Fidalguía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fidalgo.

A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón).

O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos[1], cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación, concentrados maioritariamente na provincia de Lugo.[2]

Fidalguía en Galicia[editar | editar a fonte]

A formación da fidalguía característica de Galiza tivo lugar no século XVI ligada ao fenómeno dos foros: escudeiros, cregos e funcionarios investían os seus capitais para convertérense en arrendatarios dos dereitos dos mosteiros, que posuían a maioría da terra en Galiza. Desta maneira, os fidalgos exerceron durante catro séculos como intermediarios, cobrándolles aos labregos e dándolle parte ao clero. O fenómeno de acumulación foi relativamente rápido e non exento de coaccións.[3]

Esta transferencia de capitais vese no feito de que, segundo salienta Juan E. Gelabert, en Santiago en 1588 o 13% da riqueza pertencía aos fidalgos e o 39% aos mercadores, mentres que en 1635 o repartimento era 43%-10%. Estes primeiros foreiros engrandeceron os seus patrimonios, estabeleceron morgados e procuraron por todos os medios posíbeis a obtención dunha carta de fidalguía que confirmaba o seu ascenso social e os eximía de pagaren tributos directos.

Esta clase fidalga comezou a desaparecer coa desamortización e desapareceu definitivamente coa redención dos foros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Filipe II recoñeceu en 1562 a fidalguía de todos os guipuscoanos. Etnogénesis y etnicidad en España. Christiane Stallaert páx 72 [1]
  2. La hidalguía de solar conocido: normas jurídicas y doctrina. Julio García-Gabilán Sangil. Revista de Derecho UNED, núm. 11, 2012, páx. 350: "[...] Aunque en el reino de Galicia la nobleza era minoritaria, en los territorios donde si era particularmente numerosa, como en las comarcas montañosas situadas al este de la provincia de Lugo, si bien los padrones suelen entremezclar los vecinos de uno y otro estamento, las calificaciones para los vecinos del estado noble aluden también a solares conocidos –abundantes en este ámbito geográfico–, a la calidad notoria, la de carta ejecutoria y a la simple posesión."
  3. Gran Enciclopedia Galega: Vol. XVII, páx 106. Hidalguía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]