José María Queipo de Llano
José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, nado en Oviedo o 26 de novembro de 1786 e finado en París o 16 de setembro de 1843, Conde de Toreno e Vizconde de Matarosa, foi un político e escritor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou Humanidades e Ciencias en Cuenca, Salamanca e Madrid. Regresa a Asturias onde forma parte da xunta revolucionaria durante a Guerra da Independencia Española, para ser logo membro das Cortes de Cádiz.
Tivo que fuxir a Lisboa ao ser acusado de afrancesado, máis tarde pasa a vivir a París, Londres e Berlín, para volver a España como deputado, para volver a fuxir esperando unha amnistía por parte de Fernando VII. En Francia publicou a súa primeira obra sobre a Guerra da Independencia. Coa amnistía xeral e coa morte do rei, é nomeado Ministro de Facenda no goberno de Francisco Martínez de la Rosa.
Tras o goberno de Martínez de la Rosa, ocupou a presidencia do Goberno o 7 de xuño de 1835, tendo que convivir con levantamentos en toda España. Tras o seu fracaso marchou a París onde morreu en 1843.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Queipo de Llano |
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Reinado de Isabel II de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Francisco Martínez de la Rosa |
José María Queipo de Llano | Precede a: Miguel Ricardo de Álava |
| Presidente do Goberno de España | ||
