Inocencio I, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=xuño de 2017}}
{{PapS-V}}
[[Ficheiro:Innocentius I.jpg|miniatura|esquerda|Inocencio I]]
[[Ficheiro:Innocentius I.jpg|miniatura|Inocencio I]]
'''Inocencio I''', natural de [[Albano Laziale]], foi o [[papa]] nº 40 da [[Igrexa Católica]].
'''Inocencio I''', natural de [[Albano Laziale]], foi o [[papa]] nº 40 da [[Igrexa Católica]].


Liña 15: Liña 15:
Morreu o [[12 de marzo]] de [[417]].
Morreu o [[12 de marzo]] de [[417]].


==Véxase tamén==
== Ligazóns externas ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.documentacatholicaomnia.eu/01_01_0401-0417-_Innocentius_I,_Sanctus.html Obras]
* [http://www.documentacatholicaomnia.eu/01_01_0401-0417-_Innocentius_I,_Sanctus.html Obras]
{{Papas}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{Papas en progreso}}


[[Categoría:Papas]]
[[Categoría:Papas]]

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2017 ás 18:31

Inocencio I

Inocencio I, natural de Albano Laziale, foi o papa nº 40 da Igrexa Católica.

Segundo o Liber pontificalis era orixinario de Albano Laziale, e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo Xirolamo era fillo do papa Anastasio I (aínda que naceu antes de ser consagrado).

Foi elixido o 21 de decembro de 401. Ordenou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións litúrxicas.

O seu gran amigo Xoán Crisóstomo foi expulsado como patriarca de Constantinopla debido a hostilidades persoais coa emperatriz Eudoxia e as intrigas de Teófilo de Alexandría. Inocencio I interveu para reintegralo á súa sede.

Enfrontouse firmemente a Pelaxio e ó pelaxianismo, con tanta autoridade e decisión que Agostiño de Hipona, ó sabelo, pronunciou a famosa frase Roma locuta, causa finita ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o priscilianismo.

O 24 de agosto de 410 o rei visigodo Alarico conquistou e saqueou Roma. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en Rávena negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.

Morreu o 12 de marzo de 417.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.