Clemente VII, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Papado: Arranxos varios
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Clement VII. Sebastiano del Piombo. c.1531..jpg|miniatura|esquerda|Clemente VII.]]
[[Ficheiro:Clement VII. Sebastiano del Piombo. c.1531..jpg|miniatura|Clemente VII.]]
{{PapS-XVI}}
'''Giulio di Giuliano de' [[Medici]]''', nado en [[Florencia]] o [[26 de maio]] de [[1478]] e finado en [[Roma]] o [[25 de setembro]] de [[1534]], foi o Papa nº 219 da [[Igrexa Católica]] entre [[1523]] e [[1534]] co nome de '''Clemente VII'''.
'''Giulio di Giuliano de' [[Medici]]''', nado en [[Florencia]] o [[26 de maio]] de [[1478]] e finado en [[Roma]] o [[25 de setembro]] de [[1534]], foi o Papa nº 219 da [[Igrexa Católica]] entre [[1523]] e [[1534]] co nome de '''Clemente VII'''.


Liña 22: Liña 21:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
{{Papas}}
{{commons|Pope Clement VII}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{Papas en progreso}}


[[Categoría:Papas]]
[[Categoría:Papas]]

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2017 ás 19:37

Clemente VII.

Giulio di Giuliano de' Medici, nado en Florencia o 26 de maio de 1478 e finado en Roma o 25 de setembro de 1534, foi o Papa nº 219 da Igrexa Católica entre 1523 e 1534 co nome de Clemente VII.

Traxectoria

Era fillo de Giuliano de Medici. Tralo asasinato do seu pai na catedral de Florencia, durante a Conxura dos Pazzi, Giulio contou coa protección dos Medici. O seu tío Lourenzo o Magnífico escribiu a Fernando I de Nápoles e ao Papa para que a Giulio, destinado á carreira eclesiástica, se lle outorgase o rico Priorato de Capua. Xa desde a súa infancia, Giulio contara coa amizade dos seus curmáns Piero, Giovanni (futuro Papa León X), e Giuliano, os tres fillos de Lorenzo.

Carreira eclesiástica

Trala elección como Papa do seu curmán León X, foi nomeado cardeal o 23 de setembro de 1513. En 1514 foi nomeado arcebispo de Florencia.

Soubo facerse valer como conselleiro do papa, logrando ser un dos personaxes máis influentes da curia. Co obxecto de evitar enredos na carreira eclesiástica de Giulio, León X mediou para que o futuro Clemente VII fose declarado fillo de lexítimo matrimonio.

Trala morte en 1521 de León X, era agardada a elección de Giulio por parte da tiara, ao ser un dos papables máis apreciados. Pero dos 39 cardeais reunidos en conclave, polo menos 18 esperaban ser elixidos. Para cansar os adversarios, os partidarios de Giulio decidiron votar o candidato menos probable, o cardeal Adriano Dedel, de Utrecht. Para sorpresa de todos, mesmo do propio elixido, tamén os adversarios decidiran votar o mesmo candidato, polo que, ante a consternación xeral, foi elixido papa co nome de Hadriano VI.

A influencia de Giulio, mantida durante o pontificado de Hadriano VI, foi a clave para ser elixido pontífice o 19 de novembro de 1523, adoptando o nome de Clemente VII no momento da consagración o 26 de novembro.

Papado

Clemente VII cando aínda era cardeal.

Fracasou tanto no eido político como no relixioso, polo seu temperamento indeciso, as súas arriscadas apuestas políticas e os intereses familiares.

Faleceu envelenado por un fungo durante a cea. As profecías de San Malaquías refírense a el como Flos pilae aegrae ("A flor das columnas enfermas"), facendo referencia ás columnas e a flor de lis que aparecen no seu escudo de armas.

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.