O bosque animado (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «El bosque animado (novela)»)

O bosque animado
Título orixinalEl bosque animado
Autor/aWenceslao Fernández Flórez
OrixeEspaña
Linguacastelán
Tema(s)Fantástico
Xénero(s)Novela
Data de pub.España 1943
Galicia 1987
TraduciónXela Arias
editar datos en Wikidata ]

O bosque animado é unha novela de Wenceslao Fernández Flórez, publicada en 1943 en lingua castelá co título orixinal de El bosque animado. Foi traducida ao galego por Xela Arias e publicada en 1987 por Edicións Xerais.

Narra a vida dunha parroquia rural próxima á Coruña. Nela hai unha fraga atravesada por camiños húmidos e escuros por onde fuxían as criaturas que o habitaban, ao máis mínimo rumor da presenza humana. O bosque é animado non só pola animación da vida que o envolve, senón tamén polas ánimas dos seres que nela viven, as árbores que non deixan ver o bosque, os animais que se desenvolven entre eles, ou os vivos e mortos que viven nel ou ao seu redor. É a historia dun mundo que xa non é, e o autor describe un mundo poético das raíces de Galicia.

Trama[editar | editar a fonte]

O bosque animado e unha fraga na que as árbores, a silveiras, os insectos, as aves, os pequenos mamíferos, viven todos xuntos. Vidas suaves e plácidas, só interrompidas polo paso do home, ao que acompaña a traxedia, empuxado pola explotación do bosque e pola súa cobiza. Tamén é a historia destes homes e mulleres, de Marica da Fame (aspirante a meiga), da Moucha (meiga en exercicio), do bandido Fendetestas, da alma en pena de Fiz de Cotobelo, dos señores D'abondo, os caciques do lugar. Pero principalmente é a historia do bosque, das súas árbores e das súas criaturas, que esvaran silenciosamente polas súas corredoiras, intentando sempre pasar desapercibidas para a especie humana e que lle deixen vivir as súas pequenas vidas, a triste sorte dun poste de teléfono, a toupa que perde a súa compañeira.

Narración[editar | editar a fonte]

O libro está dividido en 16 estancias (capítulos). Está ambientado na parroquia de Cecebre (Cambre). Alí encóntrase a casa museo do autor.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Juanita Arruallo: Tía de Hermelinda. É unha muller entrada en anos e avara. Ten moi mal xenio. Mostra o seu lado humano no velorio de Pilara, a súa criada.
  • Xan de Malvís: Labrego que farto das escasas ganancias que dá o campo e o labor da terra, decide botarse ao monte e converterse no ladrón da fraga, baixo o sobrenome de "Fendetestas".
  • Roque Freire: Un dos labregos máis ricos da fraga de Cecebre. É asaltado no bosque por Fendetestas e sostén con el un diálogo cheo de humor e ironía.
  • Pilara: Filla de Marica da Fame e criada de Juanita Arruallo. Sempre medorenta das reprimendas da súa ama, non lle importa tomar as decisións máis arriscadas para que ninguén se quede co diñeiro sacado da venda do leite. Ata que unha das súas imprudencias cústalle a vida.
  • Marica da Fame: Nai de Pilara. Posiblemente a vella máis pobre e famenta da fraga, a súa vida é un retrato da supervivencia ante a falta de recursos.
  • Geraldo: Poceiro coxo namorado de Hermelinda. O seu amor por ela é un dos eixes do libro. Incidentalmente a súa historia está chea de viaxes mariñeiras: de mozo enrolouse nun baleeiro, onde perdeu unha perna. Vive a súa melancólica existencia nun alto da fraga ata que falece cavando un pozo para un veciño.
  • Hermelinda: Sobriña de Juanita Arruallo. Tras ser a criada da súa tía durante moitos anos, farta desta servidume, decide irse á cidade a mellorar posición. Sabe que Geraldo, o poceiro está namorado dela, pero non lle corresponde e prefire saír, bailar e divertirse co resto de mozos da fraga.
  • Fiz de Cotobelo: Nome do defunto que vai vagando pola fraga. Ademais de ser o pesadelo e o moscón de Fendetestas, é a alma en pena da historia. Acaba por unirse á Santa Compaña.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Fixéronse dúas películas, baseadas na novela: El bosque animado dirixida por José Luis Cuerda en 1987 pero afastada do seu contido, galardoada con 5 Premios Goya, e máis O bosque animado do 2001, a primeira película de animación 3-D realizada en Europa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]