Guerra da Independencia española en Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Levantamento da Coruña: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2)
Replacing superseded 'Portrait of the Duke of Wellington by Goya.jpg' with 'Francisco Goya - Portrait of the Duke of Wellington.jpg'
Liña 241: Liña 241:
A outra fronte de actuación da diplomacia galega foi [[Inglaterra]]. O [[16 de xuño]] de [[1808]] foron designados como representantes ou embaixadores da Xunta perante a corte de San Xaime [[Xoaquín Freire de Andrade]] e [[Francisco Bermúdez de Castro e Sangro]]:
A outra fronte de actuación da diplomacia galega foi [[Inglaterra]]. O [[16 de xuño]] de [[1808]] foron designados como representantes ou embaixadores da Xunta perante a corte de San Xaime [[Xoaquín Freire de Andrade]] e [[Francisco Bermúdez de Castro e Sangro]]:
{{cita|''"El Reyno de Galicia congregado en la ciudad de La Coruña por medio de sus representantes ha reasumido en sí la Soberanía y toda la Autoridad Suprema de su Rey el Sr. D. Fernando VII, por su ausencia y detención en Francia, habiéndose declarado independiente del acual Gobierno de Madrid. Quedan con las armas en la mano sus hijos y envía al caballero D. Francisco Sangro como su enviado para los objetos de que V.E. quedará insturuido"''.<ref>Díaz, ''Op. cit.'' p. 162.</ref>}}
{{cita|''"El Reyno de Galicia congregado en la ciudad de La Coruña por medio de sus representantes ha reasumido en sí la Soberanía y toda la Autoridad Suprema de su Rey el Sr. D. Fernando VII, por su ausencia y detención en Francia, habiéndose declarado independiente del acual Gobierno de Madrid. Quedan con las armas en la mano sus hijos y envía al caballero D. Francisco Sangro como su enviado para los objetos de que V.E. quedará insturuido"''.<ref>Díaz, ''Op. cit.'' p. 162.</ref>}}
[[Ficheiro:Portrait of the Duke of Wellington by Goya.jpg|miniatura|[[Arthur Wellesley, duque de Wellington|Sir Arthur Wellesley]], I [[duque de Wellington]], por [[Goya]] (1812).]]
[[Ficheiro:Francisco Goya - Portrait of the Duke of Wellington.jpg|miniatura|[[Arthur Wellesley, duque de Wellington|Sir Arthur Wellesley]], I [[duque de Wellington]], por [[Goya]] (1812).]]
[[Ficheiro:1stLordStuart de Rothesay.jpg|miniatura|[[Charles Stuart|Lord Stuart de Rothesay]] (sir Charles Stuart) retratado en 1830.]]
[[Ficheiro:1stLordStuart de Rothesay.jpg|miniatura|[[Charles Stuart|Lord Stuart de Rothesay]] (sir Charles Stuart) retratado en 1830.]]



Revisión como estaba o 24 de marzo de 2018 ás 22:20

Recreación da batalla de Elviña. 15 de abril de 2012.
A ponte medieval do Burgo, inutilizada polo exército de Moore, e reconstruída a finais do século XX.
John Moore. Retrato por Thomas Lawrence. National Portrait Gallery, Londres.
Tumba de sir John Moore. Xardín de San Carlos.
Pablo Morillo, conde de Cartaxena de Indias e marqués de la Puerta, chamado O león de Sampaio. Retrato por Horace Vernet (1789–1863).

A guerra da Independencia española (1808-1814) foi un enfrontamento militar entre España e o Primeiro Imperio Francés, provocado pola pretensión de Napoleón de instalar no trono español ao seu irmán Xosé Bonaparte, tras as abdicacións de Baiona. Esta guerra, tamén coñecida como a francesada, solápase e confúndese coa que a historiografía anglosaxoa chama ·guerra peninsular" (Peninsular War), iniciada en 1807 ao declararlle Francia e España a guerra a Portugal, tradicional aliado do Reino Unido. Tamén tivo un importante compoñente de guerra civil a nivel nacional entre afrancesados e patriotas.

O conflito desenvolveuse en plena crise do Antigo Réxime e sobre un complexo contexto de profundos cambios sociais e políticos impulsados polo xurdimiento da identidade nacional española e a influencia no campo dos "patriotas" dalgúns dos ideais nacidos da Ilustración e a Revolución francesa, paradoxicamente difundidos pola elite dos "afrancesados".

O tratado de Fontainebleau de 27 de outubro de 1807 prevía, de cara a unha nova invasión hispanofrancesa de Portugal, o apoio loxístico necesario para o tránsito das tropas imperiais. Baixo o mando do xeneral Jean-Andoche Junot, as tropas francesas entraron en España o 18 de outubro de 1807, cruzando o seu territorio a toda marcha chegando á fronteira portuguesa o 20 de novembro. Porén, os planes de Napoleón ían máis alá, e as súas tropas, moi superiores en número ao acordado en Fontainebleau, foron tomando posicións en importantes cidades e prazas fortes co obxecto de derrocar á Casa de Borbón e suplantala pola súa propia dinastía, convencido de contar co apoio popular.

Pero o resentimento da poboación polas exixencias de mantemento das tropas estranxeiras, que deu lugar a numerosos incidentes e episodios de violencia, xunto coa grande inestabilidade política xurdida pola querela entre Carlos IV de España e o seu fillo e herdeiro Fernando VII, orquestrada polos franceses, que se iniciou co Proceso de El Escorial e culminou co Motín de Aranjuez e o ascenso ao poder de Fernando VII, precipitou os acontecementos que desembocaron nos primeiros levantamentos no norte de España e a xornada do 2 de maio de 1808 en Madrid. A difusión das noticias da brutal represión e das abdicacións de Baiona do 5 e 9 de maio, estenderon por toda España o chamamento, iniciado en Móstoles, a enfrontarse coas tropas imperiais, decidiron a guerra pola vía da presión popular, a pesar da actitude contraria da Xunta Suprema de Goberno, órgano de rexencia instituído o 10 de abril de 1808 polo rei Fernando VII, que sería a encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia, cando tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón, nomeando ao seu tío o infante Antonio Pascual como presidente.

Este artigo trata de dar unha visión desta guerra desde o punto de vista galego, así como da participación dos galegos na mesma.

A gloria que lle foi negada ao pobo galego durante 200 anos recoñécese aquí con nomes, datas e lugares, dixo Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules Ediciones, na presentación do libro Victorias de Galicia. La Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón do coronel Navas Ramírez-Cruzado. Rodríguez expresou o seu desexo de que ese libro serva para cambiar o defecto máis grave dos galegos, que é a falta de autoestima, mencionando a famosa frase do duque de Wellington: españois, imitade aos inimitábeis galegos!.[1]

Pola súa parte o autor, coronel de artillaría e durante sete anos director do Museo Militar da Coruña, foi Galicia enteira a que venceu ás forzas de Napoleón, non foi o exército español, ou o que quedaba del, nin o inglés que veu axudar e o que fixo foi estorbar, nin os guerrilleros. Así mesmo, tamén desmitificou outros feitos famoso desta contenda, como o 2 de maio, que morreu o día 3 cos fusilamentos, o levantamento de Zaragoza ou a gran Bailén, que o que fixo foi despertar o furor de Napoleón. Segundo Navas, foi a dignidade atropelada do pobo galego a que se levanta e que expulsa aos franceses da súa terra en seis meses, nunha una guerra que durou seis anos.[1]

Antecedentes

A comezos do século XIX en Galicia, como no resto de España, o poder político, é dicir, o control inmediato dos órganos de decisión política, estaba en mans das dúas clases que tiñan o poder económico e social: a nobreza e o alto clero. Consolidárase, aparentemente, un equilibrio social formado por dous grandes bloques: o das elites ou perceptores de rendas e dereitos (nobreza e alto clero) e o dos produtores. Unha fina tea separaba aos campesiños ricos dos fidalgos, que formaban o primeiro chanzo da escala nobiliaria. Algúns (poucos) dos primeiros, valéndose de medios legais (comprando a cédula de fidalguía, gañándoa por servizos prestados nas guerras etc.) ou ilegais (prescrición dun suposto título, falsificación de árbores xenealóxicas etc.) conseguían traspasar a fronteira legal instalándose na clase superior. Así mesmo algúns burgueses, chegados de fóra de Galicia no século XVIII, procuraron demostrar a súa fidalguía e, deste xeito, acomodarse socialmente no bloque superior. Mentres isto funcionou, o sistema mantívose, e o equilibrio social parecía consolidado. Pero todo isto se vería ameazado a partir de 1808. O equilibrio, aparentemente ben consolidado, rompeu.[2]

Crise política

Artigo principal: Crise do Antigo Réxime.

O pensamento ilustrado en Galicia

Artigo principal: Ilustración.
Véxase tamén: Ilustración en Galicia.
Frei Martín Sarmiento.

Os ilustrados galegos fixeran unha análise suficientemente correcta das causas que impedían o desenvolvemento económico e social de Galicia que fose paralelo ao que estaban experimentando outros países. Ao lado desta análise presentaban, polo xeral, unhas solucións que, en principio, non cuestionaban a estrutura económico-social do país; así, estimaban que o clero e a nobreza deberían seguir sendo as clases que o vertebraran socialmente, e non poñían en xuízo, en xeral, o sistema de Señorío, nin o foro como fórmula de tenencia da terra.

Aínda que había un sector máis crítico que, nas súas propostas, se aproximaba a unha solución revolucionaria, polo xeral hai que dicir que o pensamento ilustrado galego, que contaba nas súas filas con intelectuais como Sarmiento, Lucas Labrada, Luís Marcelino Pereira,[3] Juan Francisco de Castro,[4][5] Cornide e o cóengo Pedro Antonio Sánchez Vaamonde,[6] entre outros, unicamente procuraba eliminar os atrancos que dificultaban que se cumpriran as leis económicas, como os excesivos impostos, as trabas á circulación de mercadorías etc., pero sen ofreceren un programa total de solucións que apuntan a un novo equilibrio de poderes.

Os liberais galegos

5 de maio de 1789, inauguración dos Estados Xenerais en Versalles.
Toma da Bastilla, cadro de Jean-Pierre Houel (1735-1813).
Patente de Luis XVI na que se promulgou a Declaración dos Dereitos do Home e o Cidadán.
Artigo principal: Liberalismo.

No período que vai de 1789, ano no quen suceden importantes acontecementos para a historia:

En 1808 (comezo de guerra da Independencia española) formáronse en Galicia diversos grupos de intelectuais que estaban xa moi afastados das propostas moderadas dos ilustrados e que apuntaban cara a solucións radicais. Ao país, pensaban, non había que reformalo, senón cambialo. Eran os liberais, que se mantiveran un pouco na sombra até 1808 en que a convulsión sufrida por España coa invasión francesa e a aparición da liberdade de prensa lles permitiu presentarse e facer campaña das súas ideas.

A aparición desta xeración de intelectuais e políticos liberais non foi, evidentemente, casual; tivo que ver cos progresos experimentados pola economía europea no último terzo do século XVIII. Unha sociedade que se preocupa das ideas de liberdade, igualdade e democracia revela que ten resolvidos, polo menos en determinadas capas sociais, os problemas económicos máis urxentes.

En Galicia vislúmbranse unha serie de datos que indican que se estaba a experimentar unha certa reactivación económica a finais do século. Os indicadores máis destacados eran os seguintes:

  • Xeneralización do cultivo do millo, o que permitiu un incremento da actividade gandeira e unha elevación da dieta alimentaria o que, como consecuencia inmediata, supuxo un aumento da poboación.
  • Xeneralización do cultivo da pataca, até o punto de que Lucas Labrada puido escribir que, en 1804, as patacas producíanse en todas as comarcas de Galicia.[7]
  • Asociación de novos cultivos, como o dos feixóns (ou fabas) co millo, sen cansazo excesivo da terra.[8]
  • Aumento da superficie cultivada nunhas 200.000 Ha.[9]
  • Crecemento espectacular dos rendementos agrícolas até o punto de que, nalgunhas comarcas de clima privilexiado, como o Salnés, alcanzaríanse a finais do século XVIII cotas de produción non igualadas en todo o século XIX.[10]
  • Conxuntura favorábel dos prezos, que beneficiaría non só ás clases rentistas, senón tamén ao campesiñado posuidor de terras grazas á introdución dos novos cultivos, a extensión do campo cultivado e o incremento da produción gandeira.
  • Resposta favorábel da poboación, xa que este proceso de crecemento económico foi posíbel tamén, en boa parte, grazas á acumulación do esforzo.[11]

O levantamento en Galicia

Na guerra da Independencia todo o país galego convértese nunha guerrilla contra o invasor francés. En palabras de Barreiro, a Igrexa entregouse en favor da loita; colgáronse hábitos e sotanas e empuñáronse as armas e, os clérigos que pola idade (ou pola súa pusilanimidade) quedaron na retagarda, apoiárona desde púlpitos e confesionarios. Os fidalgos, que se consideraban señores naturais dos seus súbditos campesiños, en poucas ocasións como nesta puideron exercer un liderado que lles permitira consolidar o prestixio das familias: os pazos foron cuarteis e almacéns onde os campesiños encontraban, desta vez, de todo, desde armas e municións até prórrogas para o pagamento das rendas. A burguesía das cidades marítimas, despois dunha inicial dúbida sobre que partido tomar, entregáronse igualmente á causa achegando diñeiro, enviado aos seus fillos ás escolas de cadetes e, sobre todo, asumindo (non desinteresadamente, é certo) as pesadas responsabilidades dunha burocracia militar e civil cada día máis complicada. Todos colaboraron eficazmente. Pero, sobre todo, alí estaba, en primeira liña, o campesiñado (a maioría da poboación). Quizais desde a gran guerra irmandiña nunca os campesiños galegos se entregaran tan vehementemente a unha causa como nesta ocasión. A guerra foi, pois, unha epopea popular.[12]

Levantamento da Coruña

A cidade da Coruña foi, en maio de 1808, a primeira que se levantou en armas contra os franceses, cando os alarmantes rumores sobre a entrega das autoridades, e por tanto do país, a Napoleón inquietaron á poboación. Pouco despois álzase a de Santiago e, a continuación, todas as demais cidades e vilas seguen o exemplo das dúas principais urbes galegas, formando Xuntas de goberno que, a instancias da de Coruña, acabaron confluíndo e integrando a Xunta Suprema do Reino de Galicia que actuou, durante menos de un ano, apenas seis meses, como soberana xa que, imposibilitado Fernando VII, preso e cativo en Francia, actuou, no seu nome, como o goberno dun reino independente.

Segundo Díaz Otero,

"Aunque son muchos los autores que proporcionan información acerca de los hechos acaecidos en La Coruña durante el mes de mayo, lo cierto es que básicamente hay una única versión de la que muy posiblemente sea responsable el conde de Toreno. Según dicha versión los estados de ánimo empezaron a alterarse con la llegada, en los primeros días de mayo, del oficial francés Mougat, quien había sido comisionado por Murat para inspeccionar los arsenales de fusiles y artillería de Galicia."
"Al parcer, y con el objeto de calmar o sosegar los ánimos, el entonces capitán general interino, D. Francisco de Biedma, decidió instalar unas piezas de artillería delante del palacio de capitanía. Esta medida produjo efectos contrarios a los previstos y sirvió para suscitar recelos de connivencia entre Biedma y los franceses. Comenzaron entonces a aparecer una serie de rumores entre los que destacaba el de que Biedma pensaba enviar a los soldados a Francia y que serían substituídos por franceses. Además, se haría una conscrpción entre los paisanos, por orden francesa, y serían llevados maniatados a Francia. Tal fin atribuían a la visita de Mougat."[13]

Cabe preguntarse se estes rumores e este estado de inquietude estaban, ou non, provocados por algún grupo de persoas. A este respecto sábese que un grupo de paisanos se reunía secretamente con oficiais do exército, reunións ás que concorrían, entre outros, Manuel Pardo de Andrade e Sinforiano López. Ademais destes movementos, que poderiamos cualificar de internos, houbo algúns outros externos, que terían gran repercusión. Por exemplo, un enviado da Xunta de Asturias presentouse ante o rexente da Audiencia, Pagola, que, tras ser informado do levantamento asturiano, deulle ordes ao enviado de que marchara inmediatamente da cidade (para que non causara ningunha alteración da orde).[14]

Producírase, así mesmo, por aqueles días, a chegada do capitán xeneral Filangieri, que viñera co obxecto de pacificar os ánimos, pero que, con unha das súas medidas (o envío do rexemento de Navarra a Ferrol), no fixo senón exaltalos aínda máis.

"El momento culminante de la tensión se produjo en la ciudad con la llegada, el 29 de mayo, de un estudiante leonés, enviado de la Junta, con intención de proporcionar noticias de los contecimientos en su localidad y pedir ayuda al pueblo coruñés. Dicho enviado, tras entrevistarse con el regente de la Audiencia fue, al igual que el asturiano, un auténtico estorbo para las autoridads constituidas que acordaron recluirlo en la casa de Correos. Al enterarse la gente del suceso, acudió a dicho lugar y trató de derribar las puertas. Al momento llegó corriendo el general Filangieri, comenzando a dar bastonazos al pueblo y tropa, que era la primera en la acción".[15]

Estes acontecementos revelan que a poboación da cidade non confiaba nas sús autoridades, crendo —e posibelmente non sen razón— que tanto as supremas autoridades militares, Filangieri e Biedma, como as civís, especialmente o rexente da Audiencia, estaban dispostos a entregarse aos franceses. Nestas circunstancias calquera chispa podía facer saltar ao pobo, traballado subterraneamente por Sinforiano López e outros liberais. E a chispa saltou os días 30 e 31 de maio.

"El día 30 de mayo, festividad de San Fernando, se congregó un inmenso gentío, compuesto también por mujeres y niños, ante el palacio de Capitanía, donde se encontraba el capitán general, Filangieri, junto con un buen número de oficiales y caballeros de la Audiencia. Ante el aumento de los gritos y de las protestas, bajó el gobernador de la plaza, Alcedo, a conferenciar con la muchedumbre, quien pidió que ondease la bandera, tal y como era costumbre, y que se hiciesen las salvas de rigor. Se accedió a ambas cosas y con ello se logró apaciguar momentáneamente el tumulto.
Esa misma tarde y ante los rumores esparcidos de que estaban embarcando armas en Ferrol con destino a Francia, se volvió a congregar la gente, que invadió el palacio de Capitanía y apedreó las casas de Filangieri y Biedma, pues se enteró de que aquel había dispuesto el traslado del regimiento de Navarra a la ciudad departamental. A continuación asaltaron el parque de artillería, llevándose los fusiles existentes, repartiéndolos entre todos los allí congregados. Tras sacar en procesión un retrato de Fernando VII, la gente se retiró y de esta forma acabaron los incidentes por ese día". [15]

Efectivamente, despois da pacífica procesión cívica, acabáronse os tumultos do día 30 pero, ao día seguinte, mantívose a presión popular na rúa. Como as máximas autoridades militares e civís estaban reunidas na sede da Audiencia, novamente a multitude, sen dúbida alentada por Sinforiano López e outros liberais, pediu a gritos que se adoptaran medidas contra os franceses, que se nomearan xefes militares de confianza en substitución de Filangieri e Biedma, e que se defendera a relixión, a liberdade e a patria. Resultado desta presión foi a constitución dunha Xunta. Foi así como se levantou en armas a cidade da Coruña, a primeira en facelo en Galicia, cando as autoridades, representantes do Antigo Réxime e moi comprometidas con Godoy, daban mostras de moi pouco, nulo, entusiasmo por levantárense contra os franceses. Esta desconfianza, especialmente con respecto ao capitán xeneral Filangieri, non abandonou nunca aos galegos incluídos, segundo parece, os seus propios soldados que, temerosos de que entregara o exército de Galicia a Napoleón, asasinárono pouco máis tarde.[16] (Véxase: Antonio Filangieri).

Levantamento de Santiago

O 30 de maio, e por dous condutos, chegaron a Santiago as primeiras noticias do alzamento popular da Coruña. Nesta última cidade estaba destacado o P. Conde, vigairo do convento de Santa Clara de Santiago e confesor do arcebispo-señor de Compostela, que o enviara alí co obxecto de segir de cerca o rumbo que tomaban os acontecementos.[17] O arcebispo Rafael Múzquiz Aldunate era home de Godoy e, posibelmente, dubidaba sobre o partido que debería tomar.[18] Talvez este exceso de precaución axudou a que se tecera unha lenda negra en torno ao arcebispo sobre a súa posíbel connivencia cos franceses. A acusación máis grave contra o prelado foi a do conde de Toreno, que escribiu que:

"El alzamiento popular de Galicia contra los franceses fue mirado con torvo rostro por el ex ministro de Godoy, D. Pedro de Acuña, y por en Arzobispo. (...) Celosos partidarios del Príncipe de la Paz, asustáronse del advenimiento al trono de Fernando VII y trabajaron en secreto y confiado ahínco por deshacer o embarazar en su curso la comenzda empresa".[19]

Tan pronto como o arcebispo ten noticias dos acontecementos da Coruña, constitúe unha Xunta de armamento e defensa presidida por el mesmo. Segundo López Ferreiro, esta xunta foi constituída esa mesma noite,[20] é dicir, a noite do 30 de maio, o que significaría que a Xunta de Santiago sería a primeira de Galicia. O que si é certo é que, durante esa noite, foron alertadas varias persoas significadas e, baixo a dirección do capitán Armisén, adoptáronse medidas militares, como a incautación de armamento. O dia 31 de maio congregouse unha gran multitude na praza do Obradoiro, que foi arengada polo arcebispo en persoa. Ao mesmo tempo, as institucións eclesiásticas (cabido catedralicio, monxes de San Martiño Pinario) reuníronse en secreto para acordar a forma de axudar ao levantamento. Resultado destas xestións foi a entrega inmediata de un millón de reais por parte do cabido e 300.000 do arcebispo co que a xunta podía xa dispoñer de auxilios inmediatos.[21]

Levantamento noutras cidades e vilas de Galicia

Desde o momento de que as dúas cidades máis importantes de Galicia naquela época se alzaron contra o francés creouse unha especie de modelo de organización que, en xeral, foi seguido nas distintas cidades e vilas: os promotores do movemento estaban pendentes do que acontecera en Santiago e na Coruña; en canto chega a posta e reciben a noticia, provocan unha especie de acción popular tocando a rebato as campás das igrexas, congregando ao pobo ante a casa do concello, obrigando ás autoridades a pronunciarse diante da xente e constituíndo de inmediato a Xunta.

En poucos días practicamente toda Galicia se pronunciara por Fernando VII e contra os franceses. Como exemplo, podemos ler o sucedido en Tui o 1 de xuño, ao recibirse as noticias do sucedido na Coruña e Santiago, relatado no xornal El Diario de Santiago:

La ciudad llena del más extraordinario gozo se presentó delante del ayuntamiento proclamando a Fernando; con cuyo motivo plausible hubo salvas de artillería y tocó la mayor parte de la noche la música de la catedral.
El Diario de Santiago.[22]

É de supoñer que a ausencia do exército inimigo facilitaría este entusiasmo popular que, seguramente, non sería tanto se xa estiveran en Galicia as divisións de Soult ou de Ney.[23]

A organización do levantamento

Ao alzamento en cada cidade ou vila, seguiu sempre a constitución dunha Xunta, titulada de forma diversa, aínda que o máis frecuente é que se denominara Xunta de armamento e defensa, encargada de organizar as accións contra os franceses. Polo xeral, as Xuntas constituíronse pactando entre si as forzas sociais máis importantes do momento. Non houbo un modelo único, polo menos nun primeiro momento. A xeito de exemplo, a Xunta da Coruña estaba formada da seguinte maneira:

  • Representantes do Exército, 11.
  • Representantes da Audiencia, 11.
  • Representantes da Igrexa, 9.
  • Representantes do Concello, 6.
  • Representantes do comercio, 3.
  • Outros, 6.[24]

Á vista desta composición está claro que a primeira Xunta da Coruña procurou manter o poder nas mans dos que sempre o exerceran. Non hai ruptura: non se daba entrada aos burgueses, que foran os que máis interviran nos preparativos do alzamento; non figuraba ningún dos líderes do momento, como Sinforiano López; dos 46 nomeados, 30 xa pertencían á administración, e 9 son membros do clero, é dicir, non se vislumbra ningunha intención de realizar un cambio estrutural; iso, viría despois.

En Santiago, porén, a elección de representantes foi obra do arcebispo. Os seus 19 membros distribuíanse así:

  • Clero, 6. O presidente era on arcebispo, que tiña como vicepresidente a un cóengo.
  • Universidade, 3.
  • Comercio, 3.
  • Fidalgos rentistas, 3.
  • Concello, 1. (Xa López Ferreiro indicou que a ausencia de rexedores municipais podería explicarse polo contencioso pendente entre Arcebispado e Concello, aínda que é posíbel que tamén se debera á desconfianza que algúns membros do Concello provocaban no pobo.[25]
  • Outros (posibelmente militares e xuíces), 3.

En Vigo a Xunta, titulada subalterna e consultiva, constituíuse da seguinte forma:

  • Militares:
    • Xefes dos corpos de gornición da praza.
    • Comandante de Mariña.
    • Auditor de Mariña.
    • Asesor de guerra.
    • Sarxento maior da praza.
  • Administración:
    • Administrador de Rendas.
    • Administrador de Correos.
    • Capitán do porto.
  • Nobreza, 2 representantes.
  • Comercio, 2 representantes.
  • Clero, 1 representante.

Neste caso, o predominio de exército e do funcionariado é practicamente total.

Que a designación de representantes destas Xuntas foi argallada entre os dirixentes aparece claro nunha denuncia presentada polo concello de Santiago ao gobernador militar da Coruña. Referíndose á Xunta de Santiago pregunta:

"¿En dónde, cuándo o por quién fueron creados sus vocales? ¿Qué hombres buenos electos por las parroquias según práctica establecida y mandada observar, muchos año ha, por el Supremo Consejo han concurrido para hacer su nombramiento? ¿Qué justicia, o qué qué ayuntamiento ha presidido esta creación? ¿Por ventura hubo en un asunto de tanta gravedad otra formalidad, ni otro orden, que el de una simple lista sacada del bolsillo del oficial Armisén, vista de todo el mundo?" [26]

A Xunta Suprema do Reino de Galicia

Constitución e composición

A Xunta local da Coruña manifesta, desde o primeiro momento, a súa pretensión de se converter no núcleo dunha futura Xunta do Reino. Nun comunicado enviado polo presidente da Xunta Francisco de Biedma ás sete cidades con representación na Xunta do Reino o mesmo 31 de maio, dicía que

"no pudiendo por sí solo este pueblo determinar lo que será más útil y conducente al Reyno, ha acordado se junte éste inmediatamente en Cortes en esta capital, y que en su consecuencia nombre V.S. un diputado con poderes ilimitados para resolver en unión todo lo que pueda conducir a la felicidad de Reino".

É dicir, a Xunta da Coruña, que en realidade era meramente local, convoca a Cortes para constituír unha Xunta Superior.

É aínda máis: o 2 de xuño acorda o seguinte:

Ha determinado la Junta, después del más detenido examen, resolver y declararse por Suprema y Gubernativa en el Reyno de Galicia a nombre de S.M. el Señor D. Fernando Séptimo, sin perjuicio de los derechos de dicho Reyno, llegando a juntarse; lo cual se noticie a las ciudades, advirtiéndolas quye no obedzcan las órdenes que se les comunique por el gobierno actual de Madrid, sino las de esta Suprema y las del General en Jefe del Ejército el Excmo. Sr. D. Antonio Filangieri a nombre de S.M. el Señor D. Fernando Séptimo".[27]
Pazo de Ximonde, na parroquia de San Miguel de Sarandón (Vedra).

Este acordo é da maior importancia, xa que unha xunta local, que acaba de convocar a unha especie de Cortes de Galicia, sen esperar sequera a esta reunión, autoproclámase Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia a *arrógae o dereito a ditar providencias a todas as demais xuntas. Loxicamente estas medidas incomodaron ás outras xuntas locais, especialmente á de Santiago, que se sentía preterida (o arcebispo estimaba que el tería que ser o Presidente da Xunta Suprema de Galicia), e que seguiu exercendo pola súa parte un poder practicamente soberano, iniciando deste xeito unha guerra aberta entre ambas as Xuntas.

O día 5 de xuño reuníronse na Coruña os representantes das sete cidades con voto na Xunta do Reino, convocada por Biedma o 31 de maio. A representación das sete cidades foi a seguinte:

Froito da primeira reunión foi unha proclama, asinada o mesmo o 5 de xuño, na que se reafirmaba no seu carácter de soberanas (ante a ausencia de Fernando VII) e declara que os obxectivos supremos do alzamento eran a defensa da relixión, da patria e das vidas e facendas do pobo.

Actuacións da Xunta

A Xunta Superior estivo vixente até a chegada dos franceses a Galicia, en xaneiro de 1809 e, neste curto período de tempo, apenas seis meses, efectuou diversas e importantes actuacións, que podemos reunir en tres capítulos:

Militares

O capitán xeneral Joaquín Blake.

A Xunta asumiu o alto poder militar aínda que, como é natural, delegouno nunha Xunta de Guerra constituída por militares. Pero é a Xunta quen promove os alistamentos voluntarios e forzosos, efectuando un repartimento máis ou menos proporcional dos efectivos segundo a poboación de cada provincia. Segundo este, correspondían a cada provincia:

Efectivos mobilizados pola Xunta Suprema de Galicia [28]
Provincias Homes
Santiago 13.333
Lugo 6.666
Ourense 6.666
Betanzos 3.611
Mondoñedo 3.611
Tui 3.611
A Coruña 2.502
Total no Reino de Galicia 39.400

O espírito militar que, como se vería posteriormente durante a guerra, animou á poboación galega, non debía de estar moi arraigado en xuño de 1808, xa que moitos dos chamados a filas procuraron escapar da patriótica chamada empregando os máis variados métodos, mesmo a automutilación, como se deduce dun documento militar da época:

..."que destinen al Regimiento de Artillería a todos los mozos a quienes falte el dedo índice como pena del enorme delito que han cometido de procurar hacer inútiles para el Real Servicio".[29]

Ademais deste labor de recrutamento, hai que destacar que a Xunta se reservou o nomeamento dos mandos, polo menos dos superiores, como o demostra o feito da substitución de Filangieri por Joaquín Blake.

Correspondeulle tamén á Xunta todo o referente á intendencia do exército e a organización de corpos como o de reserva ou o das Milicias Urbanas.

Facendísticas

Durante a súa actuación, a Xunta non fixo reformas substanciais no sistema contributivo. Tampouco creou un plan racional e extraordinario de recadación de fondos. Simplemente prefiriu basearse en tres capítulos:

  • Cobranza dos impostos tradicionais.
  • Administración das rendas procedentes dos bens incautados ás persoas que fuxiran, ou que foron acusadas de afrancesadas.
  • Administración de donativos internos ou externos.

Aínda que non se poden cuantificar as entradas e saídas de diñeiro durante o período de goberno da Xunta (do 5 de xuño de 1808 a xaneiro de 1809), sí é posíbel enumerar algúns capítulos importantes:

  • Inglaterra: préstamo de máis de 30 millóns de reais.
  • O clero participou voluntariamente cunha serie de doazóns importantes:
    • Cabidos de Galicia: uns 2 millóns e medio de reais.
    • Mosteiros: máis de un millón
  • Institucións:
    • Real Consulado: máis de 300.000 reais.
    • Universidade de Santiago: máis de 300.000 reais.
  • Particulares: case un millón de reais.[30]

Política internacional

A Xunta, como depositaria da soberanía, comportouse cara ao exterior como un reino independente. Enviou a Portugal ao brigadier Genaro Figueroa, con poderes e acreditacións, para que contactara cos patriotas portugueses xa en guerra cos franceses. O resultado foi un pacto asinado no Porto o 4 de xullo de 1808 cuxo preámbulo rezaba:

"Artículos preliminares de una nueva y perpetua alienza ofensiva y defensiva entre las dos naciones española y portuguesa, justada por los dos poderes reales, actualmente existentes, en la soberanía de España, representda en el Gobierno de Galicia, en nombre de su Augusto Soberano D. Fernando VII, y la Junta del Supremo Gobierno, instituída en la ciudad de Oporto en nombre del príncipe Regente de Portugal".[31]

No pacto, acordábase loitar pola restitución da soberanía aos seus lexítimos monarcas, expulsando aos franceses. Galicia comprometíase a axudar ao exército portugués até "arrojar (...) la tiranía francesa". á súa vez Portugal comprometíase a axudar a España cando se vera libre. Rogábase a Inglaterra que garantira o pacto. Foi asinado, por parte portuguesa, polo bispo do Porto como Presidente da Xunta de Goberno establecida nesa cidade, e por parte de España polo brigadier Figueroa. Aínda que a Xunta do Reino de Galicia actuaba como soberana, non era a súa intención, evidentemente, declararse como país independente, senón que o facía en canto a que consideraba que eras posibelmente a única parte libre de España, nese momento ocupada case por completo por un exército estranxeiro. É dicir, a Xunta de Galicia consideraba que, nese momento, representaba á soberanía española.[32]

A outra fronte de actuación da diplomacia galega foi Inglaterra. O 16 de xuño de 1808 foron designados como representantes ou embaixadores da Xunta perante a corte de San Xaime Xoaquín Freire de Andrade e Francisco Bermúdez de Castro e Sangro:

"El Reyno de Galicia congregado en la ciudad de La Coruña por medio de sus representantes ha reasumido en sí la Soberanía y toda la Autoridad Suprema de su Rey el Sr. D. Fernando VII, por su ausencia y detención en Francia, habiéndose declarado independiente del acual Gobierno de Madrid. Quedan con las armas en la mano sus hijos y envía al caballero D. Francisco Sangro como su enviado para los objetos de que V.E. quedará insturuido".[33]
Sir Arthur Wellesley, I duque de Wellington, por Goya (1812).
Lord Stuart de Rothesay (sir Charles Stuart) retratado en 1830.

As peticións que o reino de Galicia transmitía por medio do seu delegado ao Reino Unido eran as seguintes:

  • Apoio militar a Portugal.
  • Auxilios de municións, víveres e diñeiro.
  • Liberdade de comercio desde Galicia a América do Sur, xa que a cuasa da ocupación de España por Francia, Iglaterra puxera cerco ao comercio que saíra dos portos españois ou entrara por eles.
  • Liberdade para os pesos españois en Inglaterra.
  • Posibilidade de que retornara a Galicia o exército que ao mando do Marqués de la Romana estaba en Dinamarca.

A resposta do goberno inglés foi plenamente satisfactoria, xa que se comprometeu a enviar a Portugal un exército ao mando do xeneral Wellesley, obrigouse a transportar o exército de Dinamarca, liberou aos prisioneiros, asegurou a libre navegación e comezou a enviar municións e diñeiro, desprazando a Galicia, ademais, a sir Charles Stuart con carácter oficial de embaixador. Os envíos de diñeiro tiñan, naturalmente, varias contrapartidas. Ademais da liberdade de comercio que conseguiu Inglaterra a partir dese momento, que facilitou a entrada masiva de lenzos ingleses con notábel prexuízo para a burguesía galega, as remesas de diñeiro, sen xuros, estaban ben aseguradas.[34] Nun documento datado o 29 de xullo de 1808 e transcrito por Díaz Otero podemos ler as condicións do empréstito:

"El Reyno de Galicia, Potestad Suprema y Soberana de él, en nombre de S.M. el Sr. D. Fernando VII, su rey legítimo (...) preso y detenido en Francia (...) declara: Haber recibido de S.M. el Sr. D. Jorge III, rey del Reyno Unido de la Gran Bretaña, Escocia e Irlanda, por entrega de su enviado Extraordinario el Caballero Don Carlos Stuart arribado a ete puerto en la fragata Algimene, la cantidad de ochocientos treinta y oho mil ochocientos ochenta y tres y tres cuartos peos fuertes, moneda de cuño español (...) que ha tenido la generosidad de prestarle sion interés y con calidad de reintegro (...) constuituye todos los Estados de esta Monarquía, su Patrimonio Real y Rentas por garantía, obligación e hipoteca general (...) y señaladamente las de este Reyno de Galicia, y por hipoteca especial asigna las rentas del tabaco y la sal de este mismo Reyno y las contribuciones impuestas o que se impongan en lo sucesivo".

Do éxito da embaixada galega faise eco o historiador conde de Toreno:

"De Inglaterra llegaron también a Galicia prontos y cuantiosos auxilios. Su diputado D. Francisco Sangro fue honrado y obsequido por aquel Gobierno, y se remitieron libres a La Coruña los prisioneros españoles que gemían hacía años en los pontones británicos. Arribó al mismo puerto Sir Charles Sutart, primer diplomático inglés que en calidad de tal pisó el suelo español. La Junta (de Galicia) se esmeró en agasajarle y darle pruebas de su constante anhelo por estrechar los vínculos de alinza y amistad con S.M.B".[35]

Relacións con outras Xuntas españolas

Así como se enviaran embaixadores a Portugal e Inglaterra, a Xunta tamén enviou un delegado para que contactara coas principais Xuntas de España. Foi elixido para esta delicada misión (xa que se trataba, por un lado, de evitar as suspicacias das demais xuntas, pero tamén facer notar que a de Galicia estaba máis organizada que as outras) o tenente coronel Manuel Torrado, que saiu da Coruña o 24 de xuño e vistou Cádiz, Sevilla, Cartagena, a un delegado de Cataluña que estaba nesta cidade, Murcia e Valencia, entrevistándose tamén coas autoridades militares inglesas en Xibraltar. Regresou á Coruña no mes de setembro do mesmo ano.

Por outra parte, e xa desde o primeiro momento, houbo relacións continuas coas Xuntas de Asturias e León. A presenza de franceses nesta última provincia determinaría que a Xunta de Galicia apoiara polo xeral as peticións da Xunta de León de auxilios de municións, homes e diñeiro, xa que a mellor defensa de Galicia era a contención do inimigo naquela provincia. En certa maneira foron estas xuntas as que sementaron a idea dunha Xunta Central, da que sería un precedente o Tratado de Unión entre os reinos de Castela, León e Galicia, asinado o 10 de agosto de 1808.[36]

Os puntos establecidos neste tratado eran os seguintes:

  • Recoñecemento da soberanía de Fernando VII.
  • Compromiso de seguir a guerra contra Napoleón.
  • Mantemento das leis vixentes.
  • Os negocios serían decididos polos maxistrados públicos, conforme á lei e á tradición.
  • En ausencia do rei, toda a autoridade quedaba na Xunta Soberana. Esta Xunta estaría formada da seguinte maneira:
  • Os 7 representantes das 7 cidades de Galicia con voto na Xunta do Reino, máis o bispo de Ourense e outras tres persoas a designar.
  • Representando a Castela e León estarían 3 individuos das Xuntas de cada un dos reinos, un por cada provincia destes, e Antonio Valdés.
  • Habería un presidente rotatorio con mandatos mensuais.
  • A sede da Xunta sería inicialmente a cidade de Lugo.
  • As débedas e os sacrificios serían compartidos polos tres reinos.
  • Convidábanse aos demais reinos a unirse.

Pero a aparición doutro proxecto que callaría na Xunta Central fixo ineficaz este tratado que, na práctica, só funcionou de cara a propor o asunto da integración, ou non, nesta Xunta Central e, desopois, para designar aos representantes dos tres reinos nela (por Galicia foron nomeados o conde de Ximonde e Mauel María Avalle.[36]

Disolución da Xunta Suprema

As novas autoridades afrancesadas

A invasión de Galicia polos franceses e, sobre todo, a ocupación da cidade da Coruña significou a disolución da Xunta Suprema do Reino de Galicia, que tiña a súa sede naquela cidade. A partir dese momento prodúcese unha duplicidade de poder. Nas cidades e vilas dominadas polos franceses nomeáronse rexedores e xefes de policía afectos ao poder francés. Nas zonas non ocupadas ou non dominadas segueron a exercer o mando as autoridades anteriorers que, en moitas ocasións, foron o xerme da contestación aos franceses e mesmo, nalgún caso, os que programaron o alzamento en armas.

Unha vez máis verificábase o proceso de selección de poder que ten lugar nas grandes conmocións políticas. As comunidade nesas circunstancias encontran un líder, un xefe que acapara todo o poder: militar, administrativo, e mesmo o xudicial, sen necesidade de leis ou regulamentos, chegando a ditar sentenzas de morte contra os traidores e os espías.

Cómpre dicir que as autoridades nomeadas polos franceses non funcionaron, sexa por escaso celo, sexa pola resistencia dos subordinados ou ben por careceren de suficiente poder coercitivo. Só nalgunha cidade, como Santiago, na que había un club afrancesado moi importante, dirixido por Pedro Bazán de Mendoza,[37] chegou a constituírse unha administración enteiramente francesa. Pero incluso nesas circunstancias o poder real (o que outorga a aceptación dos súbditos) non o exercían estes, senón outras persoas (como o cabido ou a antiga corporación municipal) que de feito mantiñan unha influencia constante sobre a poboación.

A resistencia popular, que empezou a partir do día seguinte da ocupación total de Galicia, impediu aos franceses sentar as bases dunha administración municipal xa moi acreditada en Francia. A guerra exixirá a atención constante e total dos invasores e, deste xeito, non poderían prestar o apoio necesario a estas autoridades-títeres. A medida que a resistencia foi recuperando territorio houbo necesidade de crear novas Xuntas locais (formadas sempre polos fidalgos do lugar, os clérigos máis destacados e, nalgunha ocasión, por campesiños) que serían o poder real de Galicia mentres durou a guerra. Estas xuntas adoptaron medidas económicas, solicitando préstamos para adquirir armas e municións, impoñendo impostos aos veciños, nomeando os xefes militares, dando as ordes necesarias para que se mantivera a tranquilidade pública e mesmo dictaminando sobre as grandes medidas militares a tomar cando a operación desbordaba os límites da responsabilidade do xefe. Funcionaba, pois, con absoluta independencia.[38]

A Xunta de Lobeira

Mentres que de feito a organización dos territorios non ocupados polos franceses estaba en mans destas Xuntas locais, tanto na Xunta Central como en Galicia estimábase a conveniencia de constituír un poder central galego que organizara adecuadamente a guerra contra o invasor. A este respecto había dúas opcións. A de entregar todo o poder ao Marqués de La Romana, ou a de constituír unha nova Xunta do Reino. A primeira era inviábel, dado que o marqués, seguramente por razóns tácticas militares, andaba sempre errante dun lugar para outro fuxindo do inimigo, e non era isto o máis conveniente para exercer a alta dirección da guerra. Posibelmente isto debeu quedar claro na reunión que, a finais do mes de xaneiro de 1809, tiveron en Monterrei o cóengo Manuel Acuña Malvar, o tenente coronel Manuel García del Barrio e o alférez Pablo Morillo, que a Xunta Central enviara a Galicia para excitar os ánimos para a rebelión. E a segunda tampouco o era naquelas circunstancias. Estando ocupadas todas as cidades de Galicia e as vilas máis importantes era imposíbel a súa constitución. De aí que se decidiran por unha terceira solución: a de elevar a unha das innumerables Xuntas comarcais á cabeza de todas as demais.[39]

A Xunta de Lobeira -do partido de Bande- fora constituída grazas ao tesón de José Joaquín Márquez, administrador de rendas da Boullosa, no Couto Mixto. A situación desta Xunta, case na raia de Portugal, dáballe unha especial seguridade (polo menos, teórica). En principio era unha xunta comarcal como as demais, pero despois de ampliada integrando nela a persoas relevantes da comarca, adquiriu gran prestixio, especialmente cando aceptou presidila Pedro Quevedo y Quintano, bispo de Ourense, cuxo nomeamento foi aprobado polo marqués de La Romana. Tamén formou parte dela García del Barrio, delegado da Xunta Central, co que indirectamente recibía o referendo da máxima autoridade política do momento en España. Porén, a Xunta de Lobeira só exerceu un control directo sobre as xuntas locais e comarcais do sur das provincias de Ourense e Pontevedra: a distancia con respecto ás xuntas do norte facían inviábel unha supremacía sobre as demais.[40]

Principais batallas en Galicia

Moito se ten escrito sobre a guerra da Independencia, especialmente por autores estranxeiros que, ao non participaren, ou seren derrotados nela, omitiron ou pasar levemente por riba da campaña de Galicia e o norte de Portugal no primeiro semestre de 1809, a pesar de que en só en cinco meses expulsáronse aos mariscais Soult e Ney para nunca máis volver.

Porén, Galicia deulle a España e a Europa a lección de que o exército francés non era invencíbel cando se enfrentaba cun país en armas dispuesto a morrrer. As accións, grandes e pequenas, dos campesiños galegos descríbense con todo detalle na obra de Navas,[41] especialmente os combates de Casal do Eirigo (Setecoros), Valga, As Galanas (Calo, Teo) e Santiago, así como a vitoria definitiva de Ponte Sampaio.[42]

Batalla de Elviña

Artigo principal: Batalla de Elviña.
O mariscal Soult. Retrato de 1856.
Plano da batalla de Elviña.

A batalla de Elviña tivo lugar o día 16 de xaneiro de 1809 no alfoz da cidade da Coruña, enfrontando as tropas francesas, conducidas polo xeneral Soult, que obtiveron a vitoria, contras as tropas británicas, mandadas polo xeneral John Moore, quen habería perder a vida no transcurso do combate. Na historiografía internacional este choque é coñecido como batalla da Coruña.

Despois da derrota francesa na batalla de Bailén o 19 de xullo de 1808, o mesmo Napoleón Bonaparte decidiu solucionar a resistencia peninsular entrando no seu territorio ao mando da Grande Armée. Entrementres en Portugal, despois da Convención de Sintra, o xeneral John Moore foi posto á fronte das tropas británicas alí acuarteladas.

En novembro de 1808, Moore abandonou Portugal, entrando en España á altura da provincia de Salamanca e situándose á altura de Valladolid, co obxectivo de aliviar a presión francesa sobre Madrid atraendo sobre o seu exército as tropas galas. Ignoraba nesa altura que Napoleón xa entrara en Madrid o 4 de decembro. Moore sofreu o afustigamento das unidades de Soult, quen informou a Napoleón dos movementos británicos; este, desexoso dun encontro directo con tropas do Reino Unido, virou cara ao noroeste á caza de Moore.

Iniciouse así a retirada do exército inglés cara a Astorga, ante a imposibilidade de facer fronte a forzas moi superiores, mentres se enviaba aviso á frota británica, para que o recollese en Vigo ou na Coruña. Moore chegou a Astorga o 24 de decembro, onde se lle uniu o corpo de tropas galegas do marqués de la Romana, que abandonaran León, ante a ameaza francesa. Moore e de la Romana conferenciaron, o 30 de decembro de 1808, sobre a posibilidade de facerlle fronte conxuntamente aos franceses no arco montañoso que arrodea o Bierzo, porén sería Moore quen se negaría a facelo. As súas tropas estaban esgotadas, e amosaban signos de indisciplina, que se prolongaron durante o resto do camiño.

Requirido por acontecementos no centro de Europa, Napoleón —que chegara a Astorga o 1 de xaneiro de 1809— abandonou esa cidade o día 3 deixando a Soult ao mando do 2º corpo do exército, formado por uns 25.000 homes e 54 canóns, coa encarga de perseguir a Moore, mentres o xeneral Ney, co 6º corpo, tamén con cerca de 25.000 soldados e 30 pezas de artillaría, acompañábao a fin de emprestarlle auxilio e reafirmar a ocupación de Galicia.

As tropas de Moore e de la Romana dirixíronse cara a Galicia, pero no Bierzo dividíronse. De la Romana entrou no país galego por Valdeorras e, despois de rexeitar a súa reatagarda, ao mando do xeneral Mendizábal, o ataque francés da cabalaría do xeneral Franceschi, na Ponte de Domingos Flórez, situou o seu cuartel na Pobra de Trives o 6 de xaneiro de 1809; precedeuno un corpo de tropas británicas, desprendido do principal de Moore, duns 5.000 homes, ao mando dos xenerais Craufurd e Von Alten, que alcanzaría o porto de Vigo o 12 de xaneiro de 1809), logrando embarcar nos buques da Royal Navy.

Mentres, o groso das tropas de Moore entrou no territorio galego a través do porto de Pedrafita o 7 de xaneiro de 1809, dirixíndose cara a Lugo e, posteriormente, a Betanzos. Moore chegou, por fin, á Coruña o 14 de xaneiro de 1809. Porén, as súas tropas non puideron embarcar inmediatamente, pois o mal estado do mar impediu que a frota británica puidese atracar no porto. Ante a inminente chegada das tropas francesas, Moore tomou disposicións para dificultar o acceso das mesmas, facendo voar a ponte do Burgo, sobre o río Mero. Pero parte dos franceses cruzaron ese río polo pequeno pontillón de Cela, no actual concello de Cambre, á par que repararon a ponte do Burgo para o día 15 de xaneiro.

Monólito conmemorativo da morte de Moore. Campus universitario de Elviña, A Coruña.

Como o choque bélico foi inevitábel, Moore dispuxo as súas tropas, uns 16.000 soldados, pero con só nove pezas de artillaría, en tres alturas. Situou unha primeira liña sobre o monte Mero, unha segunda sobre os montes de Santa María de Oza, e a terceira sobre o monte de Santa Margarida. En medio quedaba o val da freguesía de San Vicenzo de Elviña, que foi o centro dos ataques.

Soult dispuxo para o ataque de 12.000 soldados de infantaría e 4.000 homes da cabalo, estes en parte trabados polas dificultades do terreo. Dispuña porén de vantaxe artilleira, ao poder contar con 20 canóns. O mesmo día 15, uns 500 fusileiros franceses, ao mando do xeneral Jardon, iniciaron ataques no monte Penasquedo, e tomaron o monte Mero. A batalla iniciouse na tarde do día 16 de xaneiro, tendo lugar os máis duros combates pola posesión da aldea de Elviña, da que se apoderaron os franceses na caída da noite, e avanzaron cara á aldea de Palavea. Caeu ferido o xeneral inglés Baird, en tanto que o propio Moore foi ferido moi gravemente pola bala dun canón, morrendo dúas horas despois. Durante esa mesma noite as tropas británicas foron embarcando, aínda que os barcos foron canoneados pola artillería francesa no amencer do día 17. Ese mesmo día 17 de xaneiro de 1809, Soult entrou na cidade da Coruña, que capitulou estando ao mando como gobernador o xeneral Alcedo.

En total, os franceses perderon uns 1.200 homes e os británicos uns 900, pero estes perderan ao longo da súa penosa retirada desde Castela uns 8.000 soldados. A vitoria do mariscal Soult deixaría campo libre para a ocupación de Galicia. En apenas dúas semanas rendéronse as cidades máis importantes do país. O mariscal Ney, que acompañaba a Soult, recibiu ordes de controlar o norte do país e máis Asturias, para o que centra o seu campamento en Lugo. Á par, Soult pasa a Portugal, onde toma Porto o 29 de marzo.

Batalla de Casal do Eirigo

O 27 de abril de 1809, no lugar de Casal do Eirigo, parroquia de Setecoros, hoxe no concello de Valga, baixo os outeiros do monte Xesteira, nas inmediacións da Capela da Saúde, o exército galego, axudado polos campesiños locais, coas súas rudimentarias armas e con máis ganas que posibilidades, libraron unha cruel batalla, corpo a corpo coas tropas napoleónicas invasoras. Chuzos e galletas contra sabres e fusís; David contra Goliat; labradores contra soldados franceses profesionalis. Esta foi a esencia da batalla de Casal do Eirigo. Malia non alcanzar a vitoria completa, os campesiños si lograron facer recuar os franceses, o que soubo a triunfo.[43][44][45]

A de Casal do Eirigo foi unha batalla sanguenta. Ante a presenza dunha avanzada de franceses en Padrón, as tropas galegas puxeron rumbo ás terras de Iria. A metade de camiño entre Caldas e Valga, xusto no outeiro de Casal do Eirigo, situouse o batallón da Vitoria, capitaneado por Colombo, avanzando tamén até a zona a compañía de Tiradores do Miño e o 1ª e o 2º batallóns de Lobeira, integrado por uns catrocentos recrutas mal adestrados e peor armados, xa que apenas dispoñían de cen fusís. Os soldados franceses, ­uns mil homes,­ lanzaron un ataque, pero os destacamentos dos labregos locais lograron rodealos e atacáronos pola retagarda, á vez que os soldados abrían fogo desde o cume de Casal do Eirigo. Os franceses tiveron que retirarse e ocultarse en zonas como Xanza, A Tarroeira e San Xulián de Requeixo (Pontecesures).[46]

A loita tivo un segundo acto. Por cada soldado ou paisano galego —­máis que soldados eran campesiños mal armados—­ había cinco franceses armados "até os dentes", e contaban con pezas de artillaría e seccións de cabalaría. O ataque dos franceses foi inminente. Despregáronse polo camiño real (hoxe estrada PO-550) atacando con tres columnas de artillaría. O segundo batallón de Lobeira entrou en pánico e os seus integrantes fuxiron, polo que os Tiradores do Miño ocuparon o seu lugar e fixeron retroceder o inimigo, causándolle moitas baixas. Outros tres batallóns franceses e trescentos xinetes atacaron o batallón da Vitoria, que loitou heroicamente até o límite das súas posibilidades, até que Colombo ordenou unha retirada que soubo a vitoria xa que as tropas inimigas sufriron 400 mortos e un millar de feridos, por 60 mortos e 120 feridos nos batallóns locais. Pero os franceses non aproveitaron esta retirada, xa que se dedicaron a saquear e queimar casas polas zonas de Setecoros e San Clemente. Ao día seguinte fixéronlles crer que ían cortarlles o paso no viaduto de Pontecesures e que en Padrón se organizaba unha sublevación na súa contra, polo que abandonaron as terras altas de Valga dirixindose ao val, onde foron acuartelados.[46]

Morillo en Galicia

En febreiro de 1809, Pablo Morillo, daquela capitán do exército, foi enviado pola Xunta Suprema do Reino de Sevilla a Galicia coa encarga de propagar a alarma contra os franceses e organizar corpos de exército que impidediran o asentamento das forzads francesas despois dos sucesos da Coruña (batalla de Elviña). Morillo actúa nas comarcas miñotas da actual provincia de Pontevedra, onde se incorpora ás guerrillas alí combatentes, con mandos como Bernardo González del Valle Cachamuíña.

Bernardo González del Valle, Cachamuíña. Gravado da época.

Reconquista de Vigo

O 27 de marzo de 1809 os patriotas galegos ocupados no asedio de Vigo proclaman a Morillo coronel.[47] En Vigo intimida ao comandante francés e mantén conversacións co capitán de fragata británico, comandante encargado do bloqueo marítimo (bloqueo Continental) na ría de Vigo. O 28 de marzo os homes ao mando de Morillo atacan as portas de Vigo e, en dúas horas, logran que os franceses entreguen a cidade. Tras a capitulación, Chalot, 45 dos seus oficiais e máis de 1.200 soldados quedaron prisioneiros; tamén quedaron en poder de Morillo os pertrechos e a tesouraría gala, que ascendía a uns 150.000 francos-ouro.[48]

Toma e Santiago

Despois acode ao cerco de Tui (de onde saíu malparado), libra a batalla de Ponte Sampaio enfrontándose ao mariscal Ney, ao que infrinxe perdas considerábeis (non menos e 700 baixas). Logo prosegue á súa marcha cara a Santiago, vence na batalla das Galanas (Teo) e chega finalmente a Santiago, cidade que toma en maio dese mesmo ano. Estas accións serían o impulso preciso para expulsar aos franceses de Galicia.[48]

Batalla de Ponte Sampaio

Artigo principal: Batalla de Ponte Sampaio.
A ponte de Ponte Sapaio.

A batalla de Ponte Sampaio tivo lugar no lugar homónimo entre os días 7 a 9 de xuño de 1809 nas beiras do río Verdugo, entre unha forza conxunta de tropas regulares españolas e milicias populares galegas que se enfrontaron as tropas francesas dirixidas polo mariscal Michel Ney. A resistencia dos españois, impediu a Ney o paso do río, véndose obrigado a retirarse.

Despois da batalla de Elviña e da caída das cidades galegas en poder dos franceses, paseniñamente fóronse montando alarmas populares nas diversas comarcas galegas. En marzo de 1809, Ney tenta someter a costa occidental galega, sen conseguir acabar coas partidas de guerrilleiros que acosan os destacamentos franceses. A fins de marzo dese ano foron recuperadas polos galegos as prazas de Vigo, Pontevedra e Tui, feitos que coutaban o enlace con Soult, en Portugal.

En maio, Ney tivo noticias de que o marqués de la Romana estaba en Asturias, polo que decidiu buscalo alí, porén foi unha manobra errada, pois o español retirárase para Galicia. O regreso de Soult desde Portugal até Ourense foi dificultoso.

O mariscal Michel Ney que, xunto con Soult, dirixiu as tropas francesas.

Reunidos Soult e Ney en Lugo o 29 de maio, deciden unha nova estratexia. Soult buscou as tropas do marqués no Sur interior do país, mentres que Ney partiu cara a Pontevedra e Vigo con intención de recobrar ambas as cidades. Tal acción conxunta buscaba o dominio definitivo de Galicia.

Ney saíu da Coruña, pasando por Santiago. Levaba con el uns 8.000 infantes e 1.200 xinetes, con 13 canóns. Porén era unha acción anunciada, pois fixera publicar bandos sobre as súas intencións. As forzas regulares españolas, ao mando do conde de Noroña, esperaron o avance de Ney en Ponte Sampaio, que era paso obrigado no camiño real entre Pontevedra e Vigo.

Ás forzas de liña do conde uníronselle diversos batallóns de milicias populares das comarcas próximas e, incluso, de lugares afastados, como Lemos. Foron defendidas dúas pontes, a de Caldelas, baixo o mando de Pablo Morillo, e a propia de Sampaio, polo mesmo conde de Noroña. O día 7 de xuño de 1809, as tropas de Ney avistaron o inimigo. Tentouse tomar a ponte de Sampaio en sucesivos ataques frontais, que foron rexeitados. Buscaron os franceses entón vaos apropiados no río Oitavén, pero os ataques foron infrutuosos unha e outra vez. As tentativas sobre a ponte de Caldelas, mostraron a mesma determinación dos españois. No día 9, Ney xulgou polas perdas que serían inútiles novos ataques, polo que deu a orde de retirarse a Compostela.

A batalla impediu o dominio francés sobre o sueste galego. Mentres, o fracaso de Soult no interior meridional de Galicia, e novos acontecementos no centro da península, onde Wellesley ameaza entrar en Madrid, obrigan a saír a ambos os mariscais de Galicia. Ney faino por Pedrafita e o Bierzo, mentres Soult pasa por Valdeorras e a Terra do Bolo, en dirección a Sanabria. No seu camiño víronse atacados polas partidas guerrilleiras, pero as súas tropas provocaron un verdadeiro regueiro de sangue e pillaxe. Cando por fin se xuntan ambos os dous mariscais só lles quedan 18.000 dos 53.000 ou 55.000 homes con os que chegaran en xaneiro de 1809.

Galicia libre de franceses

Tenente xeneral Pedro Caro y Sureda, 3º marqués de La Romana, Capitán Xeneral de Galicia en 1809.

A partir da saída dos franceses do país, o Capitán Xeneral de Galicia recuperou o poder que anteriormente exercera. Ao rematar a guerra había dúas posibilidades: constituír unha nova Xunta do Reino de Galicia (que era a opción preferida polas clases máis elevadas, en opinión de González López,[49] e que ao parecer contaba co apoio dos ingleses) ou o devolverlle o poder ao Capitán Xeneral.[50]

O conde de Noroña, Gaspar María Nava y Álvarez de las Asturias, segundo comandante do Exército do Reino de Galicia, foi moi explícito nas súas intencións cando publicou en Santiago o bando do 29 de maio de 1809:

"Con mi venida ha cesado el exercicio de las autoridades que no sean lexítimas. La única superior de este Reyno es la del Excelentísimo Señor Marqués de La Romana como Capitán General del mismo, y presidente de su Real Audiencia. Fuera de esta potestad, ninguna otra de su clase debe ser obedecida, y sólo yo puedo suplirla en sus ausencias, y como Segundo Comandante General comunicar sus órdenes. Los que se han valido del sagrado nombre del Rey para defender su causa y el de la Nación reunirán al mérito que han contraído el de la sumisión, para engrandecer el premio de su fidelidad, y los testimonios de su amor a la Patria".[51]

O bando ten o seu aquel. Parece inusitado que o poder militar que durante a epopea popular de Galicia se mantivera á marxe, que non lograra neses meses nin unha soa vitoria, que todo o deixara á responsabilidade do pobo, viñera agora, chegado o monento da vitoria, a suplantar a todas as Xuntas, impoñendose a elas e concentrando todo o poder no Capitán Xeneral.

A operación tiña seguramente maior intención. O Marqués de La Romana, cuxo pensamento político se coñece ben pola súa Representación á Xunta Central:[52] era un absolutista. Temía que, ao socairo das circunstancias políticas, se introduciran novos poderes representativos do pobo. Todo o que cheirase a xuntismo, asemblea do pobo, terceiro estado etc., dáballe noxo. Home doutro mundo, doutro tempo, nunca aceptou esa avalancha do pobo nos mandos de exército e, sobre todo, na organización da sociedade. Por iso deu instrucións precisas ao seu segundo que, sen dúbida, participaba das mesmas ideas, para que, ao terminar a guerra en Galicia, recuperara a plenitude do poder do Capitán Xeneral, como antigamente se exercera.

A Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia

Aínda que Galicia xa estaba libre de franceses, a súa presenza noutras partes de España, e a posibilidade de que ralizasen unha nova ofensiva, fixeron que moitos persoeiros e institucións pensasen que era oportuna a creación dunha Xunta en previsión do que puidese suceder. E a pesar de que o conde de Noroña era abertamente contrario á creación de xuntas, o Goberno da nación española creu que era oportuna a súa constitución. A argumentación do Conde sitúase dentro do seu horizonte político de defensa dos poderes centrais:

"La Junta Suprema sabe que el discutir las leyes, organizar las provincias y aprobar y desaprobar los arbitrios son peculiares a su institución y soberanía. En las provincias no necesita sino de los executores de su voluntad. Una Junta Suprema en cada una de ellas no sirve más que para entorpecer el despacho de los negocios por mucho celo que haya. (...) Las Juntas fueron, ya no son útiles, los tiempos son diferentes, por consiguiente no debe en uno y otro convenir la misma cosa".[53]

Pero pese a esta opinión contraria do Segundo Comandante do Exército de Galicia, as forzas vivas do país solicitárona.[54]

A Xunta formouse, e o 17 de decembro de 1809 fíxose público o seu regulamento, no que se establecían as condicións e competencias destas xuntas:

  • As Xuntas dedicaríanase exclusivamente ao armamento e á defensa do país, e a unha serie de competencias en materia de facenda en inmediata relación co exército.
  • A Xunta Superior constituiríana 29 persoas, presididas polo Capitán Xeneral de Galicia e con representacións do Exército, a Igrexa e das sete cidades. En total, 20 representantes de institucións e cidades e 9 representantes do clero secular e regular.
  • As Xuntas subalternas ou de partido estarían formadas por 9 persoas.

As diferenzas entre a Xunta Superior e a Xunta Suprema do Reino de Galicia, que desaparecera de feito en decembro de 1808, son moi claras. A Xunta Superior estaba supeditada á Central. Non pretendía ostentar a soberanía, nin representar a Galicia perante ningún organismo superior. Tratábase simplemente dunha especie de delegación da Xunta Central para os asuntos da guerra e da facenda concomitantes coa guerra.

Notas

  1. 1,0 1,1 El libro «Victorias de Galicia» reivindica el ejemplo de los gallegos al expulsar a Napoleón Diario La Voz de Galicia, 21/11/2013. Consultada o 19/02/2014.
  2. Barreiro (1982), pp. 15-16.
  3. José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España, I, p. 301
  4. Juan Francisco de Castro Fernández 1721-1790 Biografía
  5. Dopico Gutiérrez del Arroyo, Fausto: "Juan Francisco Castro, un ilustrado galego entre a reforma e a superación da sociedade feudal", Grial, tomo 14, nº 53, xullo-setembro 1976, pp. 356-360.
  6. Meijide Pardo, Antonio: "Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático, fundador de la Biblioteca del Real Consulado". Anuario Brigantino, 2002, nº 25, pp.261-274.
  7. Labrada, José Lucas (1804): Descripción económica del Reyno de Galicia. Ferrol: Impr. de Lorenzo José Riesgo Montero, p. 27. [1]. Reeditado en 1971 pola Editorial Galaxia, Vigo.
  8. Constatación empírica do súa asociación simbiótica con "rizobios" (bacterias fixadoras de nitróxeno, da familia das rizobiáceas), que forman nódulos nas raíces destas plantas.
  9. Meijide Pardo, Antonio M. (1960): La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII. Madrid: Instituto Balmes de Sociología, p. 19.
  10. Pérez García, José Manuel (1979): Un modelo de sociedad rural del Antiguo Régimen en la Galica costera: la Península del Salnés (Jurisdicción de La Lanzada). Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Moderna.
  11. Barreiro (1982), pp.29-30.
  12. Barreiro, 1982, pp. 35-36.
  13. Díaz Otero, Antón (1981): Orígenes, estructura y evolución de la Junta Suprema de Galicia, 1808-1813. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, pro ms., pp. 33 e ss.
  14. Barrerio (1982), p. 45.
  15. 15,0 15,1 Díaz, Op. cit.
  16. Barreiro (1982), p. 46.
  17. Amado López, J. M. (1996): El pontificado compostelano de D. Rafael Múzquiz y Aldunate, 1801-1821. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Tese de Licenciatura, pro ms.
  18. Villanueva Rivas: "Intervención de los prelados Quevedo y Múzquiz en los sucesos de Galicia durante la invasión francesa"; Villanueva Rivas: "El arzobispo de Santiago D. Rafael Múzquiz y el clero de Galicia en la guerra de la independencia"; Villanueva Rivas: "Intervención del cabildo de Santiago en el glorioso alzamiento de Galicia en la guerra de la independencia".
  19. Conde de Toreno (1835): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España. Tomo I, p. 208.
  20. López Ferreiro, Antonio (1909): Historia de la S.A.M.I. de Santiago, Tomo XI, p. 127.
  21. Barreiro (1982), pp. 47-48.
  22. Díaz, Op. cit., p. 25.
  23. Barreiro (1982), pp. 48-49.
  24. Díaz, Op. cit., p. 30.
  25. López Ferreiro, Op. cit.
  26. Díaz Op. cit. pp. 45-46.
  27. Díaz, Op. cit. pp. 45-46.
  28. Barreiro (1982), p. 54.
  29. Barreiro (1982), p. 56.
  30. Barreiro (1982), pp.56-57.
  31. Diario de la Coruña do 10 de xullo de 1808.
  32. Barreiro (1982), pp. 57-58.
  33. Díaz, Op. cit. p. 162.
  34. Barreiro (1982), p. 59.
  35. Conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808), pp. 61-62.
  36. 36,0 36,1 Barreiro (1982), pp. 60-61.
  37. Barreiro (1982), p. 126.
  38. Barreiro (1982), pp. 125-126.
  39. Barreiro (1982), pp. 126-127.
  40. Barreiro (1982), pp. 127-128.
  41. Navas (2013).
  42. Denuncian que autores extranjeros ocultaron claves de la Guerra de la Independencia en Mundiario, 20/11/2013. Consultada o 19/05/2014.
  43. Recreación Batalla Casal do Eirigo 2014 en Valga Imaxes da recreación da batalla. En Páxinas Galegas. Festas Galicia.
  44. Batalla Casal de Eirigo, en Valga Álbum de fotos da recreación da batalla Diario El Correo Gallego. Consultada o 19/05/2014.
  45. Video sobre a batalla e a súa reconstrución
  46. 46,0 46,1 Batalla de Casal de Eirigo Consultada o 19/05/2014.
  47. Este rápido ascenso débese á perentoria necesidade de ter un xefe único deste rango,condición que exixía o coronel francés Chalot para entregarse.
  48. 48,0 48,1 Morillo y Morillo, Pablo. Consultada o 19/05/2014,
  49. González López, Emilio (1977): El águila desplumada. Vigo: Castrelos, pp. 22-24.
  50. Barreiro (1982), p. 128.
  51. Díaz, Op. cit. pp. 197-198.
  52. Romana, Pedro Caro y Sureda, 3er. Marqués de La (1809): Representación del Excmo. Señor Marqués de la Romana á la Junta Suprema Central Gubernativa del Reino. Valencia: Benito Montfort.[2]
  53. Díaz, Op. cit., p. 199.
  54. Barreiro (1982), p. 130.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas