En 1809 as operacións do exército español no Noroeste estiveron marcadas por esforzos irregulares para expulsar os franceses das zonas que a invadiran, e logo do afundimento dese exército no discorrer do ano anterior. Os restos dos exércitos desfeitos polos ataques franceses, operando en colaboración coas guerrillas e a milicia, organizaran razias e escaramuzas, que de xeito ocasional permitían a captura de tropas ou equipos militares franceses.
Unha das formacións sobreviventes, a división regular de infantaría do xeneral marqués de La Romana, estabeleceuse en Asturias, fustrigando os franceses en León e Galiza. En marzo, elementos desa unidade, armados cun canón de 12 libras e con municións recobradas dun posto, abandonado polos napoleónicos, en Ponferrada, a pouca distancia de Vilafranca do Bierzo.
A vangarda de ataque estaba formada por uns 1.500 homes dos rexementos Zaragoza e Zamora, ás ordes de Mendizabal, cos que colaboraron milicianos e guerrilleiros, entre eles valdeorreses. O 17 de marzo entraron en Vilafranca e arrodearon aos franceses, que se fixeron fortes no castelo. Comezou daquela unha cruenta batalla, que levou a vida de varios oficiais españois, mais logo de catro horas de combate, os franceses decidiron renderse.