Cambre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m retirar argumento duplicado (via JWB)
Maria zaos (conversa | contribucións)
m retirar argumento duplicado (via JWB)
Etiqueta: Revertida
Liña 17: Liña 17:
| galego ano= 2011
| galego ano= 2011
| totalgalego= 23,02
| totalgalego= 23,02
| elec ano= 2023 <ref>{{Cita web|título=Elecciones 2023|url=https://elecciones.locales2023.es/|data-acceso=20 de xuño de 2023|nome-editor=Ministerio del Interior|apelidos-editor=Goberno de España|lingua=es}}</ref>
| elec ano= 2023 <ref>{{Cita web|título=Elecciones 2023|url=https://elecciones.locales2023.es/|nome-editor=Ministerio del Interior|apelidos-editor=Goberno de España|lingua=es}}</ref>
| pp= 5
| pp= 5
| bng= 3
| bng= 3

Revisión como estaba o 16 de agosto de 2023 ás 12:55

Coordenadas: 43°17′33″N 8°20′38″O / 43.29250, -8.34389

Cambre
Logo de Cambre
Bandeira de Cambre
Escudo de Cambre
Situación
Xentilicio[1]cambrés/cambresa
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación24.739 hab. (2023)[2][3]
Área40,7 km²[3]
Densidade607,84 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias[4]
Capital do concelloCambre
Política (2023 [5])
AlcaldeÓscar García Patiño (Unión por Cambre[6])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: Unión por Cambre: 7
Alternativa dos Veciños: 2
Eleccións municipais en Cambre
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes23,02%
Na rede
cambre.org
editar datos en Wikidata ]

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2019) conta con 24.648 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.[8]

Xeografía

O concello ten unha superficie de 40,7 km², e abrangue 12 parroquias. Forma parte da rexión histórica das Mariñas dos Freires, caracterizada por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves, sendo a altitude máxima de 130 m. Pertence á zona de influencia marítima, se ben a única parroquia con costa é O Temple. Está atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro de Cecebre.

O municipio ten clima oceánico húmido, con temperaturas son suaves e precipitacións altas. A humidade relativa do aire é elevada, cun índice superior ao 75 %. A vexetación é hidrófila,con bosques e fragas de carballos, piñeiros e eucaliptos.

Demografía

Censo total 2019 24.648 habitantes
Menores de 16 anos 3 639 (14,76 %)
Entre 16 e 64 anos 16 755 (66,98 %)
Maiores de 65 anos 4 254 (17,26 %)
Evolución da poboación de Cambre   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.722 7.805 8.011 9.181 20.919 23.621 23.649 23.879 23.999 24.029 24.076 24.141 24.348 24.603 24.648 24.594
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Consérvanse antas neolíticas nos límites co concello de Carral. Consérvase un petróglifo no castro de Sigrás. Tamén se conservan restos dos castros de Pravio, Armental, e Fraís, todos eles de tipoloxía clásica: construídos nun outeiro, cun poboado de casas circulares rodeado dun muro defensivo. Posiblemente o concello, actual vía de paso da ruta inglesa do camiño de Santiago, xa fose percorrido por unha antiga vía romana que unía A Coruña e Betanzos.

Cultura

Topónimo

O topónimo da vila que dá nome ao concello, Cambre, podería ser prerromano e terse orixinado antes do século III. O seu significado referiríase a unha poboación ligada a unha altura, unha fortificación ou a un límite entre territorios.[9][10][11]

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Patrimonio natural

Política

Eleccións municipais 2019

Partidos políticos Diferenza de

escanos

Escanos
Unión por Cambre +3 8
PSdeG-PSOE -1 4
PPdeG -3 3
BNG = 2
Alternativa dos Veciños novo 2
EU-SON EN COMÚN novo 1
Cidadáns = 1
Xente de Cambre novo 0

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cambre.

Parroquias

As doce parroquias que conforman o concello de Cambre.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cambre

Anceis (San Xoán) | Andeiro (San Martiño) | Brexo (San Paio) | Bribes (San Cibrán) | Cambre (Santa María) | Cecebre (San Salvador) | Cela (San Xulián) | Meixigo (San Lourenzo) | Pravio (San Xoán) | Sigrás (Santiago) | O Temple (Santa María) | Vigo (Santa María)

Lugares de Cambre

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambre vexa: Lugares de Cambre.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Cambre".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  9. Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2. 
  10. Búa Carballo, J. C.; Lois Silva, S. (1994-1995). "Los topónimos gallegos en -bre de orígen prerromano". Beiträge zur namenforschung. Neue Folge (Heidelberg) (Band 29/30): 13–41. 
  11. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén

Ligazóns externas