Cambre, Cambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cambre
ConcelloCambre[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′34″N 8°20′43″O / 43.2927, -8.3452Coordenadas: 43°17′34″N 8°20′43″O / 43.2927, -8.3452
Poboación6.946 hab. (2016)
Entidades de poboación24[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Cambre[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 6.956 habitantes (3.414 homes e 3.532 mulleres). A parroquia ten 24 lugares.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Na parroquia está a capital do concello. Limita ao norte co Temple, co Burgo e con San Pedro de Nós (Oleiros), ao leste con Pravio, Cela e Brexo, ao sur con Meixigo e ao oeste con Almeiras, Sigrás e Anceis.

Historia[editar | editar a fonte]

Por Cambre cruzou a vía romana de Farum (A Coruña) a Brigantium (Betanzos).

A principios do século XX Cambre era unha estación estival polas numerosas casas e quintas de campo que había nela e polo grande continxente que habitaba na parroquia no verán.

Cultura[editar | editar a fonte]

Toponimia[editar | editar a fonte]

Cambre podería ser un topónimo prerromano que se orixinou antes do século III para referise a poboación ligada a unha altura, unha fortificación ou un límite entre territorios.[2][3][4]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cambre[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cambre no concello de Cambre (A Coruña)

O Adro | A Agra de Samosteiro | Arrigada | A Barcala | A Barreira | Cambre | A Caroada | Drozo | A Estorrentada | A Fontenla | Freande | Graduíl | Meixigo | Os Muíños de Naia | A Pega | Pena Oubiña | A Pena | A Rañoa | A Retorta | Rocón | O Sisto | Socampo | O Toural | O Valado

Parroquias de Cambre[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cambre

Anceis (San Xoán) | Andeiro (San Martiño) | Brexo (San Paio) | Bribes (San Cibrán) | Cambre (Santa María) | Cecebre (San Salvador) | Cela (San Xulián) | Meixigo (San Lourenzo) | Pravio (San Xoán) | Sigrás (Santiago) | O Temple (Santa María) | Vigo (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2. 
  3. Búa Carballo, J. C.; Lois Silva, S. (1994-1995). "Los topónimos gallegos en -bre de orígen prerromano". Beiträge zur namenforschung. Neue Folge (Heidelberg) (Band 29/30): 13–41. 
  4. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]