Sumio, Carral
Aparencia
Sumio | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Sumio. | |
Concello | Carral[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°11′36″N 8°22′47″O / 43.1932, -8.3798 |
Poboación | 380 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Sumio é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 380 habitantes (192 homes e 188 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 521 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santiago de Sumio, construída en 1776 polos señores de Vilasuso. Ten un escudo situado enriba da sepultura que se conserva na igrexa e un retablo barroco da sancristía.
- Pazo de Vilasuso no lugar de Vilasuso, de estilo barroco, de planta angular, con dous corpos da fachada principal en escuadra. Nun lateral sitúase a capela. Entre as torres da fachada principal ten un escudo que reprenda aos Vilardefracos, Bermudez de Castro, Salgado, Santiso, Lobeira e Mariño.
Festas
[editar | editar a fonte]Festa e Romaría de San Pedro Grande, o 28 e 29 de xullo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sumio
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sumio no concello de Carral (A Coruña) | |
---|---|
Batán | Belvís | A Cabra | O Campo da Aldea | Celas | Chamoso | Galgáns | O Gandarón | Guntín | Lale | O Lamagal | O Loureiro | Montemeán | Pousada | O Rubieiro | Souto Figueira | A Tarroeira | Vilasuso | Xocín | Xontes |