Saltar ao contido

Carral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carralés»)
Modelo:Xeografía políticaCarral
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°13′47″N 8°21′22″O / 43.2296, -8.356
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalCarral Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.700 (2023) Editar o valor en Wikidata (139,58 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie48 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude130 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Luis Fernández Mouriño Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Carral Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15175 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15021 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcarral.es Editar o valor en Wikidata

Carral é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca homónima. Segundo o IGE a súa poboación en 2020 era de 6.473 habitantes (5.945 no 2010, 5.275 no 2000, 5.212 no 1998). O xentilicio é carralés.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Parroquias de Carral.

O concello atópase a 17 km da Coruña, limitando con Cambre polo norte, con Ordes e Mesía polo sur, con Abegondo polo leste, con Cerceda ao oeste e con Culleredo ao noroeste. Ocupa 48 km².

Está definido polos vales dos ríos Barcés e Brexa, afluentes do río Mero pola beira esquerda. O río Brexa atravesa o concello en dirección noroeste-nordeste, formando o val entre Tabeaio e o núcleo urbano de Carral. O río Barcés transcorre diagonalmente polo municipio, servindo nalgúns traxectos como límite con Abegondo. Forma o val de Barcia, de gran riqueza agrícola. Os cumios principais do concello son o monte Xalo (459 m), San Bartolomeu (nas Travesas, de 458 m) e o monte Castro de Ameás (210 m).

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 2020 6.473 habitantes
Menores de 16 anos 899 (13.89 %)
Entre 16 e 64 anos 4.043 (62.46 %)
Maiores de 64 anos 1.531 (23.65 %)
Evolución da poboación de Carral   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.082 5.661 6.067 6.001 5.453 5.770 6.064 6.130 6.123 6.118 6.180 6.172 6.237 6.294 6.408 6.473
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

O Concello de Carral naceu como tal en 1836, sendo gobernador civil Pío Pita Pizarro.

Monumento aos Mártires de Carral.

Hai restos prehistóricos desde a época do paleolítico, como dolmens, medoñas e mámoas no monte Xalo e en Paleo, zonas onde tamén se atoparon machados, puntas de frecha, elementos de cociña ou muíños. Hai restos castrexos en Paleo, Paiolante, Gosende, Balbén, Ameás, Herves e a Eira dos Mouros.

Na Idade Media o terreo estaba baixo a xurisdición do Conde de Altamira. Carral era lugar de paso dos peregrinos que percorrían o camiño inglés, vía que contaba con tres variantes. Unha delas ía paralela á actual estrada N-550. As outras dúas transcorría polas beiras do río Barcés.

Fernando III concedeu ao pobo de Carral o título de "Moi Leal" como recoñecemento á afouteza con que o 29 de novembro de 1227 se defendeu o castelo de Baeza fronte ao asedio musulmán. O propio rei Fernando III concedeu o privilexio de colocar no escudo unha bordadura de goles con oito aspas de ouro, unha por cada parroquia, en conmemoración daquela fazaña. Despois os Reis Católicos, en 1497, concederon á vila de Carral a Carta de Puebla Real, quedando libre do señorío de Santiago e podendo colocar no seu escudo a coroa real.

Revolución de 1846

[editar | editar a fonte]

En abril de 1846, tralo levantamento contra o presidente do goberno español Narváez, Miguel Solís, Coronel do Estado Maior da Capitanía Xeneral de Galicia proclamou unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do goberno de Isabel II. O 23 de abril Solís foi capturado, sendo previsto que fosen xulgados na Coruña. Porén, el e os seus homes foron fusilados tras un falso xuízo en Carral o día 26.

A Liga Galega da Coruña toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria dos Mártires de Carral, colocándose a primeira pedra o 23 de abril de 1899, inaugurándose o monumento o 22 de maio de 1904 co lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña" e cunha placa cos nomes dos oficiais executados.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo procede do núcleo de poboación que serve de capital, situado no camiño entre Santiago de Compostela e A Coruña, polo que circulaba a Carrilana.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]

O pazo de Abrigosa, de estilo barroco, sitúase no lugar de Abrigoso, na parroquia de Vigo. Ten peche de pedra e dous accesos á leira. O edificio, de dúas alturas, ten planta en forma T cun balcón sobresaíndo no alzado orientado o leste. Está cuberto con tellado a dúas augas. Ten un escudo no alzado sur, e a leira ten dous alpendres.

O pazo de Vilasuso, de estilo barroco, sitúase no lugar de Vilasuso, na parroquia de Sumio, no val do Barcia. De planta angular, ten amplas proporcións, con dous corpos da fachada principal en escuadra. Nun lateral en ángulo recto, sitúase a capela. Na parte superior está a cociña destacando a cheminea. Entre as altas torres da fachada principal ten un escudo que reprenda ós Vilardefracos, Bermudez de Castro, Salgado, Santiso, Lobera e Mariño.

O pazo da Ribeira sitúase no lugar da Ribeira, na parroquia de Quembre, á beira do río Barcés e preto de Ponte Lago. Destacan os xardíns, con labirintos de buxos e tres fontes de pedra. A vivenda é un casarío de planta rectangular cuberta de tella a catro augas, realizada en cachotería con cantería en xambas, linteis e esquinas. Na fachada situada cara ao xardín ten un escudo coas armas Salazar e dos Alvarado. A capela esta adicada a San Xoán Bautista.

O pazo de Reboredo sitúase no lugar de Reboredo, na parroquia de Paleo, a carón da estrada N-550. O edificio ten planta paralelepípeda, en forma de escuadra, cunha torre de tres alturas ameada integrada nun dos lados. Presenta unha galería engadida construída a mediados do século XX. As esquinas, ocos e cornixas son de cantería. O escudo dos Figueroa é do século XVIII e procede do desaparecido pazo de Tabeaio.

O pazo de Esperante está no lugar de Esperante, na parroquia de Quembre, separado de Cerceda polo Monte Xalo. Ten planta paralelepípeda, con dúas alturas.

O pazo das Cadeas é unha construción do século XVII, situada na aldea de Herves, fronte ao val de Barcia. En abril de 1690 pasou nel unha noite a raíña Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II de España. Diante del pasa a ruta de sendeirismo dos muíños de batán.

Economía

[editar | editar a fonte]

No concello de Carral está o polígono Os Capelos de 439.616 m². O concello ten unha importante base no agro sendo o pan de Carral (con festa gastronómica no segundo domingo de maio) e a empanada (primeira fin de semana de setembro) os seus produtos máis coñecidos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Carral.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carral

Beira (Santa Mariña) | Cañás (Santa Baia) | Paleo (Santo Estevo) | Quembre (San Pedro) | Sergude (San Xián) | Sumio (Santiago) | Tabeaio (San Martiño) | Vigo (San Vicente)

Lugares de Carral

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carral vexa: Lugares de Carral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]