Proceso de El Escorial
Proceso de El Escorial | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | xuízo ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Mosteiro do Escorial ![]() | |||
| ||||
Data | ||||
Data | 1807 ![]() | |||
Implicados | ||||
Acusado | Carlos IV de España e Manuel Godoy ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Coñécese como proceso de El Escorial un xuízo levado a cabo no Mosteiro-Palacio de El Escorial, España, en 1807, como resultado dunha conspiración, intento de golpe de Estado, dirixida por Fernando, príncipe de Asturias, contra seu pai o rei Carlos IV e o seu goberno, dirixido por Manuel Godoy.
A trama, coñecida como conspiración de El Escorial, foi pronto descuberta, dando así lugar ao proceso.
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]A comezos do século XIX, España encontrábase acantoada pola Francia revolucionaria, que comenzaba, no Consulado, a súa ambiciosa expansión.
Nun ambiente caldeado e cambiante de relacións diplomáticas, o rei Carlos IV nomeou en 1801, por segunda vez, a Manuel Godoy como primeiro secretario de Despacho, cargo no que substituíu a Pedro Cevallos, primo irmán seu e que fora nomeado o 13 de decembro de 1800.[1]
Napoleón Bonaparte, primeiro cónsul de Francia, ameazaba constantemente a España cunha guerra de persistir nas políticas levadas a cabo por Godoy, presuntamente pro-inglés. Así, en 1805, España deu un xiro á súa política asinando un tratado de axuda mutua con Napoleón, o que acababa de autoproclamarse emperador de Francia.
Guerra e derrota
[editar | editar a fonte]Este tratado levou pronto a España e Francia a implicarse na guerra da Terceira Coalición contra Inglaterra e Portugal, que culminou coa vitoria naval inglesa na batalla de Trafalgar (1805). Esta derrota fixo que Godoy gañase moitos inimigos na Corte. Entre eles o propio fillo do rei Carlos IV, Fernando, o príncipe de Asturias. Godoy éralle abertamente hostil, e non desexaba o seu ascenso prematuro ao trono (que sabía que Fernando ambicionaba), e isto fixo que fose o príncipe quen encabezase unha conspiración con varios membros da nobreza para expulsalo do poder,[2] un delito considerado como de lesa Maxestade. Esta levouse a cabo en outubro de 1807, pero foi rapidamente descuberta e deu lugar ao proceso de El Escorial.
A conspiración
[editar | editar a fonte]A finais de maio de 1807, a mala saúde de Carlos IV resultaba preocupante, e para evitar a acumulación de poder en mans de Godoy, Fernando asinou un decreto, que só sería válido en caso da morte do rei, e que había recibir o duque do Infantado no que lle outorgaba o poder militar para deter ao favorito.[1] Porén, non se lle puido entregar e, o 27 de outubro,[3] o mesmo día que se asinaba o Tratado de Fontainebleau (polo que se permitía o paso dos exércitos franceses a través de España cara a Portugal) Godoy denunciou ao rei da existencia dunha conxura para conseguir a súa abdicación e, quizais, a súa morte.[4]
Godoy tamén identificou a Fernando como quen estaba á fronte da conspiración e presentou como probas uns papeis gardados por Fernando (unha carta a Napoleón, o decreto do duque do Infantado e unha declaración para obrigar a Carlos IV a expulsar a Godoy).[4] Inmediatamente, o rei mandou o arresto de seu fillo, que foi confinado no Escorial onde permaneceu sete días.[5] Igualmente, o día 30, o monarca publicaría na Gazeta de Madrid un real decreto no que informaba aos españois da existencia dunha conspiración para derrocalo e que o príncipe de Asturias, Fernando, estaba á fronte dela.[3][6]
O proceso
[editar | editar a fonte]Fernando, consciente de que actuara en contra da autoridade de seu pai, para conseguir o seu perdón, cando levaba apenas un día detido, delatou os seus cómplices (entre eles, o duque do Infantado, Escoiquiz, o marqués de Ayerbe, o conde de Orgaz e algúns militares);[7] e o día 5 de novembro, publicouse a declaración de culpabilidade de Fernando ("estoi moi arrepentido do gravísimo delito que cometín contra meus pais e os Reis")[8] e como o rei o perdoa e ordena que continúe o proceso contra o resto dos implicados.[3]
Godoy intentou que o príncipe fora procesado pero o Consello de Castela negárase aducindo que só podía ser procesado polas Cortes. Finalmente, o 25 de xaneiro de 1808, tódolos conspiradores foron declarados inocentes polo Consello de Castela, fronte á petición da pena de morte por parte do fiscal, colocado por Godoy. Algunhas fontes falan, da influencia de Godoy[9] no veredicto que quería solucionar o caso e se vía como vencedor, mais outros refírense, pola contra, á escas influencia de Godoy entre a alta nobreza que forma o Consello[10] e que limitan o castigo aos conspiradores: só se conseguiu que foran desterrados a 40 leguas da Corte.
Como consecuencia, o indulto e as absolucións de 1807 foron concedidos porque había un significativo apoio público para os conspiradores contra Godoy,[10] como se demostrou, uns poucos meses máis tarde, no posterior motín de Aranjuez (17 a 19 de marzo de 1808), no que foi atacado o Palacio de Godoy, deposto o rei e proclamado Fernando VII polo Consello Real.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Peiró (2007), p. 22.
- ↑ VV.AA. (2007), p. 807.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 La Parra (2008), p. 205.
- ↑ 4,0 4,1 Norvins (1832), p. 252.
- ↑ Rincón Álvarez (2007).
- ↑ VV.AA. (1990), p. 505.
- ↑ La Parra (2008), p. 207.
- ↑ La Parra (2008), p. 206.
- ↑ Norvins (1832), p. 235.
- ↑ 10,0 10,1 VV.AA. (1990), p. 506.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bermúdez de Castro O'Lawlor, Salvador (1912): Antecedentes políticos y diplomáticos de los sucesos de 1808: Estudio histórico-crítico con la presencia de documentos inéditos del Archivo Reservado de Fernando VII, del Histórico-nacional y otros, 2ª ed. Madrid: F. Beltrán.
- La Parra López, Emilio (Agosto-setembro 2008). "En vísperas de la guerra : el triunfo de Fernando VII en El Escorial y Aranjuez". Revista general de la Marina (Madrid) 255 (8-9): 201–215. ISSN 0034-9569.
- Martí Gilabert, Francisco (1965): El proceso de El Escorial. Pamplona: Universidad de Navarra. Colección histórica, volume 1, 1ª ed.
- Norvins, Monsieur de (1835). Historia de Napoleón II. (traducida ao castelán). Barcelona: Imprenta de la viuda e hijos de Gorchs.
- Peiró Arroyo, Antonio (2007). El golpe de estado del general Palafox. Col. Ciencias Sociales nº 26. Zaragoza: Prensas da Universidad de Zaragoza. ISBN 978-84-16935-86-4.
- Rincón Álvarez, Manuel (2007). Claves para comprender el Monasterio de San Lorenzo de El Escorial (en castelán). Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7800-392-1.
- VV.AA. (1990). Historia general de España y América. Tomo X-2 (La España de las reformas.Hasta el final del reinado de Carlos IV) (2ª ed.). Madrid: Rialp. ISBN 84-321-2106-1.
- VV.AA. (2007). Diciopedia do século 21. Tomo 2 (E-Ñ). Vigo: Editoria Galaxia / Edicións do cumio / Edicións do Castro. ISBN 84-8485-242-3.