Declaración dos dereitos do home e do cidadán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación da Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789.

A Declaración dos dereitos do home e do cidadán[1] foi unha declaración de principios da Asemblea Constituínte francesa, realizada o 26 de agosto de 1789, que foi o prefacio á Constitución de 1791.

Baseouse na teoría da vontade xeral de Rousseau e na división de poderes de Montesquieu así como nos dereitos naturais que defendían os chamados enciclopedistas.

Aplicación actual[editar | editar a fonte]

A maioría dos principios establecidos na declaración teñen sido incorporados ás modernas constitucións occidentais, e por suposto, á Constitución española de 1978, así como aos tratados internacionais tanto globais (ONU) coma rexionais (tratados da Unión Europea).

De acordo ao preámbulo da Constitución da Quinta República de Francia (adoptada o 4 de outubro de 1958, e actual constitución do dito país), os principios descritos na Declaración teñen valor constitucional. Moitas leis e regulacións foron canceladas porque non cumprían con eses principios segundo o interpretado polo Consello Constitucional Francés ou Conseil d'État ("Consello de Estado").

Moitos dos principios da declaración de 1789 teñen implicacións indirectas hoxe en día:

  • O dereito á vida
  • O dereito á igualdade
  • O principio de legalidade,
  • As liberdades políticas
  • O recoñecemento do dereito á propiedade privada

Non obstante, hai que ter en conta que a Declaración dos dereitos do home e do cidadán foi un produto da Revolución Francesa e nese contexto de ruptura hai que entendela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Termos esenciais de dereito constitucional" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 5 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]