Fundación Wenceslao Fernández Flórez
A Fundación Wenceslao Fernández Flórez é unha institución de interese público e sen ánimo de lucro, cuxo principal obxectivo fundacional é constituírse en centro de estudo e investigación en torno ao quefacer literario, xornalístico e cinematográfico deste ilustre coruñés. Para iso, a Fundación establece como sede Vila Florentina a Casa-Museo Wenceslao Fernández Flórez, sita no lugar de Apeadeiro nº 14, Cecebre, Cambre (A Coruña), co fin de preservar o patrimonio inmobiliario, textual e bibliográfico, promocionar o estudo da súa obra e divulgar a pertinente reflexión crítica sobre a súa relevancia e transcendencia histórica. O ámbito territorial da Fundación é, en primeira instancia, o da Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que o seu quefacer científico-cultural poderá desenvolverse en calquera outra parte de España ou en calquera país estranxeiro que o Padroado considere convenientes para cumprir coa súa misión fundacional, segundo establecen os seus Estatutos. A este respecto, a Fundación estará en permanente contacto e relación coa comunidade universitaria e con outras fundacións ou centros de investigación, públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cuxos intereses coincidan cos da Fundación.[1]
Co fin de dinamizar a súa actividade cultural e investigadora, a Fundación encomenda o goberno, representación e administración da mesma ao seu Padroado, do que forman parte os seguintes estudosos e investigadores:[2]
- Presidente, José Luis Castro de Paz
- Secretario Tesoureiro, Héctor Paz Otero
- Presidentes de Honor
- Wenceslao Fernández Flórez ✝
- Antonio Luis Fernández Flórez ✝
- Ruth Fernández-Flórez
- Alejandro Fernández-Flórez
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Inicio.
- ↑ Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Padroado.