José Luis Cuerda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Cuerda
Rodaje de la película ‘Tiempo Después’ (37493401910) (cropped).jpg
Nome completoJosé Luis Cuerda
Nacemento18 de febreiro de 1947
LugarAlbacete
Falecemento4 de febreiro de 2020
LugarMadrid
Causaarterial embolism
NacionalidadeEspaña
ProfesiónDirector, guionista e produtor de cine
editar datos en Wikidata ]

José Luis Cuerda, nado en Albacete o 18 de febreiro de 1947 e finado en Madrid o 4 de febreiro de 2020, foi un director, guionista e produtor de cine español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar Dereito, pero deixouno despois de tres anos, converténdose en técnico de radiodifusión e televisión. En 1969 entrou a traballar en Televisión Española, realizando en cinco anos máis de 500 reportaxes e documentais para os servizos informativos. Entre 1985 e 1987 traballou como profesor na facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca.

Despois de diversas curtametraxes, en 1982 dirixiu a súa primeira longametraxe, Pares y nones, que o situou no ámbito dos directores que cultivan a chamada "comedia madrileña" (Fernando Colomo é outro dos seus máis importantes representantes).

A súa seguinte película, El bosque animado, (1987) inaugurou na súa carreira unha nova etapa carac­terizada por un humor surrealista. Un ano despois apareceu o traballo que o consagrou como realizador, no que obtivo un grande éxito por parte do público: Amanece, que no es poco (1988). Con Así en el cielo como en la tierra (1995) completouse unha especie de triloxía co humor absurdo como elemento común.

Con A lingua das bolboretas (1999) presentou unha visión tenra e ó mesmo tempo descarnada da guerra civil española desde a relación dun neno co seu mestre.

Tamén destacou no rol de produtor cinematográfico, facendo este traballo en varios dos seus filmes e en tres longametraxes do director español Alejandro Amenábar (Tesis, Abre los ojos e The Others); ademais de ser o guionista da maioría das súas producións detrás das cámaras.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Candidato ao premio Goya ao mellor director: A lingua das bolboretas (1999)
  • Premio Ondas: A lingua das bolboretas (1999)
  • Premio Feroz de Honor á traxectoria profesional (2019)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]