Baños de Molgas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBaños de Molgas
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°14′28″N 7°40′22″O / 42.241111111111, -7.6727777777778Coordenadas: 42°14′28″N 7°40′22″O / 42.241111111111, -7.6727777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalBaños de Molgas Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.535 (2023) Editar o valor em Wikidata (22,69 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie67,64 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude518 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataManuel Ángel Fernández Movilla Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Baños de Molgas Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32701 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32007 Editar o valor em Wikidata

Baños de Molgas é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.623 habitantes[1] (1675 en 2014, 1970 no 2006, 2014 no 2005, 2038 no 2004, 2088 no 2003). O xentilicio é molgao, molgués ou molguense[2]

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total (habitantes) 1.623 (2017)
Menores de 15 anos 77 (4.75 %)
Entre 15 e 64 anos 809 (49.85 %)
Maiores de 65 anos 737 (45.41 %)
Evolución da poboación de Baños de Molgas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4786 5659 5677 3647 2038 1807 1825 1774 1727 1675 1658 1648 1623 1547 1519 1493 1483
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

A vila de Baños de Molgas crese que foi a mansión romana Salientibus[3] do itinerario de Antonino. Daquela época realizáronse achados arqueolóxicos á beira da ponte romana e preto dela atópase o balneario cuxas augas foron moi apreciadas a principios do século XX.

A capela de Santa Eufemia de Ambía, templo medieval con ventás arcos de ferradura, está declarada monumento nacional.

No santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo celébrase unha romaría a principios de setembro.

Na estación de Baños de Molgas está o museo de Moncho Borrajo, con diverso material pertencente ao humorista.

Cruceiro e petróglifos de San Vitorio de Presqueira.

Baños de Molgas na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Adios Baños, adios Baños,/ adios Baños minerales;/ eu déixoche o meu diñeiro/ pero voume cos meus males [4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baños de Molgas

Almoite (Santa María) | Ambía (Santo Estevo) | Baños de Molgas (San Salvador) | Betán (San Martiño) | Cantoña (San Mamede) | Coucieiro (San Vicente) | Guamil (Santa María) | Lama Má (San Cibrao) | Poedo (Santa María) | Ponte Ambía (Santa María) | Presqueira (San Martiño) | Ribeira (San Pedro) | Vide (San Xoán)


Lugares de Baños de Molgas[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baños de Molgas vexa: Lugares de Baños de Molgas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baños de Molgas. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 31. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. Mansiones y mutilaciones de la Vía Nova Arquivado 25 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. Refírese a uns baños minerais que existían en Baños de Molgas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.