiste en pensar razoando sobre aquilo que se atopa ó noso redor: dende a natureza ata os propios mecanismos internos de razoamento. Filosofar é, pois, tanto pensar acerca do mundo como pensar acerca do propio pensamento.
Orixes históricas
A palabra filosofía gaña, en dimensións específicas de tempo e espazo, concepcións novas e diferentes tornando difícil a súa exacta localización.
Historicamente, a filosofía comeza con Tales de Mileto, aínda que este principio histórico sexa máis un punto de referencia que unha discusión xa acabada. Aristóteles escribiu que a filosofía foi posible a través do ocio, pois, unha vez resolvidos os seus problemas de vivenda, alimentación, vestiario, e sendo dispensados da necesidade do traballo pesado, os gregos puideron dedicarse á investigación filosófica.
Tales foi o primeiro dos filósofos Presocráticos, ou filósofos da Physis, que buscaban a arché, que era un principio que, alén de ser o principio de todas as cousas, debería tamén compor (ou formar parte de) todas as cousas, e mesmo ser a última de todas as cousas.
Platón é quen inicia esta nova linguaxe, a filosofía como a coñecemos, a busca da esencia, a ontoloxía, dos conceptos universais en detrimento do coñecemento vulgar e sensorial. Anteriormente a el, a filosofía era discutida por sabios, era o amor pola sabedoría daqueles que experimentaran a propia ignorancia, concepto, ao que parece, atribuído por Pitágoras.
Por moito tempo a filosofía incluía todo o que era coñecemento, abonda con ver a vasta obra de Aristóteles, que abrangue desde a física ata a ética. Aínda hoxe é difícil definir o obxecto exacto da filosofía.
Os seus obxectos propios son:
- Metafísica: concernente aos estudos daquilo que non é físico (physis), do coñecemento do ser (ontoloxía), do que transcende o sensorial e tamén da teoloxía.
- Epistemoloxía: estudo do coñecemento, teoriza sobre a propia ciencia e de como sería posible a aprehensión deste coñecemento.
- Ética: para Aristóteles, é parte do coñecemento práctico xa que nos mostraría como debemos vivir e actuar.
- Estética: a procura do belo, a súa conceptuación e cuestionamento. O entendemento da arte.
- Lóxica: a procura da verdade, o seu cuestionamento, a razón.
Correntes e tópicos
- Teogonía
- Filosofía no Exipto Antigo
- Filosofía védica
- Ciencia Caldea
- Os Presocráticos
- Sofistas
- Teosofía
- Helenismo
- Cosmoloxía Hebraica
- Teoloxía gnóstica
- Filosofía árabe medieval
- Escolástica
- Revolución Científica
- Humanismo
- Iluminismo
- Antropoloxía filosófica
- Racionalismo
- Idealismo
- Empirismo
- Materialismo
- Marxismo
- Positivismo
- Fenomenoloxía
- Existencialismo
- Hermenéutica
- Posmodernismo
Materialistas vs Idealistas
Os filósofos divídense en dúas grandes correntes: materialistas e idealistas. O termo materialista aplícase a aqueles que cren que o universo (todo o que existe) está formado de materia, e existe obxectiva e independentemente da existencia de seres cognoscentes capaces de percibilo. Os idealistas son aqueles que sosteñen que o mundo non ten existencia independente dos seres cognoscentes.
Filósofos
da Antigüidade
Presocráticos
- Anaximandro de Mileto
- Anaxímenes de Mileto
- Anaxágoras de Clazomenas
- Arquitas de Tarento
- Demócrito de Abdera
- Dióxenes de Apolonia
- Filolau de Crotona
- Empédocles
- Heráclito de Éfeso
- Leucipo de Mileto
- Meliso de Samos
- Parménides de Elea
- Pitágoras
- Tales de Mileto
- Xenófanes de Cólofon
- Zenón de Elea
Sofistas
do Clasicismo grego
Helénicos
Romanos
Medievais
- Agostiño de Hipona
- Alberte Magno
- Duns Scot
- Pedro Abelardo
- Robert Grosseteste
- Roger Bacon
- Santo Anselmo
- Tomé de Aquino
- William de Ockham
- Xoán Escoto Eríxena
- Andre de Souza
Renacentistas
- Erasmo
- Francis Bacon
- François Rabelais
- Galileo Galilei
- Giordano Bruno
- Niccolò Machiavelli
- Michel de Montaigne
- Thomas More
Modernos
- David Hume
- Spinoza
- George Berkeley
- Giambattista Vico
- Leibniz
- Immanuel Kant
- John Locke
- Montesquieu
- Isaac Newton
- Thomas Hobbes
- René Descartes
- Rousseau
- Voltaire
Contemporáneos
- Auguste Comte
- Bertrand Russell
- Cornelius Castoriadis
- Edmund Husserl
- Ernest Gellner
- Félix Guattari
- Fichte
- Friedrich Nietzsche
- Georg Wilhelm Friedrich Hegel
- Gilles Deleuze
- Giorgio Agamben
- Giorgio Colli
- Hans-Georg Gadamer
- Heinrich Rickert
- Henri Bergson
- Hilary Putnam
- Jacques Derrida
- Jean Baudrillard
- Jean-Paul Sartre
- Jürgen Habermas
- José Marinho
- José Ortega y Gasset
- Karl Korsch
- Karl Marx
- Karl Popper
- Ken Wilber
- Leonardo Boff
- Ludwig Feuerbach
- Ludwig Wittgenstein
- Martin Heidegger
- Michel Foucault
- Michel Serres
- Michael Tye
- Mikhail Aleksandrovitch Bakunin
- Nildo Viana
- Norberto Bobbio
- Paul Boghossian
- Paul Ricoeur
- Paulo Freire
- Pierre Fougeyrollas
- Pierre-Joseph Proudhon
- Pierre Lévy
- Pietro Ubaldi
- Richard Rorty
- Schelling
- Slavoj Žižek
- Kierkegaard
- Stanley Cavell
- Thomas Kuhn
- Tyler Burge
Cronoloxía
- século VI a. C. - Inicio da filosofía occidental con Tales de Mileto.
- finais do s. VI a. C. - Morte de Pitágoras.
- 399 a. C. - Sócrates condenado á morte en Atenas.
- 387 a. C. - Platón funda a Academia en Atenas, a primeira universidade.
- 335 a. C. - Aristóteles funda o Liceo en Atenas, escola rival da Academia.
- 324 - O emperador Constantino traslada a capital do Imperio Romano a Bizancio.
- 400 - Agostiño de Hipona escribe as Confesións.
- 410 - Roma saqueada polos visigodos.
- 529 - O peche da Academia en Atenas, polo emperador Xustiniano, marca a fin da era greco-romana e consolida a entrada na Alta Idade Media.
- Mediados do século XII - Comeza a recepción do Corpus aristotélico en Occidente a partir de traducións do árabe. Escola de Tradutores de Toledo.
- Mediados do s. XIII - Tomé de Aquino escribe os seus comentarios sobre Aristóteles. Era da filosofía escolástica.
- 1453 - Caída de Bizancio en poder dos turcos, fin do Imperio Bizantino.
- 1492 - Colón chega á América. Renacemento en Florencia e renovación do interese pola aprendizaxe do grego.
- 1543 - Copérnico publica Sobre as revolucións dos orbes celestes, cun modelo matemático no cal a Terra xira en torno ao Sol.
- 1633 - Galileo é forzado pola igrexa católica a abxurar da teoría heliocéntrica.
- 1641 - René Descartes publica as Meditacións, inicio da filosofía moderna.
- 1677- A morte de Spinoza permite a publicación da Ética.
- 1687- Newton publica os Principia, introducindo o concepto de gravidade.
- 1689- Locke publica o Ensaio sobre o entendemento humano. Inicio do empirismo.
- 1710 - Berkeley publica os Principios do coñecemento humano, levando o empirismo a novos extremos.
- 1716 - Morte de Leibniz.
- 1739-40 - David Hume publica o Tratado sobre a natureza humana, levando o empirismo aos seus limites lóxicos.
- 1781 - Kant, despertado do seu "soño dogmático" por Hume, publica a Crítica da razón pura. Inicio da grande era da metafísica alemá.
- 1807 - Hegel publica A fenomenoloxía do espírito: apoxeo da metafísica alemá.
- 1818 - Schopenhauer publica O mundo como vontade e representación.
- 1867 - Marx publica O Capital, unha crítica da ideoloxía burguesa, sentando as bases do pensamento comunista.
- 1889 - Nietzsche, o que dixera que "Deus está morto", sucumbe á loucura en Turín.
- 1900-1901 - Husserl publica as Investigacións lóxicas, inicio da fenomenoloxía.
- 1921 - Wittgenstein publica o Tractatus logico-philosophicus, avogando a "solución final" para os problemas da filosofía.
- década de 1920 - O círculo de Viena presenta o positivismo lóxico.
- 1923 - Fúndase en Frankfurt o Instituto para a Investigación Social, destinado a discutir a viabilidade histórica do programa marxista revolucionario.
- 1927 - Heidegger publica Ser e tempo, anunciando a ruptura entre a filosofía analítica e a continental.
- 1943 - Sartre publica O ser e a nada, avanzando no pensamento de Heidegger e instigando o xurdimento do existencialismo.
- 1945 - Popper publica A sociedade aberta e os seus inimigos, unha filosofía política oposta ó marxismo.
- 1953 - Publicación póstuma de Investigacións filosóficas, de Wittgenstein. Auxe da análise lingüística.
- 1960 - Hans-Georg Gadamer publica Verdade e método, inicio da Hermenéutica filosófica.
- 1962 - Kuhn publica A estrutura das revolucións científicas, cuestionando os fundamentos das epistemoloxías dominantes.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filosofía |
A Galicitas posúe citas sobre: Filosofía |
Bibliografía
- Perez Carrasco, Francisco Javier e Rodríguez Álvarez, Manuel (1999). A filosofía, outra historia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-314-4.