Seabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sanabria")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seabra
Sanabria
Comarca de Sanabria (Provincia de Zamora, España).svg
CapitalPobra de Seabra
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaBandera de Zamora.svg Zamora
Concello15
Poboacion6.656 hab. (2013)
Superficie1.215,89 km²
Densidade5,47 hab/km²

Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra[1], en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xabrés» [2].

Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur con Portugal (distrito de Braganza).

Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada As Portelas, a comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de Calabor, situada en Pedralba de la Pradería.

Historia[editar | editar a fonte]

Comarcas leonesas onde se fala asturiano.

Seabra estivo habitada por tribos astures, do que perduran aínda castros. O seu nome, Senabriga – rexistrado aínda na documentación da Alta Idade Media, do que deriva o actual de Seabra– debe datar daquela época, amosando o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.

En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou orixinariamente, talvez por monxes mozárabes. En 952, o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. O dominio do mosteiro foi moi forte na comarca ata inicios do século XIX.

En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra.

Pertenceu ao Reino de Galicia polo menos ata o século XVI, cando formaba parte do ducado de Benavente.[3][4]

Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, e onde se fala galego[5], ao igual ca nos concellos de Lubián, Pías e Porto. Ademais, fálase o galego no lugar de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.

Concellos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://eprints.ucm.es/3369/1/T19853.pdf
  2. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  3. ""Cervantes nació en Sanabria"". Faro de Vigo (en castelán). 9.2.2011. Consultado o 3.11.2018. 
  4. "Hallan el original de un documento que reafirma la tesis de Cervantes gallego". Faro de Vigo (en castelán). 29.4.2011. Consultado o 3.11.2018. 
  5. Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]