José Navas Ramírez-Cruzado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
José Fernando Navas Ramírez-Cruzado é coronel de Artillaría retirado do exército español, diplomado de Estado Maior dos exércitos de España e Portugal, e especialista en historia militar, heráldica e protocolo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Vinculación con Galicia[editar | editar a fonte]
Estivo destinado quince anos no Estado Maior Rexional da Coruña, desempeñando cometidos de intelixencia, persoal, operacións e protocolo.
Esta permanencia, e estas actividades, permitíronlle estreitar lazos coa sociedade coruñesa en particular e galega en xeral.
Destacou, entre outras, a súa actuación nos actos de homenaxe á Bandeira, a prevención de incendios forestais e como adxunto ao coordinador de Defensa durante a catástrofe do Prestige.
Foi cooperador habitual das universidades de Santiago e A Coruña, incluíndo a Escola Universitaria de Turismo adscrita a esta última (e coñecida antes como Centro Español de Nuevas Profesiones),[1] impartindo clases de cerimonial, protocolo, oratoria e heráldica en cursos de posgrao.[2][3]
Entre outras obras, é autor dos capítulos correspondentes á "Heráldica Militar de Galicia" do volume LIX da obra Proxecto Galicia de Hércules de Edicións.
Director do Museo Militar da Coruña[editar | editar a fonte]
Durante os seus seis anos destinado como director do Museo Militar da Coruña, cargo no que cesou o 6 de maio de 2011,[4] centrou a súa actividade na divulgación da Historia Militar e, en especial, da actuación dos galegos na Guerra da Independencia española.
Do se labor investigador no museo destaca a recuperación da memoria do brigadier coruñés Diego del Barco quen, tras participar en 22 batallas da guerra da Independencia, desde Medina de Rioseco ao Bidasoa, morreu reconquistando Santoña e Laredo, cando xa a guerra terminaba. Ignorado durante douscentos anos, como tantos heroes, foi devolto á memoria dos coruñeses polo museo, que conta cunha estatua do brigadier na súa entrada, e unha reprodución en bronce nos achegados xardíns da Real Maestranza.[5]
En palabras de Nava,
...dábase a ingrata circunstancia de que até agora, na Coruña tan só se honraba a memoria dun xeneral británico, Sir John Moore, que morreu protexendo a súa retirada na batalla de Elviña, e cuxa tumba disfruta dun importante cenotafio no próximo xardín de San Carlos, mentres olvidaba inxustamente a tantos heroicos españois daquela epopea.[6]
Con ocasión do segundo centenario desta contenda participou en congresos, seminarios e xornadas, presentando relatorios en máis de trinta cidades de España e Portugal divulgando a actuación dos exércitos galegos.
É coautor do libro e o CD editados con ocasión da exposición "1808-1814. La historia y su enseñanza. 200 años de la Guerra de la Independencia", da que foi comisario na Coruña, Bailén, Aranjuez, Medina de Rioseco, Camponaraya e Astorga.
Obras principais[editar | editar a fonte]
- 2004 - Los ejércitos gallegos contra Napoleón en la Guerra de la Independencia. A Coruña: Librería Arenas. ISBN 978-84-95100-09-2. Premio Arenas Quintela 2003-2004 na súa IV edición.
- 2004 - Libertad y victoria (en colaboración con Arsenio García Fuertes). A Coruña: Librería Arenas. 978-84-95100-11-5.
- 2013 - Victorias de Galicia. Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón. A Coruña: Hércules de Edicións. ISBN 978-84-9271-561-9.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ CENP da Coruña Arquivado 20 de maio de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ Curso de Formación Específica de Postgrado en Protocolo, Comunicación e Imagen Corporativa. UDC, curso 2014.
- ↑ Protocolo y comunicación en el ámbito castrense. Clase con el coronel Navas. UDC, curso 2004.
- ↑ Relevo del mando de Coronel-Director en el Museo Militar de La Coruña Arquivado 20 de maio de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ José Navas Ramírez-Cruzado: "El brigadier coruñés Diego del Barco tuvo más mérito que sir John Moore". Diario La Opinión. A Coruña. 13-01-2009.
- ↑ El Museo Histórico Militar de La Coruña.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- El Museo Histórico Militar de La Coruña Arquivado 20 de maio de 2014 en Wayback Machine.. Por José Navas.
- Museo Militar de La Coruña Arquivado 20 de maio de 2014 en Wayback Machine.. Por José Navas.
- Entrevista: José Navas Ramírez-Cruzado, coronel director del Museo Militar de A Coruña: "El brigadier coruñés Diego del Barco tuvo más mérito que sir John Moore" Arquivado 20 de maio de 2014 en Wayback Machine. El Portal de los Profesionales de la Seguridad.
- Relevo del mando de Coronel-Director en el Museo Militar de La Coruña Arquivado 20 de maio de 2014 en Wayback Machine. Museo Militar Regional de La Coruña. 11/05/2011.