Saltar ao contido

María Pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Pan
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Cambre
marzo de 2024 – abril de 2025 (dimisión)
← Óscar García PatiñoDiana Piñeiro Fernández → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, xornalista Editar o valor en Wikidata

María Dolores Pan Lesta, nada na Coruña en 1975,[1] é unha política e xornalista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Socioloxía pola Universidade da Coruña en 1998 e continuou os estudos cun posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas na Universidade de Santiago de Compostela (1999). Traballou como xornalista nun medio local, na comarca da Coruña, El Entorno Metropolitano, ata 2017.

Pan, que vivía en Meixigo, comezou no movemento veciñal da aldea[2]. Logo foi nas listas de UxC, un partido progresista de ámbito local, ás eleccións municipais de 2019 en Cambre e saíu elixida concelleira, co que tomou parte do equipo de goberno. Nas eleccións municipais de 2023 foi de segunda logo do alcalde, Óscar García Patiño e encargouse da concellería de Facenda e de Réxime Interno no novo goberno de coalición.

En marzo de 2024, o alcalde García Patiño dimitiu para buscar unha saída a un conflito administrativo e de pagamentos que o enfrontaba ao funcionariado municipal. A asemblea de UxC escolleuna como substituta de García Patiño[2]. Finalmente, unha vez elixida a concelleira substituta de García Patiño[2], foi escollida alcaldesa cos votos do seu partido (7) máis unha exconcelleira do PP mentres o resto dos grupos, PSdeG-PSOE, que apoiara ao anterior alcalde, BNG e Alternativa dos Veciños abstivéronse.[1] O PP votou a súa candidata, conseguindo 4 votos.

En abril de 2025 dimitiu do cargo, sendo substituída no cargo por Diana Piñeiro Fernández, do Partido Popular.[3][4]

  1. 1,0 1,1 Silva, Toni (23 de marzo de 2024). "María Pan, nueva alcaldesa de Cambre". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Silva, Toni (2024-03-13). "María Pan es la opción de UxC como nueva alcaldesa de Cambre". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-03-13. 
  3. Sara Vázquez (1 de abril de 2025). "La alcaldesa de Cambre anuncia su dimisión tras un año en el cargo". La Opinión (en castelán). 
  4. Bravo, Isabel (2025-04-21). "Diana Piñeiro, nueva alcaldesa de Cambre: "No es un día de celebración sino de transición"". SER (en castelán). Consultado o 2025-04-24. 


Predecesor:
Óscar García Patiño
 
Alcaldesa de Cambre
 
2024 - 2025
Sucesor:
Diana Piñeiro Fernández