Xosé-Henrique Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé-Henrique Costas González»)
Para ver artigos doutras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente
Xosé-Henrique Costas
Xosé-Henrique Costas González.JPG
Xosé-Henrique Costas González no ano 2013
Nacemento11 de agosto de 1962
Lugar de nacementoSárdoma
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónlingüista
Na rede
Facebook: 1025703077 Twitter: xhcostas Dialnet: 504661 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma (Vigo) o 11 de agosto de 1962, é un lingüista galego director de Normalización lingüística desde 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Costas doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995 e traballa desde ese mesmo ano como profesor na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas. É especialista na fala do Val do Ellas, na provincia estremeña de Cáceres.

É membro do consello de redacción das revistas Anima+l, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito. Así mesmo, é un membro destacado da plataforma cívica ProLingua[1].

No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.[2][3]

Foi vicerreitor de extensión universitaria da Universidade de Vigo entre 2010 e 2014.

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia segundo os alumnos da segunda etapa de EXB (1986)
  • Galego Coloquial (1986)
  • 1.000 nomes galegos (1991)
  • Dicionario galego de sinónimos (1997)
  • The Galician Language in Education in Spain (2001).
  • Guía das linguas de Europa (2001, Positivas).
  • O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) (2013, Xerais).

Artigos[editar | editar a fonte]

  • Os subsistemas sibilantes no galego do Val do Río Ellas (1998)
  • Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o "galego" do Val do Río Ellas (Cáceres) (1999)
  • Toponimia galega no Val do Río Ellas (1999)
  • Tipoloxía das falas do Val do Río Ellas (2000)
  • Aspectos sociolingüísticos das falas do Val do Río Ellas (2000).

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Seis sainetes valverdeiros, de Isabel López Lajas (Positivas).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Escolma de poesía berciana en lingua galega (1860-1960) (Positivas). Con Concepción Álvarez.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista na TVG[Ligazón morta] co filólogo Xosé Henrique Costas e o empresario Rafael Cuíña a propósito de ProLingua.
  2. "A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2012.
  3. Listaxe de académicos correspondentes da Real Academia Galega Arquivado 04 de agosto de 2012 en Wayback Machine.. Páxina web da RAG. Consultado o 20 de xullo de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]