O bosque animado (filme)
O bosque animado | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El bosque animado, sentirás su magia |
Director | Ángel de la Cruz Manolo Gómez |
Guión | Manolo Gómez |
Baseado en | El bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez |
Intérpretes | Nacho Aldeguer Mar Bordallo Claudio Rodríguez Juan Miguel Cuesta Héctor Cantolla Javier Franquelo María Romero Rafael Azcárraga |
Música | Arturo Krees |
Estudio | Dygra Films S.L. |
Estrea | 2001 |
Duración | 83 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación, fantástica |
Filme seguinte | O espírito do bosque |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O bosque animado (en castelán: El bosque animado, sentirás su magia) é unha película de animación estreada en 2001. Baseada na novela O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez, foi a primeira película de animación 3D realizada en Europa. A novela xa fora adaptada ao cinema por José Luis Cuerda en 1987.
Características[editar | editar a fonte]
Producida por Dygra Films e dirixida por Ángel de la Cruz e Manolo Gómez, realizouse en 3D tras un traballo de 4 anos no que participaron máis de 400 profesionais. Contou cun orzamento de 550 millóns de pesetas.
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
A película gañou os premios ao mellor filme de animación e á mellor canción nos Premios Goya 2002. Ademais, conseguiu os seguintes galardóns: mellor longametraxe de animación no Chicago International Children´s Film Festival en 2002, Premio da Crític no Fantasporto en 2002, mellor Película no Carrousel International du Film de Rimousky en 2002 (Québec), mellor película segundo o xurado infantil do festival de ZLIN en 2002 (República Checa), sete premios Chano Piñeiro do audiovisual galego (mellor película, mellor dirección, mellor guión, mellor Banda Sonora Orixinal, mellor iluminación, mellor dirección artística e mellor dirección de produción), Premio Galicia de Comunicación da Xunta de Galicia en 2001, Premio AGAPI 2000 á mellor multimedia pola web do filme e Premio Rosa do Deserto no I Festival Internacional de Cine do Sáhara, Tinduf, Alxeria, 2003.
A cantante Luz Casal interpretou dúas das cancións da Banda Sonora da cinta.
Os actores de dobraxe en castelán que participaron na película foron: Mar Bordallo, Claudio Rodríguez, Juan Miguel Cuesta, Nacho Aldeguer, Héctor Cantolla, Javier Franquello, María Romero, María Teresa Neila, Lucía Esteban, Roberto Cuenca, Rafael Azcárraga, Pilar Martín, José Padilla, Miguel Zúñiga, Pablo Sevilla, Ricardo Escobar e Anabel Alborg entre outros.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- O soño dunha noite de San Xoán
- O espírito do bosque
- El bosque animado, filme de 1987 de José Luis Cuerda.