Antonio Pascual de Borbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Pascual de Borbón
Infante de España
El infante Antonio Pascual.jpg
El infante Antonio Pascual, óleo sobre lenzo.
Esbozo para La Familia de Carlos IV.
Francisco de Goya, 1800. Museo do Prado.

Nome completoAntonio Pascual Francisco Javier Juan Nepomuceno Ángel Raimundo Silvestre de Borbón e Saxonia
Outros títulosOrde do Vélaro de Ouro
Nacemento31 de decembro de 1755
Palacio Real de Caserta, Caserta, Reino de Nápoles
Falecemento20 de abril de 1817
Mosteiro do Escorial,
San Lorenzo de El Escorial
ConsorteMaría Amalia de Borbón
Descendenciamorreu sen descendencia
Casa realCasa de Borbón
ProxenitoresCarlos III de España
María Amalia de Saxonia

Escudo de Antonio Pascual de Borbón
Zampoña andina.

Antonio Pascual de Borbón e Saxonia nado en Caserta, Reino de Nápoles, o 31 de decembro de 1755 e finado en San Lorenzo de El Escorial (Madrid), o 20 de abril de 1817), foi un infante de España, fillo de Carlos III e a súa esposa María Amalia de Saxonia, e irmán menor, por tanto, de Carlos IV de España e Fernando I de Borbón rei das Dúas Sicilias (e despois Fernando IV, rei de Nápoles).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Calidades do personaxe[editar | editar a fonte]

Nacido no Palacio Real de Caserta, en Nápoles, o 31 de decembro de 1755, fillo de Carlos III e a súa esposa María Amalia de Saxonia, e irmán menor, por tanto, de Carlos IV de España e Fernando I de Borbón rei das Dúas Sicilias (e despois Fernando IV, rei de Nápoles).

Foi batizado como Antonio Pascual Francisco Javier Juan Nepomuceno Ángel Raimundo Silvestre de Borbón e Sajonia.

Como se pode apreciar no retrato que lle fixo Goya en 1800, gardaba un sorprendente parecido físico co seu irmán Carlos IV.

Ao dicir dalgúns panexiristas, este bondadoso infante foi "o máis intelixente e laborioso dos fillos de Carlos III, despois do seu defunto irmán Gabriel e, ao igual que este foi celebrado como humanista, e moi devoto das belas artes".[1]

Porén, non todos pensan o mesmo. Para algúns, o infante pasou á historia como un dos membros máis simples da Real Familia española.[2]

O que si está probado é que foi un experto carpinteiro, encadernador e bordador, e un virtuoso da arte de tocar a zampoña,[2] un tipo de frauta de Pan.[3]

Tamén está probado que tivo unha gran biblioteca, rica en impresos do século XVI que, á súa morte, pasou en parte a sos seus sobriños, entre eles a Fernando VII. Outra parte dispersouse, polo que non é raro encontrar o seu selo ou super libros en exemplares de moitas bibliotecas públicas ou privadas.[4]

Segundo Pérez Galdós, en La Corte de Carlos IV, número 2 da Primeira Serie dos Episodios Nacionales, o infante:

(...) acostumbraba a matar los ocios de la vida regia alternando los oficios de carpintero y encuadernador con el cultivo del arte de la zampoña (...) jamás vi fisonomía tan bonachona. Tenía costumbre de saludar con tanta solemnidad como cortesanía a cuantas personas le salían al paso (...) se habría confundido con (...) cualquier sacristán de parroquia. (...) Era, entre todos los individuos de la regia familia, el que me parecía de mejor carácter. Más tarde conocí cuánto me había equivocado al juzgarle como el más benévolo de los hombres.

Foi o tío máis querido de Fernando VII. Durante toda a sú vida foi un firme partidario do absolutismo, congregando en torno seu o máis florido do partido realista.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Casou o 25 de agosto de 1795 no Palacio Real de La Granja de San Ildefonso, coa súa sobriña María Amalia de Borbón (filla de Carlos IV), que tiña tan só 16 anos de idade (el era 24 anos maior que ela).

O 27 de xullo de 1798 María Amalia deu a luz un neno no Palacio Real de Madrid, infante que faleceu ao nacer, morrendo a nai do parto, á idade de 19 anos, polo que non houbo descendencia deste matrimonio.[5]

O infante Antonio non volveu casar.

Época napoleónica[editar | editar a fonte]

O infante Antonio Pascual era partidario do príncipe Fernando e, por tanto, aborrecía cordialmente ao da Paz.

O 10 de abril de 1808 o novo rei Fernando VII, non recoñecido polo seu pai Calos IV, despois do golpe de Estado que pasou á historia co nome de Motín de Aranjuez, tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón (e onde foi un dos principais protagonistas do lamentábel espectáculo das abdicacións de Baiona) o seu tío Antonio Pascual quedou en Madrid como presidente da Xunta Suprema de Goberno, encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia.[2][6]

Pero pouco tempo aguantou no cargo. Cando o infante veu que Madrid non era sitio seguro debido á agresividade das tropas francesas do mariscal Murat, gran duque de Berg, cuñado de Napoleón e o seu Lugartenente en España, na madrugada do día 4 de maio de 1808, fuxiu cara a Baiona a lume de carozo, abandoando as súa funcións de presidente da Xunta Suprema.[2] Ao fuxir, o infante deiou unha carta ao decano da Xunta, Gil y Lemos, na que dicía:

Al señor Gil. A la Junta para su gobierno le pongo en su noticia como me he marchado a Bayona, y digo a dicha Junta que ella sigue en los mismos términos como si yo estuviese en ella. Dios nos la de buena. A Dios señores, hasta el valle de Josafat.
Antonio Pascual

No escaso tempo en que o infante Antonio exerceu a presidencia da Xunta Suprema (do 10 de abril ao 3 de maio) tomou algunhas decisións extravagantes que sorprenderon a varias xeracións de historiadores. Por exemplo, decretou que os empregados públicos andiveran na punta dos pés por corredores e despachos dos seus departamentos para non distraer o traballo dos seus compañeiros, que os selos en seco de papel que se fixaban nos documentos, que eran redondos, fosen cadrados para que no recordaran ás Sagradas Formas, e que os calvos conservaran posto o sombriero nos seus lugares de traballo (non considerou o infante que debera explicar os motuvos desta última ocorrencia.[2]

Durante a guerra de la Independencia compartiu con resto da familia real o encerro no castelo de Valençay. De regreso a España, desempeñó altos cargos oficiales.[7] Fue toda su vida un firme partidario del absolutismo, y congregaba en torno suyo lo más florido del partido realista furibundo.

Regreso a España[editar | editar a fonte]

No ocaso do poderío de Napoleón este, polo tratado de Valençay de 11 de decembro de 1813, reconoñeceu a Fernando VII como rei de España. Fernando recuperou así o seu trono e todos os territorios e propiedades da Coroa e os seus súbditos antes de 1808, tanto en territorio nacional como no estranxeiro; a cambio, avíñase á paz con Francia, o desaloxo dos británicos e a súa neutralidade no que quedaba de guerra, así como ao pago dunha pensión anual de 30 millóns de reais aos seus pais e de 2 millóns a María Luisa, a súa nai, cando quedara viíva.[8] Tamén acordou o perdón dos partidarios de Xosé I, os afrancesados. Aínda que o tratado non foi ratificado pola Rexencia, Fernando VII foi liberado, se lle concedeu pasaporte o 7 de marzo de 1814, saíu de Valençay o 14, viaxou cara a Tolosa e Perpiñán, cruzou a fronteira española e foi recibido en Figueres polo xeneral Copons oito días despois, o 22 de marzo de 1814.[9]

E con Fernando, regresou seu tío o infante Antonio Pascual. Non así o o seu pai Carlos, que permaneceu prisioneiro de Napoleón, residindo en Marsella, até a derrota final do emperador en 1814. Fernando VII mantivo ao seu pai desterrado, por temor a que lle disputara o trono. Carlos e a súa esposa morreron exiliados na corte papal,[10] onde residiron no palazzo Borghese.

De regreso en España, o infante Antonio recibiu altos honores. A Universidade de Alcalá concedeulle o título de doutor e desde entón o seu sobriño o rei chamáballe xocosamente en público meu tío o douctor. Fernando VII, noutra humorada das súas, nomeouno Almirante, e o infante, de contado, pediulle o mando dunha escuadra que, naturalmente, o rei non lle concedeu.[2]

O infante Antonio na cultura popular: "facer o primo"[editar | editar a fonte]

Como é sabido, era costume protocolaria da Casa Real española durante o século XVIII que se lle dera o tratamento de Primo do Rei aos Grandes de España, tanto en privado como en documentos oficiais. O que non era nada raro, se pensamos na altísima consanguinidade que existía entre toda a realeza española e a de alén das fronteiras. Literalmente, todos eran primos.

Tras os acontecementos do 2 de maio de 1808, cando o pobo de Madrid se levantou en armas para impedir que o infante Francisco de Paula fora sacado do país e enviado a Francia, o xeneral francés Joachim Murat, cuñado de Napoleón e o seu Lugartenente en España, escribiulle varias cartas ao infante Antonio Pascual e a Xunta Suprema de Goberno que el presidía e que (teoricamente) daquela gobernaba España en ausencia do novo rei Fernando VII, e nas que, tras o correspondente e protocolario Señor Primo, señores membros da Xunta, exixía ao infante que tomara unha serie de medidas drásticas e impopulares contra o pobo levantado, tales como "anunciade que todo pobo en que un francés sexa asasinado será queimado inmediatamente", "que os que se encontren mañá con armas, calesquera que sexan e, sobre todo, con puñais, serán condenados como inimigos dos españois e dos franceses e que inmediatamente serán pasados polas armas", medidas ás que cedeu causando, loxicamente, un gran descontento na población.

Neste feito está a orixe da expresión facer o primo, coa connotación pexorativa do incauto que foi enganado ou manipulado a vontade, ao quedar o infante, aos ollos do pobo, como un babeco.[11]

Galería[editar | editar a fonte]

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Luís XIV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Delfín Luís de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Tareixa de Austria e Borbón
 
 
 
 
 
 
 
4. Felipe V de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Fernando María de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
9. María Ana de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Henriqueta Adelaida de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos III de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Renato II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
10. Eduardo II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Isabel de Este
 
 
 
 
 
 
 
5. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Filipe Guillerme I, elector palatino
 
 
 
 
 
 
 
11. Dorotea Sofía de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel Amalia de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
1. Antonio Pascual de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoán Xurxo III de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
12. Augusto II de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ana Sofía de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
6. Augusto III de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Cristián Ernesto, Margrave de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
13. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Sofía Luísa de Württemberg
 
 
 
 
 
 
 
3. María Amalia de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Leopoldo I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
14. Xosé I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
7. María Xosefa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Federico, Duque de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
15. Guillermina Amalia de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Benedita Henriqueta de Simmern
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Infante Pascual Antonio de España en Monarquías de Europa y del Mundo. (en castelán) Consultada o 5 de maio de 2014.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Del Infante Antonio Pascual a Miguel Sebastián en "As de bastos", blog do periodista e historiador e político do Partido Poular Juan Van-Halen. (en castelán) Consultado o 5 de maio de 2012.
  3. A flauta de Pan é un instrumento musical que consta dun conxunto de tubos pechados por un extremo, ligados uns aos outros en feixe ou de lado a lado. Os tubos están graduados e son de diferentes tamaños, non teñen bocal e são soprados com os lábios tangenciando as extremidades superioressonoros comxuntados. Pertenece ao grupo dos aerófonos, nos que o material vibrante que produce o son é o aire e, máis especificamente, xa que é unha flauta, o son obtenese pola ruptura dunha lámina de aire nun bisel. Existen no mundo unha ampla variedade de formas e de e organizacións espaciais desta flauta, e os materiais utilizados son tamén moi variados pero, independentemente da forma ou da época, todas derivan dun arquetipo común: unhas canas (xuncos, bambúes etc.) unidas. As frautas de Pan que usan os indiuos dos Andes coñécense como siku pola comunidade aimará, como antara polos quechuas e como zampoña en español, nome que pasou á liguaxe internacional (e que cómpre non confundir coa zanfona).
  4. Antonio Pascual de Borbón (1755-1817) en Universidad Complutense de Madrid. Biblioteca Histórica. (en castelán) Consultada o 5 de maio de 2014.
  5. Maria Amalia de Borbón, infanta de España en Geneall (en castelán) Consultada o 5 de maio de 2014.
  6. Antonio Pascual de Borbón en Biografías y Vidas. (en castelán) Consultada o 5 de maio de 2014.
  7. Biografías y Vidas. "Antonio Pascual de Borbón". Consultado o 4 de abril de 2007. 
  8. Sánchez Mantero, Rafael (2001), p. 82.
  9. Sánchez Mantero, Rafael (2001), p. 116.
  10. Carlos IV de España en Biografías e Vidas (en castelán) Consultada o 5 de maio de 2014.
  11. ¿Cuál es el origen de la expresión hacer el primo? en 20minutos.es. (en castelán) Consultada o 5 de maio de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Libros de historia[editar | editar a fonte]

  • Artola, Miguel (1977): La guerra de la indpendencia. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 978-84-670-2624-5.
  • Artola, Miguel (2008): La España de Fernando VII. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 978-84-670-2918-5.
  • Aymes, Jean-René (2009): La Guerra de la Independencia en España (1808–1814): calas y ensayos. Madrid: CSIC / Ediciones Doce Calles, S.L. ISBN 978-84-00-08858-3 (CSIC) / ISBN 978-84-9744-091-2 (Doce Calles). Google books.
  • Conde de Toreno (2008): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808). Ed. de J. M. Martínez Valdueza. Astorga, León: Editorial Akrón. ISBN 978-84-936293-4-2. (A 1ª edición foi publicada en París, en 1851).
  • Moliner Prada, Antonio (ed.) (2007): La guerra de la independencia en España, 1808–1814. Nabla Ediciones. ISBN 978-84-935926-2-2.
  • Sánchez Mantero, Rafael (2001): Fernando VII. Borbones, 6. Madrid: Arlanza. ISBN 84-95503-23-9.

Novelas históricas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]