Real cédula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Real Cédula")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Real Cédula de 17 de xuño de 1738 que aprobou os estatutos da Real Academia de la Historia.

Unha real cédula era unha orde razoada expedida polo rei de España entre os séculos XVI e XIX. O seu contido resolvía algún conflito de relevancia xurídica, establecía pautas de conduta legal, creaba institucións, nomeaba un cargo real, outorgaba dereitos persoais ou colectivos ou ordenaba algunha acción concreta.

Existían dúas variantes fundamentais: as reais cédulas de oficio que se derivan da propia función administrativa, que inician co nome -se é personalizada- ou cos cargos ou títulos das persoas ás que son dirixidas. As outras reais cédulas outórganse igualmente polo rei, pero a petición de parte e comezan mencionando o asunto da solicitude e mailo solicitante.

Foron usadas principalmente nos dominios españois de ultramar (América e Filipinas), con asesoramento na maioría dos casos do Consello de Indias.

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • A emitida por Isabel a Católica, no ano 1500, ordenando a devolución ás súas orixes de aqueles escravos indíxenas que foran capturados por algúns conquistadores.
  • A Real Cédula emitida en 1608 por Filipe III, na que se autorizaba a escravitude dos indíxenas rebelde ao imperio hispánico.
  • A Real Cédula de 1789 "concedendo liberdade para o comercio de negros".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La abolición de la esclavitud y el mundo hispano". ensayistas.org. Consultado o 08-02-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]