Arthur Schopenhauer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Schopenhauer»)
Infotaula de personaArthur Schopenhauer

(1859) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1788 Editar o valor em Wikidata
Gdańsk (República das Dúas Nacións) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1860 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Frankfurt (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia respiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério de Frankfurt am Main (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGdańsk
Hamburgo
Frankfurt Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín (1811–)
Universidade de Gotinga (1809–)
Ernestinum Gotha (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMetafísica, Ética, estética, psicoloxía e historia da filosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario , musicólogo , escritor , filósofo , tradutor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofia do século XIX (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Berlín
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
MovementoIrracionalismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoFrauta Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisHeinrich Floris Schopenhauer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Johanna Schopenhauer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAdele Schopenhauer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1893275 iTunes: 151840987 Musicbrainz: 852f26a1-228b-4908-b787-5e1a4887610b Discogs: 1730606 WikiTree: Schopenhauer-1 Find a Grave: 12793 Editar o valor em Wikidata


Arthur Schopenhauer, nado en Gdańsk o 22 de febreiro de 1788 e finado en Frankfurt o 21 de setembro de 1860, foi un filósofo polaco-alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arthur Schopenhauer naceu preto da cidade báltica de Danzig (Polonia), fillo de Heinrich Floris Schopenhauer e Johanna Schopenhauer, unha familia mercantil de clase media de orixe holandesa. Parecía destinado á carreira comercial do seu pai, con quen fixo longas viaxes por Francia e Inglaterra. En 1793, cando a cidade foi anexionada por Prusia, a familia mudouse a Hamburgo. Morto o pai en 1805, abandonou os estudos de comercio e comezou a estudar medicina en Gotinga, que abandonou finalmente pola filosofía aconsellado por Gottlob Schulze, que lle recomendou ler a Platón, Aristóteles e Kant.

En 1811 trasladouse a Berlín, onde amosou certo interese polas disertacións de Schleiermacher e de Fichte. En 1813, tras unha breve estadía na casa familiar de Weimar, na que coñeceu a Goethe -amigo da súa nai, tamén escritora- e o orientalista Friedrich Majer, encerrouse en Rudolstadt, onde acabou de redactar a súa tese de doutoramento, Über die vierfache Wurzel des Satzes vom zureichenden Grunde (1813), que presentou para o título de doutor na universidade de Jena. Trala tese, durante os catro anos que residiu en Dresde, compuxo a súa obra principal Die Welt als Wille und Vorstellung (O mundo como vontade e representación), que non tivo o éxito que lle prevía, pero que coñeceu dúas novas edicións en vida do autor (a segunda en 1844, con 50 novos capítulos, e a terceira en 1859).

En 1820 conseguiu ser profesor da universidade de Berlín, onde leccionou criticamente sobre Hegel, sen éxito, durante seis meses. Viaxou por toda Italia visitando Florencia, Roma, Nápoles e Sicilia ata que, de volta en Berlín, decidiu retirarse a Frankfurt do Meno en 1831, onde levou unha existencia burguesa, célibe e apracible, durante case trinta anos. En 1836 publicou Über den Willen in der Natur (Sobre a vontade da natureza) e en 1851 unha colección de ensaios e aforismos, Parerga e Paralipomena, que por fin lle deron sona en vida. De carácter intransixente e pouco favorable ó contacto humano, gañou unha merecida fama de irredutible misántropo. Morreu por mor dunha pleurite.

Ideas filosóficas[editar | editar a fonte]

Arthur Schopenhauer

Na súa obra máis famosa Die Welt als Wille und Vorstellung, Schopenhauer afirmaba a vontade como chave da razón. A súa idea de que sen vontade non hai nada é xeralmente vista como unha expresión clásica do pesimismo filosófico. É criticado por adoptar e defender unha especie de pesimismo de corte romántico que entende a vida como sufrimento.[1] Non obstante, conforme á filosofía oriental, en particular o budismo, a súa obra predica a salvación, a entrega, e a anulación do sufrimento na contemplación estética, na simpatía polos demais, e na vida ascética. Neste sentido recoñecía a superioridade do budismo e do misticismo hindú sobre a teoloxía cristiá dominante na Europa da súa época. A súa admiración por Kant corría en paralelo co desprezo polos idealistas da época. Para el, a representación é a dimensión aparencial da realidade, mais por baixo aparecerá a vontade se se trata de descubrir o que agocha, froito de intuír a vontade propia, irracional na súa propia natureza. A propia vontade non é máis ca un caso da Vontade que invade o mundo (algo así como a entropía da física) e que se manifesta dende os seres inorgánicos ata no ser humano, onde conflúen vontade e representación. A cuestión é que a vontade que busca a súa propia conservación é egoísta, por iso é necesaria a existencia do Dereito para coutala. O coñecemento da realidade posibilita superar o egoísmo e simpatizar co resto da Natureza, nunha sorte de identificación nirvánica.

Influencia da súa obra[editar | editar a fonte]

As súas ideas románticas e irracionais influenciaron os eidos da filosofía (e.g. Nietzsche, Bergson e Wittgenstein), da psicoloxía (Freud e Jung, por exemplo), da literatura (Thomas Mann, Hermann Hesse, Marcel Proust, Michel Houellebecq[1] e un longo etcétera) e a música (Wagner).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Über die vierfache Wurzel des Satzes vom zureichenden Grunde (Sobre a raíz cuádrupla do principio da razón suficiente, 1813).[2]
  • Über das Sehn und die Farben (Sobre a vida e as cores, 1816)[2]
  • Die Welt als Wille und Vorstellung (O mundo como vontade e representación, 1819).[2]
  • Die Kunst, recht zu behalten (A arte de ter sempre razón, 1830-1831)[3].
  • Über den Willen in der Natur (Sobre a vontade na natureza, 1836)[4].
  • Über die Freiheit des menschlichen Willens (Ensaio sobre a libre vontade, 1839)[5]
  • Über die Grundlage der Moral (Sobre os alicerces da moral, 1840)[6]
  • Die beiden Grundprobleme der Ethik (Os dous problemas fundamentais da Ética,1841).[2]
  • Parerga e Paralipomena, 1851.
  • Aphorismen zur Lebensweisheit (Aforismos sobre a sabedoría na vida, 1886)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Álex Vicente (14-1-2017). "Schopenhauer-Houellebecq: diálogo literario entre pesimistas". El País - Cultura (en castelán). Consultado o 1-4-2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Schopenhauer, Arthur (1788 - 1860)". CERL Thesaurus. Consultado o 12 abril 2018. 
  3. Schopenhauer, Arthur (2002). El arte de tener razón : expuesto en 38 estratagemas. [Madrid]: Alianza Editorial. ISBN 84-206-7348-X. 
  4. "Schopenhauer, Arthur (1788-1860)". SUDOC. Consultado o 12 abril 2018. 
  5. "Sobre la libertad de la voluntad (ficha catálogo)". DNB Katalog. Consultado o 12 abril 2018. 
  6. "Über die Grundlage der Moral". DNB katalog (en alemán). Consultado o 12 abril 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]