Camiño Inglés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O camiño inglés é a vía do camiño de Santiago usada polos peregrinos procedentes das Illas Británicas e doutros portos do norte de Europa, que chegaban ós portos da Coruña e Ferrol para emprende-lo camiño rumbo sur cara Santiago de Compostela.

O camiño inglés ao seu paso pola Ponte Baxoi, no concello de Miño.

Trazado da ruta[editar | editar a fonte]

Ruta dende Ferrol[editar | editar a fonte]

Albergue de peregrinos de Betanzos na Casa da Pescadería.

A ruta dende Ferrol pode dividirse en cinco etapas:[1]

  • 1ª etapa: Ferrol - Neda
  • 2ª etapa: Neda - Miño
  • 3ª etapa: Miño - Bruma
  • 4ª etapa: Bruma - Sigüeiro
  • 5ª etapa: Sigüeiro - Compostela
Poboación Provincia A Santiago
(km)
Ferrol A Coruña 110
Narón 102
Neda 96
Fene 93
Cabanas 85
Pontedeume 82
Miño 71
San Pantaleón das Viñas, Paderne 66
Betanzos 59
Abegondo 48
Bruma, Mesía 37
Ordes 26
Sigüeiro (Oroso) 14
Santiago de Compostela 0

Ruta dende A Coruña[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santiago na Coruña
Igrexa de Santiago de Sigrás

A ruta dende A Coruña pode dividirse en tres etapas:

A pesar de que a ruta entre A Coruña e Compostela é menor de 100 km o cabido compostelán concedeu en decembro de 2016 a posibilidade de recibir a Compostela aos peregrinos que realicen este percorrido.[3][4]

O camiño parte da igrexa de Santiago na Cidade Vella e atravesa logo A Pescadería pola rúa Real e Os Cantóns. Atravesa logo cara a Catro Camiños e abandona a cidade por Eirís de Arriba, Pedralonga e a estrada N-550.[5] A continuación atravesa o concello de Culleredo polo paseo marítimo do Burgo, pasando polos muíños de Acea de Ama ata a igrexa de Santiago, preto da ponte do Burgo. Bordea logo o castro de Alvedro e cruza o río Valiñas pola ponte da Xira.[6] Segue logo ata o antigo cruceiro de Sigrás e diríxese ao peto de ánimas de santo Antón e á igrexa de Santiago, onde existía un hospital de peregrinos, hoxe casa reitoral. Continúa bordeando os pazos de Loriga, Drozo e Anceis para entrar no concello de Carral,[7] onde se atopa o albergue de Sergude. Despois de cruzar Sarandós únese ao camiño que procede de Ferrol nas Travesas.[8]

Poboación Provincia A Santiago
(km)
A Coruña A Coruña 101
O Burgo, Culleredo 92
Cambre 88
Carral 79
Bruma, Mesía 37
Ordes 26
Sigüeiro (Oroso) 14
Santiago de Compostela 0

Patrimonio da ruta[editar | editar a fonte]

Patrimonio natural e paisaxístico[editar | editar a fonte]

O inicio do camiño na ría de Ferrol ofrece ó viaxeiro un avance do que vai ser este traxecto ata a cidade do Apóstolo no referente a paisaxes e contornas naturais, algúns deles perfectamente integrados nas poboacións percorridas. Entre tódolos monumentos que poden contemplarse figuran:

Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]

A antigüidade dos primeiros asentamentos humanos nestas rexións, e a sucesión de civilizacións que as poboaron deixaron tras de si un ronsel de vestixios arqueolóxicos que poden ser disfrutados polos peregríns que opten por este trazado. Algúns exemplos son:

Patrimonio artístico e monumental[editar | editar a fonte]

O emprazamento estratéxico destas cidades nas costas setentrionais da Península Ibérica e a riqueza das súas bisbarras fixéronas obxectivos de primeira liña para os ataques de piratas e exércitos do norte de Europa. Quizabes por iso a concentración de construcións defensivas e infraestruturas imprescindibles para o transporte e as comunicacións sexa significativamente maior á que atopamos noutras rutas. Por citar algúns exemplos que ilustren a variedade e cantidade das mesmas:

É tamén común a existencia de cruceiros e recintos relixiosos por todo o percorrido:

Outros bens de grande interese artístico, histórico ou visual son:

Patrimonio cultural e popular[editar | editar a fonte]

Algúns dos centros culturais cos que o camiñante pode coñecer máis en profundidade a historia e a cultura desta rexión son:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camiño Inglés

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • El Camino de Santiago. Antón Pombo. Ed. Anaya Touring. 2004.
  • El Camino Inglés. Ed. Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. 1999.
  • Itinerario de la Ruta Jacobea Camino Inglés. Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago. Ed. Diputación de A Coruña. 1999.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]