Ramón María Narváez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón María Narváez
Nacemento5 de agosto de 1800
Lugar de nacementoMontefrío
Falecemento23 de abril de 1868
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático, político e militar
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Ordem de Santo André e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]
Ramón María Narváez

Ramón María Narváez y Campos, nado en Loja (Granada) o 5 de agosto de 1800 e finado en Madrid o 23 de abril de 1868, foi un político e militar español. Coñecéuselle co nome de El Espadón de Loja.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira militar comezou no rexemento de Gardas Valoas en 1815, e en 1822 serviu baixo o mando de Francisco Espoz y Mina en Cataluña, onde sería apresado polas tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís. Permaneceu en Francia até 1824. Tras rexeitar calquera tipo de cargo durante o Reinado de Fernando VII de España, incorporouse en 1834 ao lado dos isabelinos durante as Guerras Carlistas. En xullo de 1835 participou na Batalla de Mendigorria, e en 1836 tomaría parte na batalla de Arlabán, onde gañaría o ascenso a brigadier.

Durante 1837 encárgaselle o mando das reservas andaluzas para expulsar aos carlistas de Castela, e durante esta campaña nace unha forte inimizade co xeneral Espartero. A súa grande habilidade militar e a súa ideoloxía liberal fixeron que tanto progresistas como moderados pretendesen que se incorporara aos seus partidos. A pesar disto tivo que exiliarse despois de presidir xunto co xeneral Córdoba unha xunta de oposición a Espartero. Permanecería en París durante os tres anos que durou a Rexencia.

En 1843 regresaría a Valencia, e o 23 de xullo dese mesmo ano, derrotaría as tropas esparteristas de Seoane en Torrejón de Ardoz, preto de Madrid; por esta vitoria sería ascendido a tenente xeneral. En novembro é vitima dun atentado en Madrid do que consegue sobrevivir.

Ao rematar a Rexencia de Espartero, a maioría de idade de Isabel II en 1844, foi nomeado presidente do goberno e converteuse nun dos impulsores da Constitución de 1845. Trala Revolución de 1846 o 2 de abril contra a súa maneira de gobernar (estivo na Presidencia do Consello de Ministros entre o 3 de maio de 1844 e o 12 de febreiro de 1846 e entre o 16 de marzo e o 5 de abril de 1846, recobrándoa entre o 4 de outubro de 1847 e o 19 de outubro de 1849), o 26 de novembro de 1847 Isabel II premia a súa lealdade concedéndolle o Ducado de Valencia con Grandeza de España. Volve gobernar entre o 20 de outubro de 1849 e o 14 de xaneiro de 1851, cando presentou a súa dimisión, pero tras o golpe de Leopoldo O'Donnell foi chamado de novo para formar goberno entre 12 de outubro de 1856 e o 15 de outubro de 1857. Ata 1868 presidiu dous gabinetes ministeriais máis (16 de setembro de 1864 a 21 de xuño de 1865 e 10 de xullo de 1866 a 23 de abril de 1868) alternándose especialmente con Leopoldo O'Donnell, dende os cales exerceu unha política represiva contra calquera manifestación revolucionaria. Tras a súa morte produciuse a Revolución de 1868, que derrocaría a Isabel II.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Luis González Bravo
Ramón María Narváez
Precede a:
Manuel Pando Fernández de Pineda
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Manuel Pando Fernández de Pineda
Ramón María Narváez
Precede a:
Francisco Javier de Istúriz
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Florencio García Goyena
Ramón María Narváez
Precede a:
Serafín María de Soto
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Leopoldo O'Donnell
Ramón María Narváez
Precede a:
Francisco Armero Peñaranda
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Alejandro Mon y Pidal
Ramón María Narváez
Precede a:
Leopoldo O'Donnell
Presidente do Goberno de España