Paleo, Carral
Paleo | |
---|---|
Igrexa de Santo Estevo de Paleo.
|
|
![]() |
|
Concello | Carral |
Poboación | 2.937 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 20 |
Santo Estevo de Paleo é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral. Segundo o IGE en 2012 tiña 2.937 habitantes (1.508 mulleres e 1.429 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.002 habitantes. Ten unha área de 8,17 km².
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
Aparece citada no Documento Tructinio, do ano 868, que fai referencia ás parroquias do territorio de Nemitos ou Nendos: «Noticia de ecclesiis que sunt in Nemitos de sede hyriense ex antiquo: id est., scm. Tirsum de Mauegondo; scm. Stephanum de Paleo; scm. Vincentium de Celia sea. Maria de Porcimilio; scm. Julianum de Mandagio; scm. Stephanum de Piauela; sea. Eulalia de Sepelunca sea. Eulalia de Avegondo; scm. Martinum de Bandogia sea. María de Revoreda».
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Paleo, Carral.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Paleo[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Paleo no concello de Carral (A Coruña) | |
---|---|
As Ameixeiras | Ans de Tellado | Belvís | Cabrois | Carral | O Casal | Os Chás | Coiro | Fócanos | O Marco das Eiras | O Outeiro | Outra Aldea | O Paraíso | O Pedreiro | Quenllo | Reboredo | O Xalo |